domingo, marzo 07, 2021

Declaración Internacional da Marcha Mundial das Mulleres para o 8 de marzo de 2021 - Aí vén Capire, unha nova ferramenta de comunicación feminista


Declaración Internacional
da Marcha Mundial das Mulleres
para o 8 de marzo de 2021

Exactamente un ano despois que o mundo enteiro enfrontase o inicio da primeira pandemia do século XXI, nós as mulleres atopámonos nun novo 8 de marzo, que gaña significado especial en 2021. Desde fai 111 anos, esa data é un marco de referencia para as mulleres en movemento, as mulleres que ousan facer crecer as súas voces, resistindo e garantindo a sostibilidade da vida.

Somos mulleres de todos os pobos, de culturas e realidades diferentes, que denunciamos as violencias e opresións, que as crises dese modelo capitalista, heteropatriarcal, racista e destrutivo da natureza provoca nas nosas vidas. A pandemia de covid-19 puxo á luz as desigualdades e trampas dese sistema que, coa penetración do neoliberalismo, empobrece máis e máis a vida das mulleres, dos pobos e do planeta. Esa urxencia da defensa da vida sacou a relucir o que reivindicamos fai moito tempo: ¡a ruptura con este sistema é urxente!

E somos nós, mulleres de clase traballadora de todos os pobos, quen seguimos apuntando horizontes posíbeis, mentres nos poñemos na liña de fronte ás resistencias aos ataques do capital contra a vida. A nosa loita é internacionalista. Ao mesmo tempo, nosa auto-organización concreta a solidariedade feminista e popular nas accións cotiás nos nosos territorios. ¡Unidas, marchamos e reescribimos as nosas historias!

As desigualdades no acceso á saúde deixaron clara a necesidade de resistir ao brutal avance do mercado e ás súas transnacionais. Endebedan-nos, toman as nosas terras, destrúen e venden a natureza, atacan a nosa soberanía alimentaria e bo vivir. O beneficio das empresas está nunha inmensa batalla contra todo aquilo que sostén a vida  -como vimos recentemente nas mortes das traballadoras nun taller clandestino da industria española en Marrocos.

Aínda que con novas dinámicas impostas pola pandemia, o noso feminismo estase mobilizando contra as investidas do imperialismo, contra a militarización e o intento de minar a soberanía dos pobos e criminalizar a loitadoras e loitadores sociais. Denunciamos ás prisións políticas! Condenamos ás políticas de gobernos que violan aos dereitos dos pobos, e tamén aos bombardeos imperialistas que son permanentes en territorios como Syria. En todo o mundo, loitamos contra a militarización e a ocupación dos territorios, e expresamos solidariedade ás nosas compañeiras venezolanas, palestinas e saharauís, que resisten diariamente a bloqueos, sancións e violencias. Marchamos en defensa da nosa autonomía e en solidariedade ás compañeiras perseguidas, asasinadas e privadas da súa liberdade.

Os nosos corpos, voces e ideas teñen forza nas rúas, nas redes e no campo, e para combater as violencias da dereita e os seus fundamentalismos -que, cada vez máis radicais, expresan odio, racismo, misoxinia, intolerancia e as demais formas de opresión e discriminación. A violencia patriarcal é un engrenaxe dese sistema que combatemos todos os días. Loitar pola autonomía das mulleres sobre os seus corpos e sexualidades é fundamental na nosa loita por outra sociedade.

O 8 de marzo é parte dos nosos procesos colectivos de resistencia que confrontan á lóxica neoliberal de destrución do Estado, privatización, competitividade e individualismo. O noso feminismo constrúe economía feminista, solidariedade, reciprocidade, soberanía e poder popular.

Por todo o mundo, loitamos neste 8 de marzo e todos os días por un mundo sen explotación e xerarquías.

¡Resistimos para vivir, marchamos para transformar!

https://marchemondiale.org/



Aí vén Capire, unha nova ferramenta de comunicación feminista


A comunicación é un dos puntos crave para a Marcha Mundial das Mulleres. Xunto aos nosos aliados, participamos de iniciativas conxuntas para crear unha comunicación feminista e popular, que se vexan as alternativas das mulleres e os pobos por todo o mundo e dispute a hexemonía na sociedade. Nese sentido, o 6 de xaneiro, deste ano 2021, lanzamos este proxecto: Capire.

Capire é un portal máis, onde converxen os diferentes procesos do feminismo anticapitalista e antirracista. Entrevistas, materiais audiovisuais, textos, reflexións, relatos de experiencias, expresións culturais de mulleres en diferentes partes do mundo, todo iso estará nun só lugar.

Os materiais que se publican en Capire organizan-se en seis eixes temáticos: movemento, economía feminista, xustiza ambiental, soberanía alimentaria, desmilitarización e autonomía. Os eixes orientan toda a construción do portal, desde o seu contido ate a súa identidade visual.

O obxectivo dese proxecto é que se vexa na internet a acción das mulleres que resisten e constrúen alternativas nos seus territorios, para que cheguen a máis persoas as nosas accións e reflexións. Xustamente por iso, todo o contido está en catro idiomas: inglés, español, francés e portugués.

Capire produce-se coa contribución das propias mulleres, por iso, hai compañeiras en todas as rexións atentas para organizar materiais e transmitir os seus procesos locais. Hai, tamén, un correo electrónico para recibir suxestións de temas e contribucións: info@capiremov.org

Empezamos o ano de 2021 con textos e vídeos producidos por mulleres de todo o mundo. Fíxache no enlace: www.capiremov.org. As redes sociais de Capire xa están funcionando desde agora, non deixes de acompañalas: Instagram, Facebook, e twitter. Ademais, inscríbeche nas nosas listas de correos electrónicos e de telegram.

Seguimos construíndo unha comunicación feminista e popular, buscando ensinar a todo o mundo as accións feministas das mulleres nas súas rexións. Participa desa iniciativa connosco: ¡compártea coas túas compañeiras e compañeiros!

https://capiremov.org/
_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon