O BNG comeza unha campaña demandando a transferencia e gratuidade da AP9
Ferrolterra non pode aturar máis a aldraxe e estafa da AP9
Unha representación do BNG nos diversos concellos da comarca -encabezada polo deputado no Parlamento Galego, Ramón Fernández "Mon"- explicaron hoxe nas proximidades da AP9 as razóns e o contido da campaña que nos vindeiros días vai desenvolver o BNG ao respecto do impacto da AP9 nas comunicacións e na economía comarcal; así como para demandar o cumprimento por parte do goberno do Estado dos compromisos que foran asumidos hai agora un ano, canda o apoio do BNG á investidura de Pedro Sánchez.
Sobre esta situación, Mon Fernández fixo alusión á situación de "aldraxe estafa que supón a AP9 para o conxunto da cidadanía e, moi especialmente, para o desenvolvemento das actividades económicas” facendo fincapé en que “nunha situación de emerxencia coma a que vive a nosa comarca, o que está a facer a AP9 é empobrecer aínda máis as nosas economías”.
Ao respecto das iniciativas a desenvolver nos vindeiros días, o deputado do BNG fixo referencia “ás mocións que o BNG está a presentar nos diversos concellos da comarca para demandar o fin desta aldraxe, demandando a transferencia e o cumprimento que o goberno central está a incumprir, non co BNG, senón coa cidadanía galega”
Ao mesmo tempo, o vindeiro sábado 27 de febreiro vaise realizar unha acción informativa/reivindicativa en todas as entradas-saídas da AP9 na nosa comarca.
Sábado día 27 de febreiro ás 11.30 horas.
Serán en:
✅ Ferrol (na entrada da autopista do porto, ao pé da pasarela peatonal).
✅ Narón (entrada na AP-9).
✅ Neda (na curva do Regueiro).
✅ Fene (na rotonda de Vilar do Colo) e en Cabanas (ao carón da rotonda da entrada á AP-9).
O domingo Caravana pola rebaixa das peaxes da AP-9
Este domingo 28 organizamos unha caravana de coches pola rebaixa das peaxes da AP-9. Participa! 🙋♀️
⏳ Hora: ás 11h.
📌 Punto de reunión: aparcadoiro da Facultade de Informática (A Coruña).
📌 Punto de chegada: Delegación do goberno español.
Abonda xa! O goberno español non cumpre con Galiza.
Ferrol | Web | Facebook | Twitter.
Ferrolterra | Web.
Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
25 de fevereiro de 2021 20:50
______ _______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon