Podemos Ferrol sumase á folga xeral comarcal convocada para o 25 de Febreiro polas centrais sindicais.
Podemos Ferrol apoia a folga comarcal convocada polas centrais sindicais o próximo 25 de febreiro para clamar contra a terrible crise industrial que están a sofrer as comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.
Sumámonos ás declaracións de hoxe mesmo do noso Secretario Xeral e deputado no Congreso Antón Gómez-Reino, onde expresa que "a desertización industrial de Ferrolterra é consecuencia da inacción e complicidade de Feijóo coas grandes empresas".
Así mesmo, o portavoz municipal de Podemos Ferrol Xosé Iglesias, incide en que esta situación ven de lonxe, seguimos afundíndonos nunha situación de crise industrial que arrastramos dende hai décadas, cunha perda de tecido industrial na comarca que está a chegar a un límite inasumible. E a principal causa é a falla de interese político pola nosa comarca que levamos sofrendo décadas, principalmente dende o goberno da Xunta.
Crise que coma ven sinalan tanto Gómez-Reino como Xosé Iglesias, ten varias frontes na comarca sen carga de traballo no naval e co peche da factoría de palas eólicas nas Somozas. Antes foron outros centros de emprego como Poligal e Noa Madeira, que viu agravada esta semana tras o anuncio de peche definitivo da Central Térmica das Pontes.
A comarca de Ferrolterra está a sofrer unha perda constante de postos de traballo froito dunha nula política industrial da Xunta de Galicia de Núñez Feijóo "afeita a botar balóns fora e a ver a palla no ollo alleo, máis non a viga no propio", sinalou o deputado Antón Gómez-Reino.
Dende Podemos Ferrol animamos a toda a cidadanía de Ferrolterra a sumarse a esta folga comarcal polo futuro da industria, o comercio e o emprego de toda a comarca. Dende Ferrol non podemos esperar máis a que, pola falla de interese político, a nosa cidade e a nosa comarca queden unha vez máis na cola do emprego en Galicia.
Ferrol a 21 de xaneiro de 2021.
Audio das declaracións de Antón Gómez-Reino.
https://www.encomun.gal/gomez-reino-crise-industrial-ferrolterra/
Ana Guzmán
Área de Comunicación e Prensa
Podemos Ferrol
ferrol@circulospodemos.info
Enviado por:
Podemos Ferrol
-ferrol@circulospodemos.info-
21 de janeiro de 2021 16:50
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon