sábado, novembro 06, 2021

Defendendo as pensións públicas en Santiago de Compostela, o sábado 13 de novembro, ás 12 do mediodía na Alameda - Manifestación



Defendendo as pensións públicas en Santiago de Compostela, o sábado 13 de novembro, ás 12 do mediodía na Alameda. A mobilización vai ser simultánea en todas as nacións e pobos do conxunto do territorio do Estado.

Autobús desde Ferrol

Hai que apuntar-se antes do martes 9 de novembro, nos teléfonos 629850305 (Pepe), 616868602 (Ramón) e 659855805 (Pablo). Prezo: 10 euros. Saída desde ó monumento 10 de Marzo (Casas Baratas), ás 10 da mañá do sábado 13 de novembro, con paradas en Caranza, Fene e Cabanas. O regrreso será unha vez rematada a manifestación.

13 de Novembro

En defensa das Pensións Públicas, contra os recortes e a privatización:

O PROXECTO DE LEI DE ESCRIVÁ NON DEBE SER APROBADO.


Os e as pensionistas, a xente traballadora e a cidadanía en xeral estamos convocados a manifestarnos o próximo día 13 de novembro, nas capitais dos distintos Pobos e Comunidades do Estado, para defender as nosas Pensións Públicas e reclamarlle ao Goberno que poña fin aos anunciados recortes, ás pensións de miseria e aos Plans de Pensións Privados de Empresa.

Expresamos o noso desacordo co Pacto de Toledo e co plan do Goberno de reforma das pensións que o desenvolve, liderado polo ministro Escrivá, que non ten en conta as reivindicacións urxentes polas que vimos loitando desde fai máis de tres anos e que non poden esperar nin un día máis. Reclamamos a dimisión de Escrivá, e a reforma que esperamos do Goberno é blindar as Pensións Públicas, dignas xustas e suficientes e facer efectivas nosas reivindicacións.

Esta nova reforma (a terceira en 10 anos) ao ditado da banca e do poder financeiro, vai traducirse, se non somos capaces de evitalo, en recortes das futuras xubilacións, e nun plan de privatización do Sistema Público de Pensións. Ademais, e entre outras cousas, tampouco garante a capacidade adquisitiva das pensións a partir do 2022, ao establecer un sistema de cálculo do IPC que non permite revisar os recortes ata pasados os 5 anos.

Instamos a todos e cada un das e os parlamentarios do Congreso dos Deputados a rexeitar a reforma contida no Proxecto de Lei presentado no Congreso e votar en contra del.

Unha vez máis, reclamamos que:

✅ as pensións mínimas deben elevarse ata equipararse ao Salario Mínimo Interprofesional e este situarse no 60% do salario medio, segundo recomenda a Carta Social Europea;

✅ se derroguen tanto as reformas de pensións do 2011 e do 2013 como as reformas laborais de 2010 e 2012 que recortan as pensións e reducen salarios e cotizacións sociais;

✅ sexa eliminado o “Factor de Sustentabilidade”, sen ser substituído por ningún outro coeficiente redutor como o “Mecanismo de Equidade Interxeracional”;

✅ a xubilación debe volver aos 65 anos para crear emprego, mitigar a pobreza e a brecha de xero;

✅ os coeficientes redutores da xubilación anticipada con 40 anos cotizados deben ser eliminados;

✅ hai que establecer medidas efectivas para acabar coa brecha de xénero en salarios e pensións;

✅ a capacidade adquisitiva das pensións debe garantirse a través de revisións anuais,

✅ que recollan como mínimo o incremento do custo da vida.

✅ en caso de ser necesario, e como establece a lexislación actual, o pago das pensións públicas debe garantirse a través dos Orzamentos Xerais do Estado, sen que se converta en débeda da Seguridade Social;

Fronte ás falsidades que desde hai anos difúndense interesadamente nos medios de comunicación, as pensións públicas son sostibles, e por iso esiximos que as contas estean claras.

Rexeitamos que os recursos da Seguridade Social se destinen a Plans Privados de Empresa, así como a ningún Macrofondo que fomente as Pensións Privadas, medidas que rompen o carácter solidario do Sistema Público de Pensións, cando o necesario é reforzar e mellorar o sistema público de reparto.

As nosas reivindicacións van acompañadas da nosa vontade de diálogo. Os asinantes demandamos unha vez máis interlocución directa co Goberno en todo aquilo que incumbe ás pensións.

Este é un problema que se está expondo en toda a Unión Europea, que mediante o PEPP (Plan Europeo de Pensións Privadas) propón avanzar cara a sistemas de privatización das pensións públicas. Por iso chamamos a compartir esta loita a todos os pensionistas europeos, desenvolvendo conxuntamente accións para facer fronte común ás intolerables pretensións de Bruxelas.

O día 13 de Novembro ninguén pode faltar á cita, facemos un chamamento a que todas as plataformas de pensionistas, e organizacións sociais, se sumen a esta convocatoria. Parar a reforma Escrivá non só é un problema dos pensionistas, senón de toda a sociedade. Ese sábado 13-N, nas cidades máis importantes dos Pobos e Comunidades do Estado temos unha cita para conseguir as nosas reivindicacións e botar atrás os plans do Goberno de privatizar e reducir aínda máis as pensións. A mobilización é a nosa garantía.

Goberne quen goberne as pensión públicas deféndense !

25 de outubro de 2021

ASJUBI40: Asociación Jubilación Anticipada sin penalizar

COESPE: Coordinadora Estatal de Pensionistas

EHPM: Movimiento de Pensionistas de Euskal Herria

MADPP: Movimiento Andaluz en Defensa de las Pensiones Públicas

MODEPEN: Movemento Galego en Defensa das Pensións e os Servizos Públicos.

PLATAFORMAS DE PENSIONISTAS de Alcoy, Badajoz, Móstoles, …

UNIDAD-COESPE

Todos os cidadáns teñen dereito a unha vida digna!

Plataforma Ferrolterra na Defensa das Pensións Públicas, integrada en MODEPEN (Movemento Galego pola Defensa das Pensión Públicas).

Para contactar coa Plataforma:

Correo-e:
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com

Conta no facebook:
https://www.facebook.com/DefensaPensionsFerrolterra/
_______
_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon