sábado, novembro 14, 2020

Un corazón para Vacaloura: O santuario animal Vacaloura (refuxio para animais desbotados de granxas e así, e fogar duns 250 animais) precisa mudarse a un novo terreo urxentemente


Ter un terreo en propiedade garante o futuro do santuario

AXÚDANOS A CONSEGUIR O TERREO DEFINITIVO

En Vacaloura vivimos nun terreo de alugueiro, que non ten opción a compra. As instalacións son moi antigas e necesitan moitos arranxos. Necesitamos conseguir o diñeiro para comprar un terreo novo para garantir a seguridade e o futuro de Vacaloura.

Precisamos mudarnos para non malgastar cartos en obras

As instalacións actuais son antigas e necesitan moitos arranxos, imos poñendo parches a medida que podemos, pero non podemos permitirnos facer grandes obras e investimentos para despois deixalo todo atrás.

https://santuariovacaloura.org/

#TerreoDefinitivoVacaloura

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
6 de novembro de 2020 16:07

_______

1 comentarios so far

¿Cómo podemos ayudar?..es importante la buena obra para los animales, creo que nos aportan muchísimo a este tema del sistema ambiental.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon