En Ferrolterra, como en diferentes lugares de Galiza e do Planeta, este domingo 20 de xuño de 2021, realizou-se un Acto de Solidariedade, no Día Mundial das Persoas Refuxiadas. O acto tivo lugar na Praza do Inferniño de Ferrol, comezando ás 12 do mediodía, baixo a chuvia que non cesou, na case unha hora que durou o seu desenvolvemento.
A convocatoria e organización, correu a cargo dalgunhas das entidades que na nosa comarca, desenvolven unha actividade de apoio ás persoas refuxiadas e inmigrantes, como son Protección Internacional, Foro Galego de Inmigración, Padroado Concepción Arenal e a Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas. Entidades como a asociación Fuco Buxán e a Marcha Mundial das Mulleres, amosaron o seu apoio. Así como contou coa presencia de persoas que desenvolven a súa actividade en Cáritas e o Alcalde de Ares, Julio Iglesias Redondo que foron mencionados durante o acto.
O acto foi presentado e dirixido de xeito excelente por Avilio Chirivilla.
O comunicado oficial foi leido por Susana Alaniz do Foro Galego de Inmigración de Ferrolterra e Paz Lorenzo do Patronato Concepción Arenal. A música de fondo foi interpretada pola violinista Estrela Gómez Viñas.
Posteriormente falou da súa experiencia persoal Brahim Benkassim que entrou sendo menor, hai máis de tres anos por Tarifa, no sur da Península e acabou en Ferrol, onde fixo os seus estudos e traballa, nunha loita pola superación persoal, digna de mención. Dedicando parte do seu tempo ao apoio a refuxiados e inmigrantes.
No transcurso do acto, aínda que con dificultades pola intensa chuvia que caía, estivo aberto o Libro de Apoio ás Persoas Refuxiadas, onde quen quixer podía expresar as súas ideas, propostas, pensamentos sobre a realidade das persoas refuxiadas.
Continuou unha disertación, do compañeiro Juan Chitty, sobre os dereitos das persoas refuxiadas amparados polas resolucións da ONU e outros asuntos legais e de procedemento. A interesante intervención tivo-se que acortar por mor do mal tempo.
Isabel López leu-nos un fermoso poema e dirixiu unhas palabras que tamén tivo que acortar a súa intervención polas inclemencias do tempo que apesares da chuvia seguiu desenvolvendo-se, rematando nun círculo de silencio, polas persoas ausentes que non conseguiron os seus obxectivos de liberdade e protección, na súa longa travesía dese os seus países de orixe.
No día Mundial das Persoas Refuxiadas seguimos reivindicando:
✔ Rutas legais e seguras sen condicións.
✔ O cumprimento dos convenios internacionais e as directivas e regulamentos europeos en materia de asilo e refuxio.
✔ O respecto dos dereitos humanos nas fronteiras e garantía na protección das persoas, en especial ás menores e as máis vulnerábeis.
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon