Unha breve análise da eficiencia do ciclo completo da economía do hidróxeno verde
Por Pedro Prieto [*]
10.01.2021
Denomínase hidróxeno verde ao que se xera mediante a electrólise da auga con electricidade que provén nun 100% das chamadas enerxías renovábeis.
Asumamos a seguinte secuencia:
- Unha planta solar FV de 1 MWp no solleiro sur de Europa pode xerar uns 1.400 MWh ao ano.
- Construír esa planta FV esixe enerxía (en xeral fósil). Asumindo que a planta vai xerar 10 veces máis enerxía que a que custa poñela en marcha, teriamos unha Taxa de Retorno Enerxético (ou TRE) de 10 a 1.
É dicir, podemos supoñer que dispoñeremos dun crédito enerxético de 35.000 MWh ao longo dos próximos 25 anos, pero hai que empezar cun débito enerxético (en xeral nos dous primeiros anos de vida da planta), duns 3.500 MWh.
Partimos de:
✔ Débito enerxético inicial: -3.500 MWh.
✔ Crédito enerxético (25 anos): 35.000 MWh.
Observemos agora o proceso desde a xeración do hidróxeno ate o seu uso final, estudando como vai variando este balance:
-
Prodúcese hidróxeno por electrólise cunhas perdas por termo medio de enerxía do 20-25%. As perdas de enerxía por desalación (si é auga salgada) ou por depuración son aínda maiores.
✔ Débito enerxético inicial: -3.500 MWh.
✔ Crédito enerxético restante: entre 26.250 e 28.000 MWh.
- Despois necesítase ou ben comprimir o gas (750 atmosferas) ou ben licualo (-253 ºC), cunhas perdas por termo medio de enerxía do 30-40%.
✔ Débito enerxético inicial: -3.500 MWh.
✔ Crédito enerxético restante: entre 17.750 e 19.600 MWh. - Despois, hai que transportar e almacenar masivamente o hidróxeno (p.ex. as reservas estratéxicas e loxísticas), tamén de forma moi comprimida -750 At.- ou licuada (-253 ºC) con perdas por termo medio moi variábeis, pero que oscilarán entre o 15 e o 100%, debido á rápida fuga do gas e á súa tendencia a formar hidruros cos recipientes que o conteñen (embrittlement), deixándoos moi pronto quebradizos e inestábeis.
✔ Débito enerxético inicial: -3.500 MWh.
✔ Crédito enerxético restante: entre 0 e 16.660 MWh. - Uso final: Para usos térmicos do hidróxeno nos que a electricidade non é de aplicación: Perdas entre o 40 e 60%.
✔ Débito enerxético inicial: -3.500 MWh.
✔ Crédito enerxético restante: entre 0 e 6.664 MWh.
- Para usos eléctricos do hidróxeno (p.ej. para células de combustible para coches): Perdas entre o 30 e 50%.
✔ Débito enerxético inicial: -3.500 MWh.
✔ Crédito enerxético restante: entre 0 e 11.662 MWh.
Nótese que neste balance enerxético de ciclo completo, non se incluíron os enormes custos enerxéticos de fabricar, instalar e manter todas as infraestruturas existentes.
No entanto, sérvenos perfectamente para explicar a cantidade de enerxía que se perde ao intentar a economía do hidróxeno verde, ate o punto de que si non hai unha case perfecta xestión da loxística, do transporte e do almacenamento (algo practicamente imposible), isto tradúcese en que o hidróxeno virtualmente desaparece.
Con todo, recentemente liamos: "O Goberno destinará máis de 1.500 millóns ao impulso do hidróxeno renovábel ate 2023 a través do Fondo Europeo de Recuperación". O que non puidemos saber é quen exactamente neste goberno impulsou a medida de destinar tal cantidade de diñeiro en apenas dous ou tres anos, nin por que o fixeron nin en que criterios e asesores científicos se basearon ou, na súa falta, a que vontades e presións alleas á lóxica e á ciencia se someteron.
Fonte: Crise Enerxética. | 2020-12-07
[*] Pedro Prieto. Creador e coeditor de CrisisEnergetica.org desde 2003. Membro do panel de ASPO International desde 2006 e vicepresidente de AEREN (Asociación para o Estudo dos Recursos Energéticos). Algúns dos seus ensaios máis coñecidos son: Kioto ou Upsala (Club de Amigos da UNESCO, 2005), Un conto de terrorismo enerxético (Club de Amigos da UNESCO, 2003), O libro da selva. AEREN, 2004. É coautor xunto ao profesor Charles A. S. Hall de Spain's Photovoltaic Revolution: The Energy Return on Investment (Springer, 2013), o primeiro estudo en profundidade da taxa de retorno energético en sistemas fotovoltaicos de gran escala nun país desenvolvido.
Foto: Gaseiro descargando GNL, na perigosa Reganosa, encostada a Forestal del Atlántico, todo localizado no corazón da Ría de Ferrol, no Complexo Pertroquímico, en Punta Promontorio, a poucos metros dos núcleos de poboación (A 80 de Meá, a 600 das antigas vivendas sindicais no parque dos Carneiros, a 800 da vila de Mugardos, a 1200 de Navantia, a 1500 do Arsenal Militar, a 2000 da sede de 'La Voz de Galicia' no Cantón de Ferrol).
Relacionado:
O Goberno bendice o proxecto de hidróxeno verde de Reganosa. | Transición Ecolóxica destaca o proxecto de hidróxeno de Reganosa, xa avalado pola Xunta e que podería optar a fondos europeos. | Ir á Web.
---
Desde Ártabra 21 seguimos apoiando a loita do Comité Cidadán de Emerxencia.
O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA
NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E
ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon