O Círculo Podemos pídelle ao Goberno Local que impulse puntos violeta no municipio
Carmen Espiñeira, enlace de feminismos de Podemos Ferrol: “Acabar coas violencias machistas require do compromiso de toda a sociedade, por iso é importante involucrar á veciñanza como parte da solución”.
O Círculo Podemos Ferrol vén de presentar un requirimento para que o Goberno Local impulse a creación de ‘puntos violeta’ no municipio. Esta medida vén estipulada no ‘Plan de Mellora e Modernización contra a Violencia de Xénero’ do Ministerio de Igualdade.
“Acabar coas violencias machistas require do compromiso de toda a sociedade, por iso é importante involucrar á veciñanza como parte da solución”, indica a enlace de feminismos municipal de Podemos Ferrol Carmen Espiñeira “aplaudimos esta medida do Ministerio de Igualdade porque vai nese senso e pedímoslle ao Concello que se comprometa a levala a cabo”.
‘Punto Violeta’ consta de tres puntos principais. Por unha banda, busca implicar a toda a sociedade na loita contra as violencias machistas. Por outro quere achegar a información dos servizos integrais ás vítimas a través da súa contorna. Finalmente, ten como obxectivo facilitar información sobre como actuar ante un caso de violencia machista a establecementos, entidades, empresas, organismos públicos.
Indica Carmen Espiñerira que “moitas veces unha muller en situación de violencia non sabe onde acudir. Cos puntos violetas esténdese a protección de estas mulleres á súa vida cotiá, o que facilita que se poidan informarse e sentirse arroupadas de maneira máis inmediata”.
Ademais, a formación considera que este tipo de iniciativas facilitan a concienciación da veciñanza respecto a unha cuestión de extrema gravidade como son as violencias machistas ao sentirse tamén como parte da solución.
Ferrol, 28 de outubro, 2021
Área de Comunicación e Prensa Podemos Ferrol
Susana López Verde
ferrol@circulospodemos.info
Enlace de Feminismos Podemos Ferrol
Carmen Espiñeira Vila
ferrol@circulospodemos.info
Voceiro Municipal Podemos Ferrol
Xosé Iglesias
ferrol@circulospodemos.info
Enviado por:
Podemos Ferrol
-ferrol@circulospodemos.info-
28 de outubro de 2021 12:14
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon