Hoxe pola mañá tivo lugar unha concentración na estrada de Catabois, en protesta contra o peche da sucursal nº 242 de Abanca en Ferrol. Esta entidade non só está pechando oficinas por todo o territorio galego, senón que o presidente da entidade o magnate venezolano Juan Carlos Escotet, tivo o cinismo de negar que a entidade que lle agasallou o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo, a prezo de saldo, tivera pensado pechar sucursais na Galiza.
A privatización e venda en puxa das caixas galegas, foi un roubo ao pobo galego
Un total de 9.052 millóns de euros foron inxectados no que daquela era NovaGaliciaBanco a través do Fondo de Reestruturación e Ordenación Bancaria (FROB ). Nun precipitado proceso de privatización, sendo ministro de economía Luís de Guindos e de facenda Cristobal Montoro, no goberno de Mariano Rajoy, producía-se un "grande pelotazo", pois a través do Grupo Banesco, Juan Carlos Escotet, por 1.003 millóns de euros, a pagar en cómodos prazos, facíase coa propiedade da entidade financeira resultado da bancarización das caixas galegas. Foi a finais de 2013 mediante unha mísera poxa. Meses despois, mudaron o nome polo de Abanca que no primeiro exercicio tivo un beneficio neto de 1.157 millóns de euros, dos cales "601 correspondían á propia actividade desenvolvida e o resto aos chamados 'créditos fiscais' que lle servirán para minorar os pagos a Facenda nos próximos exercicios" [1].
O vindeiro martes 15 de xuño ás 12 do mediodía, a Plataforma de Ferrolterra en Defensa das Pensión Públicas, ten convocada unha mobilización na Praza de Armas, ás 12 do mediodía, contra os abusos da banca.
[1] Marcelino L. Fernández Mallo | Mundo Diario 18.03.2015
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon