O vindeiro martes 15 de xuño ás 12 do mediodía, a Plataforma de Ferrolterra en Defensa das Pensión Públicas, ten convocada unha mobilización na Praza de Armas, ás 12 do mediodía, contra os abusos da banca.
A Plataforma de Pensionistas segue na campaña contra os abusos bancarios, e de concienciación para a demanda dunha Banca Pública que teña como prioridade o servizo público financeiro para as persoas, non un mero negocio especulativo. Un servizo público que non abuse e que non excluía ás persoas con menos recursos económicos e que non maltrate ás persoas maiores. Contra o peche de oficinas bancarias e contra as restricións horarias na atención ao público. Que respecte a atención presencial nas sucursais.
Todos os cidadáns teñen dereito a unha vida digna!
Plataforma Ferrolterra na Defensa das Pensións Públicas, integrada en MODEPEN (Movemento Galego pola Defensa das Pensión Públicas).
Para contactar coa Plataforma:
Correo-e:
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com
Conta no facebook:
https://www.facebook.com/DefensaPensionsFerrolterra/
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon