O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, súmase á esixencia dos numerosos Colectivos de Galicia que consideran dunha gravidade extrema que a Xunta decida continuar coas tramitacións destes proxectos que comprometen a nosa saúde, o noso medio e a nosa economía, en pleno Estado de alarma, limitando a resposta cidadá lexítima e facilitándolle os trámites a estas empresas privadas. Está claro que os proxectos contaminantes que a Xunta pretende reactivar non cumpren os requisitos de interese xeral indispensables que se esixen en pleno Estado de alarma.
Baixo estes elementos, non é admisible que se reactiven as tramitacións, pois non terían todas as garantías previstas na lexislación. Por iso reclamamos que, atendendo ao Estado de alarma, se paralice de inmediato o efecto da Orde ditada pola Xunta, até que non recobremos a total normalidade social.
Comunicado e asinantes:
Asociacións de toda Galicia lanzamos esta
ALERTA AMBIENTAL
A XUNTA INTENTA APROVEITAR O ESTADO DE ALARMA PARA SACAR ADIANTE 1000 PROXECTOS INDUSTRIAIS ESPECIALMENTE CONTROVERTIDOS NUN MOMENTO NO QUE A CIDADANÍA NON TEN GARANTIZADOS OS SEUS DEREITOS
O Consello da Xunta do xoves 30 de abril do 2020 [1] aprobou reactivar a tramitación administrativa en materia de avaliación ambiental de 975 proxectos que estaban paralizados polo Estado de alarma. Froito diso, e cando aínda existe unha seria crise sanitaria e a poboación segue confinada e sen poder desenvolver as súas actividades de forma normalizada, a Xunta de Galicia dita unha Orde, publicada no DOG [2] deste 4 de maio, para que comecen a correr os prazos de exposición pública destes proxectos industrias de grande impacto.
A XUNTA REACTIVA OS PROCEDEMENTOS DE PROXECTOS INDUSTRIAS DE GRANDE IMPACTO AMBIENTAL
Os proxectos que se inclúen na Orde son vertedoiros, plantas de xestión de residuos, proxectos de parques eólicos e subestacións eléctricas, liñas de alta tensión, factorías que emiten gases de efecto invernadoiro, etc.
Trátanse de proxectos especialmente sensibles e controvertidos que xeran un gran rexeitamento social polas súas características pouco respectuosas coa máxima de ‘Aire, auga e terra limpas’ para o noso territorio, ou o que é o mesmo, de grande impacto ambiental, pero tamén social e económico. Detrás destes proxectos están medianas e grandes empresas (moitas veces foráneas) que pretenden facer un gran negocio cos recursos da nosa terra e que actúan unicamente en beneficio propio sen ter en conta as persoas e as contornas afectadas.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ LIMITADA POLO ESTADO DE ALARMA
O Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo do 2020 [3] , polo que foi declarado o Estado de alarma, estableceu con carácter xeral a suspensión dos termos e dos prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. Só contempla, como forma excepcional, que se poidan acordar, mediante resolución motivada, a continuación daqueles trámites que sexan indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos. Da mesma maneira, o Estado de alarma impide que cidadanía galega poidamos reunirnos, organizar asembleas, actos informativos, debater en grupos grandes físicos, movernos con total liberdade dentro do territorio... O que se traduce en que afrontar un informe de impacto ambiental destes proxectos en colectivos veciñais e en condicións para contrastar toda a información, vírase imposible.
Con este Decreto, o Goberno do PP vai seguir dándolle curso e facilidades a todos eses proxectos de grande impacto e contaminantes. Proxectos que organizacións cidadás e veciñanza seguimos con atención para que se realicen con garantías, denunciando as ilegalidades e avogando polo ben común. Con esta Orde, Alberto Núñez Feijóo trata descaradamente de deixarnos aos galegos e galegas en situación de indefensión e dificulta, aínda máis, a participación da cidadanía nos procedementos administrativos, para beneficio e lucro destas empresas privadas.
O PP intenta beneficiar con esta Orde os intereses das promotoras de proxectos de grande envergadura, e intenta deixar fóra da condición de interesadas a todas as asociacións ambientalistas, veciñanza próxima máis directamente afectada, veciñanza non tan próxima que tamén estaría afectada, persoas que viven máis lonxe pero queren persoarse no procedemento administrativo porque teñen algún interese lexítimo que defender, etc.
ESIXIMOS A PARALIZACIÓN DA ORDE DITADA POLA XUNTA
Por todo o exposto parécenos dunha gravidade extrema que a Xunta decida continuar coas tramitacións destes proxectos que comprometen a nosa saúde, o noso medio e a nosa economía en pleno Estado de alarma, limitando a resposta cidadá lexítima e facilitándolle os trámites a estas empresas privadas. Está claro que os proxectos contaminantes que a Xunta pretende reactivar non cumpren os requisitos de interese xeral indispensables que se esixen en pleno Estado de alarma.
Baixo estes elementos, non é admisible que se reactiven as tramitacións, pois non terían todas as garantías previstas na lexislación. Por iso reclamamos que, atendendo ao Estado de alarma, se paralice de inmediato o efecto da Orde ditada pola Xunta, até que non recobremos a total normalidade social. Colectivos promotores que asinan este escrito:
→ A Rente do Chan – Pladever
→ Asociación A Picouta - Trazo
→ Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza – ADEGA
→ APEOM Outes
→ Asociación contra o vertedoiro de Lesta
→ Asociación Cultural Brisas do Quenllo
→ Asociación Galega Cova Crea
→ Asociación Petón do Lobo
→ Casalonga limpa de residuos
→ Asociación Víctimas de la Justicia
→ Colectivo Arroutada
→ Comisión de Asociación contra as minas da Terra Cha
→ Comisión de seguemento da minaría e defensa do rural Frades Mesía
→ ContraMINAcción
→ Ecoloxistas en Acción Galiza
→ Federación Ecoloxista Galega FEG
→ Greenpeace
→ Grupo de Estudos dos Animais Salvaxes GEAS
→ Fundação Montescola
→ Plataforma de afectad@s polo vertedoiro de Santiago de Compostela-Miramontes
→ Plataforma pola recuperación do Sar
→ Plataforma Quijote Outes
→ Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino NON
→ Plataforma Vida e Ría ou Minaría
→ Salvemos a comarca de Ordes
→ Salvemos as fragas de Catasós
→ Sindicato Labrego Galego
→ Salvemos o Iribio
→ Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins
→ Xente do rural Ponteceso
→ Verdegaia
*Aqueles colectivos que queiran unirse a esta denuncia, poden facelo enviando un mail a
alertaambientalgalega@gmail.com
Notas.-
1.- Aquí a referencia do Consello da Xunta. Na páxina 11, 12 e 13 pódese ver o referente a este tema: https://www.xunta.gal/c/document_library/get_file?folderId=1417255&name=DLFE-36813.pdf.
2.- Aquí pódese consultar a Orde publicada no DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200504/AnuncioG0532-270420-0003_gl.pdf
3.- Aquí o Real Decreto: https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2020-3692.
O Comunicado en formato pdf: Acceder/baixar.
---
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
Enviado por:
Comité Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
6 de maio de 2020 13:04
_______ _______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon