A CIG mobilízase en Mercadona contra a política de medo e represión.
CIG-Mercadona: "Teñen que morrer os abusos de poder"
A sección sindical esixe o cese dos comportamentos irrespectuosos co persoal e condicións dignas.
A sección sindical da CIG en Mercadona ten convocado un novo calendario de mobilizacións para denunciar os abusos de poder, a política de medo e represión e para esixir un traballo digno no que se respecten os dereitos laborais. Con estas accións quérese pór a atención nos compartimentos que se están a detectar nalgunhas tendas da provincia por parte dos mandos "que atentan contra a dignidade das traballadoras e dos traballadores".
"Parece mentira que en pleno século XXI nos teñamos que mobilizar para esixir respecto e dignidade, pero así é. Vendemos a nosa forza se traballo, nin a nosa dignidade, nin a nosa saúde física e mental, nin as nosas vidas están en venta. Iso é algo que Mercadona non entende", subliña André Abeledo, delegado da CIG no comité provincial da Coruña.
Neste senso, explica que o persoal está sometido a presións continuadas e a uns ritmos de traballo estresantes para cumprir cos tempos que lles marcan, "imposíbeis de cumprir pola enorme carga de traballo". Isto fai que o persoal estea sometido a unha elevada tensión que ao final acaba derivando en problemas para a súa saúde.
A isto hai que engadir ademais os compartimentos irrespectuosos por parte de determinados mandos "que son humana e laboralmente intolerábeis, pero que Mercadona obvia, consinte e encubre". Un posición patronal que contrasta coa imaxe de empresa modélica que Mercadona vende nos medios de comunicación, malia que a realidade laboral é ben distinta.
Estas situacións afectan especialmente a tres tendas da provincia, nas que a sección sindical centrou nesta ocasión a resposta aos abusos laborais. A primeira das concentracións tivo lugar este venres 18 de xuño no establecemento que Mercadona ten en Betanzos, a segunda o mércores 23 de xuño na tenda da Avda. de Oza da Coruña e o luns 28, as mobilizacións trasladaranse até o supermercado situado no Outlet de Culleredo.
Ao berro de "abusos laborais, non podemos máis" ou "traballo digno e con dereitos", a sección sindical da CIG continuou este co calendario de mobilizacións para denunciar os abusos de poder e a política de medo e represión exercida por Mercadona, así como demandar emprego digno e respecto aos dereitos.
As mobilizacións, explica André Abeledo, delegado da CIG, son unha "resposta á actitude de non respecto á propia humanidade dos traballadores e das traballadoras. Non pode ser que o persoal de Mercadona veña traballar con medo e que se lle falte ao respecto cando está no seu posto. O que pedimos, aínda que pareza mentira en pleno século XXI, é dignidade".
Denuncia que fronte á imaxe que Mercadona quere vender publicamente de ser unha empresa modelo, a realidade laboral é ben distinta. As delegadas e delegados da CIG na provincia da Coruña, apunta, teñen detectado que estes abusos de poder son especialmente problemáticos na tenda de Bentanzos, na da Avda. de Oza da Coruña e na situada no Outlet de Culleredo, onde decidiron centrar desta volta as mobilizacións.
Neste senso, instan a Mercadona a tomar medidas de inmediato "porque non pode ser que a xente traballe con medo e baixo presión constante". Unhas presións e uns ritmos de traballo estresantes, engade Abeledo, que acaba afectando seriamente á saúde dos traballadores e das traballadores.
Abeledo anima as compañeiras e compañeiros de Mercadona a non quedar caladas e reaxir ante os abusos laborais xa que é a través da mobilización como se conseguen os avances. Neste senso, pon de exemplo que, tras da campaña de protestas da CIG na provincia da Coruña pola sobrecarga de traballo, a empresa fixo un reforzo de persoal de cara ao verán para cubrir as vacacións e estanse cubrindo tamén as baixas.
Sección Sindical da CIG en Mercadona
Enlace novas CIG-Mercadona. | Ir á Web.
CIG Comarcal
Rúa Eduardo Pondal, 41/43 entrechán
15403
Ferrol
981358750
981358760
ferrol@galizacig.gal
Enviado por:
CIG en Mercadona
-cigmercadona@gmail.com-
24 de junho de 2021 16:49
_______
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
CIG
loita en Mercadona
Movimento Obreiro
Acción en Mercadona contra a política de medo e represión do xigante do comercio de alimentación - Sección Sindical da CIG en Mercadona
xoves, xuño 24, 2021
Acción en Mercadona contra a política de medo e represión do xigante do comercio de alimentación - Sección Sindical da CIG en Mercadona
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan xoves, xuño 24, 2021
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon