xoves, febreiro 04, 2021

Adega - Ferrolterra convida a participar no certame de vídeo, baixo o titulo 'A cidade que eu quero', ... como é a túa cidade saudábel, medioambiental, física e psicoloxicamente


Certame de video-creación:
"A cidade que eu quero"


O responsábel da delegación comarcal, Miguel Anjo González, informa que Adega - Ferrolterra convida a participar no certame de vídeo que convoca Adega-Lugo, baixo o titulo "A cidade que eu quero". Anima a participar, para deste xeito a través do vídeo, as persoas interesadas podan dar a súa opinión de como é a súa cidade saudábel, medioambiental, física e psicoloxicamente.

Poden-se enviar os traballos ate o día 25 de febreiro, todas aquelas persoas e colectivos poden enviarnos un vídeo no que expoñan as súas inquedanzas e sensibilidades, dando a coñecer a cidade na que desexan vivir dun xeito crítico e creativo.

O traballo terá unha duración máxima de 3 min, e será de inédito e de autoría propia. No caso de contar con música, a persoa ou colectivo participante deberá acreditar a autoría ou a propiedade dos dereitos dela.

Na cabeceira farase referencia ao certame "A cidade que eu quero" promovido por ADEGA.

Os traballos enviaranse a través da folla de inscrición cuberta cos datos da persoa ou colectivo participante e con unha ligazón privada para a súa visualización en liña.

A data límite para enviar os traballos é o 25 de febreiro.

Premios

As gañadoras do certame coñeceranse o día 18 de marzo.

Valorarase o espírito crítico en termos de sustentabilidade (ecofeminista), a comunicación e corrección no idioma (galego) e a linguaxe audiovisual.

O xurado estará formado por membros da delegación de ADEGA Lugo, Iago de Sant creador de MicroSoños e Ángeles Castro Dapena, arquitecta e urbanista.

Os premios recolleranse en Lugo.

PREMIO Margaritifera margaritifera para menores de 18 anos.

💚 Sesión co mago Antón en Lugo e unha cesta de produtos ecolóxicos do Mercado da Terra.

PREMIO Lutra lutra para maiores de 18 anos.

💚 Cota de socia de ADEGA por un ano e unha cesta de produtos ecolóxicos do Mercado da Terra.

2 PREMIOS Accésit Lucanus cervus

💚 Lote de libros e camisolas de ADEGA
Ligazóns.

Formulario de inscrición e envío do traballo

Fonte: ADEGA.

Ferrolterra-Trasancos
adegatrasancos@adega.gal
Apartado 481
15480 Ferrol
http://adega.gal/

Enviado por:
adegatrasancos@adega.gal
-adegatrasancos@adega.gal-
2 de fevereiro de 2021 19:04

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon