Por André Abeledo Fernández [*]
23.05.2020
O fascismo busca enfrontamentos nas rúas, pero esta vez, nin convencerán, nin vencerán.
Non hai garda mora, nin Hitler, nin Musolini para axudar ao facherio a impoñerse pola forza aos pobos do Estado español por medio dun golpe de Estado.
A oligarquía menospreza a nosa intelixencia, consideran-nos rebaño estúpido incapaz de pensar por nós mesmos. Eles dende a súa posición de poder e privilexio nos ven como burros.
Pero equivocan-se, non estamos en 1936, non poderán traer dende África a garda mora para degolar, asasinar e violar as españolas, non vira o exército de Musolini a matarnos, nin a aviación alemá a bombardearnos.
Equivocan-se o Opus e o Bispado, que continúan con a mentalidade don século XIX, ao crer que poderán chamar a violencia dende os seus púlpitos, que poderán volver a saír os seus matóns a impoñer o seu clasismo e a súa reaccionaria forma de pensar.
Se cadra a clase traballadora falta-lle a conciencia de selo, é verdade que non estamos organizados e polo tanto non somos conscientes da nosa propia forza.
Pero esta vez o fascismo non vencerá.
¡NON PASARÁN!
[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. | Facebook e Twitter.
Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
22 de maio de 2020 13:31
_______
Foto: Santiago Abascal xunto con Ortega Smith na manifestación de Vox. Olmo Calvo en ElDiario.es.
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon