Comunicado das delegacións de máis dunha trintena de territorios europeos, desprazadas a Vigo para participar no inicio da Xira pola Vida.
En apoio á chegada inminente da primeira delegación zapatista no marco da “Viaxe pola Vida” diversas cidades de toda Europa mobilízanse
O 5 de outubro do 2020, logo de máis dun cuarto de século de resistenza e rebeldía construíndo outro mundo, o Exército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN) anunciou oficialmente que unha delegación sairía de México para reunirse cos pobos e as loitas dos 5 continentes.
Máis de 100 persoas, na meirande parte mulleres e provenientes do EZLN, o Congreso Nacional Indígena (CNI) e o Frente de Pueblos en Defensa del Agua y la Tierra (FPDTA-MPT), veñen a atoparse cas loitas de “abaixo e á esquerda” de distintos territorios europeos.
Os encontros que van provocar ca súa chegada –e que comezaron a organizarse dende o anuncio da súa viaxe- teñen como obxectivo explícito coñecer e reforzar loitas “abaixo á esquerda”, tender novas pontes de resistenza en todo o mundo e tecer lazos entre quenes, coma elxs, loitan pola Vida. Trátase de conectar, escoitar e aprender uns/unhas de outrxs, traballando a partires das diferenzas.
Primeira etapa do camiño: Europa! O 2 de maio, o Escuadrón 421 formado por catro mulleres, dous homes e unha outroa (transxénero, no léxico zapatista) saíu de México a bordo de La Montaña, un vello veleiro con motor. Este grupo é o primeiro de moitas delegacións que viaxarán a Europa. Tras máis dun mes de travesía polo Océano Atlántico, o EZLN anunciou nun dos seus últimos comunicados que a fin de semana do 19 ao 20 de xuño o Escuadrón 421 chegaría ás costas de Vigo, Galiza. Nestas mesmas costas, hai máis de 500 anos, a Pinta –unha das carabelas de Cristóbal Colón- regresaba anunciando o “descubrimento” do que hoxe coñecemos como o continente americano. Agora as compañeiras zapatistas desembarcarán renomeando a Europa como “SlumilK'ajxemk'op” (Terra insumisa), para comezar unha invasión consensuada e dicirlles aos europeos “que non nos conquistaron”.
Dende que se deu este anuncio, decenas de persoas provenientes dunha trintena de territorios europeos converxen en Vigo para apoiar á Asemblea Galega da Xira pola Vida nos preparativos da súa chegada e agardando o desembarco desta delegación marítima.
O domingo 20 de xuño, xs presentes avistaron La Montaña na baía de Baiona, a poucos quilómetros de Vigo. Segundo o último comunicado do EZLN o desembarco terá lugar o martes 22 de xuño ás 17.00h., na praia de Carril (Alcabre, Vigo). Para apoiar o inminente desembarco, decenas de cidades de Europa levaron a cabo accións o sábado 19 e o domingo 20 de xuño para apoiar a iniciativa Viaxe pola Vida.
Pode atopar fotos destas accións eiquí:
https://cloud.viajezapatista.eu/s/GMbE99wkcKdnx8M
Contato na Galiza: xirapolavida@riseup.net
Contato europeo: info@viajezapatista.eu
Coordinación europea da Viaxe pola Vida: https://viajezapatista.eu/
Comunicados do EZLN: https://enlacezapatista.ezln.org.mx/
Galiza (SLUMIL K´AJXEMK´OP), 21 de Xuño 2021. | Comunicado das delegacións Internacionais .
Enviado por:
xirapolavida@acefala.org
-xirapolavida@acefala.org-
22 de junho de 2021 00:20
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon