xoves, febreiro 13, 2020

'Xornada de prevención e actuación ante o acoso escolar e ciberacoso', no Ateneo Ferrolán, este Sábado 15 de febreiro dás 10 da mañá


"XORNADA DE PREVENCIÓN E ACTUACIÓN ANTE O ACOSO ESCOLAR E CIBERACOSO”


Sábado 15 de febreiro de 10 a 14 h.

Dende a Federación Comarcal de Ferrolterra de ANPAs de Centros Públicos (FEANPAs) queremos convidarvos a participar desta

"XORNADA DE PREVENCIÓN E ACTUACIÓN ANTE O ACOSO ESCOLAR E CIBERACOSO”

Data: SÁBADO 15 de FEBREIRO
Hora: 10.00 a 14.00 h.
Lugar: ATENEO FERROLÁN (sito na rúa Magdalena nº 202 - 204 de Ferrol)

Nela aprenderemos sobre esta lacra que é o ACOSO ESCOLAR, falaremos das súas características e do agravamento deste tipo de violencia, como consecuencia da entrada en escena de Internet e as redes sociais.

Afondaremos nas causas, na detección, nas consecuencias e na prevención a través das distintas ponencias.

É RESPONSABILIDADE CONXUNTA da comunidade educativa e de toda a sociedade evitar que o acoso siga existindo.

Lembrámosvos que a entrada é aberta a calquera persoa que queira achegarse, mais están adicadas especialmente a todas as nais e pais de alumnas/os que, de calquera maneira partcipan nas ANPAS, coa intención de que poidamos aprender e resolver cantas dúbidas podan xurdir.

Xuntamos a este correo o cartaz e programa da xornada para que teñades a información completa.

Agardamos contar coa vosa presencia neste acto.

Ateneo Ferrolán
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK:
Faite soci@ on line! Colabora con nos!
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2007/12/faite-soci.html

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
11 de fevereiro de 2020 12:34

____________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon