- O movemento en defensa do sistema público de pensións denuncia a política do goberno no seu intento de impoñer plans de pensións privadas de empresa, que absorban unha parte das cotizacións que hoxe ingresa a seguridade social.
- Un plan de privatización encuberta empresa a empresa.
- Un proceso que destruiría a solidariedade do actual sistema de pensións entre territorios, sectores económicos, dimensión das empresas, xénero e xeracións.
Este 25 de xaneiro de 2021, realizaron-se mobilizacións que tiveron un amplo seguimento en todo o Estado. Aínda que por efecto da epidemia, nalgúns territorios as concentracións sustituiron-se por outro tipo de actos como entregas de sinaturas ou accións nas redes sociais, en todo caso, a resposta foi masiva, extensa, con amplos apoios sociais e repercusión na opinión pública.
As organizacións que convocamos denunciamos que desde o poder estase tratando de desviar a atención sobre o intento de impoñer plans de pensións privadas de empresa, que absorban unha parte das cotizacións que hoxe ingresa a seguridade social. É escandaloso que o ministro Escrivá na súa intervención televisiva no momento que se realizaban as concentracións, evite explicar en ningún momento ese plan de privatización encuberta empresa a empresa. Tampouco o xornalista dunha empresa privada de televisión que lle facía a entrevista, non realizou unha soa pregunta sobre o tema. Ese proceso que destruiría a solidariedade do actual sistema de pensións entre territorios, sectores económicos, dimensión das empresas, xénero e xeracións.
Tamén denunciamos o feito práctico de que no Pacto non se toma ningunha medida concreta máis aló da retórica, para resolver o problema das pensións mínimas que afecta a millóns de persoas que perciben pensións por baixo do nivel de pobreza, nin ás mulleres que sofren unha brecha de xénero de máis do 30% por mor dunha normativa que as penaliza.
Non nos resulta estraño este comportamento de José M. Escrivá como exdirector e xerente da área de finanzas Públicas do BBVA (2004-2012) e Presidente da AIREF (2014-2020) nomeado por M. Rajoy. Xa sabiamos que é un ministro que provén de servir ao sector financeiro. Tampouco nos sorprende o seu comportamento respecto do noso movemento e argumentario, dalgúns medios de comunicación que son en parte propiedade de bancos que van ser os grandes beneficiarios desa privatización.
Do mesmo xeito que fixemos hoxe, as organizacións convocantes, de todos os pobos do Estado Español, firmemente unidas na súa resposta ao Pacto de Toledo, imos continuar poñendo no centro do debate deste país a denuncia do ataque ás pensións públicas actuais e futuras e a defensa das nosas demandas.
Goberne quen goberne as pensións deféndense.
25 de xaneiro de 2021
Organizacións asinantes:
- COESPE - Coordinadora Estatal en Defensa do Sistema Público de Pensións.
- Coordinadora de Euskadi pola Defensa do Sistema Público de Pensións.
- MADPP - Movemento Andaluz en Defensa das Pensións Públicas.
- MODEPEN - Movemento Galego en Defensa dás Pensións e dos Servizos Públicos.
- Coordinadora de Bizkaia pola Defensa do Sistema Público de Pensións.
- Coordinadora de Cantabria.
- Coordinadora de Pensionistes Alcoià-Comtat.
- Coordinadora de León pola Defensa do Sistema Público de Pensións.
- Coordinadora de Pensionistas de Burgos.
- Plataforma de Badajoz pola Defensa do Sistema Público de Pensións.
- Plataforma de Pensionistas de Móstoles en Defensa do Sistema Público de Pensións.
- Plataforma Segoviana en Defensa das Pensións Públicas.
- Yay@flautas de Cartagena.
---
A Plataforma Na Defensa Das Pensions Publicas Ferrolterra que forma parte de MODEPEN (Movemento Galego na Defensa das Pensión Públicas). | @DefensaPensionsFerrolterra
Para contactar coa Plataforma:
Correo-e:
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com
Conta no Facebook:
https://www.facebook.com/DefensaPensionsFerrolterra/
_______
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Defensa do Sistema Público de Pensións
Pensións Dignas
O movemento en defensa do sistema público de pensións denuncia a política do goberno no seu intento de impoñer plans de pensións privadas de empresa, que absorban unha parte das cotizacións que hoxe ingresa a seguridade social - Un plan de privatización encuberta empresa a empresa - Un proceso que destruiría a solidariedade do actual sistema de pensións entre territorios, sectores económicos, dimensión das empresas, xénero e xeracións
mércores, xaneiro 27, 2021
O movemento en defensa do sistema público de pensións denuncia a política do goberno no seu intento de impoñer plans de pensións privadas de empresa, que absorban unha parte das cotizacións que hoxe ingresa a seguridade social - Un plan de privatización encuberta empresa a empresa - Un proceso que destruiría a solidariedade do actual sistema de pensións entre territorios, sectores económicos, dimensión das empresas, xénero e xeracións
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan mércores, xaneiro 27, 2021
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon