xoves, decembro 16, 2021

A comisón 'Dez de Marzo - 50 Aniversario' estivo co Alcalde d'As Pontes e Presidente da Deputación d'A Coruña e nunha charla-coloquio no IES Becerreá, que imparteu Rafael Pillado, explicando ao alumnado o que aquela data supuxo respecto da loita da Clase Obreira organizada fronte a Ditadura en defensa da liberdade e dos dereitos laborais e democráticos


Continúan os preparativos entorno á conmemoración do próximo 50 aniversario do Dez de Marzo do 72, promovida pola A.C. Memoria Histórica Democrática e da A.C. Fuco Buxán, onte mércores 15 de decembro. Desta vez cunha charla-coloquio no IES Becerreá e no concello d'As Pontes co seu Alcalde e Presidente da Deputación Provincial d'A Coruña.


O noso compañeiro Rafael Pillado, un dos protagonistas do Dez de Marzo do 72, cofundador das CCOO, veterano de tantas loitas solidarias, xubilado da Bazán e agora directivo da A.C. Fuco Buxán, estivo no IES Becerreá, explicando ao alumnado o que aquela data supuxo respecto da loita da Clase Obreira organizada fronte a Ditadura en defensa da liberdade e dos dereitos laborais e democráticos. Esta actividade de levar as novas xeracións aqueles valores democráticos e de solidariedade é unha das máis ilusionantes entorno a conmemoración do próximo 50 aniversario do Dez de Marzo “Día da Clase Obreira Galega”.


Os compañeiros Manuel Fernández Pita, Presidente da A.C. Memoria Histórica Democrática, Manuel Rodríguez Carballeira e Víctor García Novás, directivos da A.C. Fuco Buxán, foron recibidos polo Presidente da Deputación d'A Coruña e Alcalde do Concello d'As Pontes de García Rodríguez, Valentín González Formoso, facéndolle entrega do Manifesto Dez de Marzo, 50º Aniversario e comentándolle as liñas xerais dos actos que estas dúas Asociacións, co apoio doutras moitas e de institucións, entidades e particulares, van levar a cabo ao longo do vindeiro 2022 para conmemorar dignamente esta efeméride, constituída en “Día da Clase Obreira Galega”.

Temos que agradecer o interese por parte do Alcalde e Presidente sobre os temas expostos e a súa aberta disposición a colaborar, desde as Institucións que preside, para a adecuada realización destas actividades.

10 de Marzo de 1972
50 Aniversario
Memoria e Dignidade


Achegamos: Manifesto. Relación de Adhesións. Logotipo.

Contacto:
10m72.50aniversario@gmail.com

Facebook:
Dez de Marzo Cincuenta Aniversario.

Documentos:

✔ Selo Logotipo 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

✔ Manifesto do 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

✔ Apoios ao Manifesto do 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

Enviado por:
10M72 50Aniversario
-10m72.50aniversario@gmail.com-
15 de dezembro de 2021 18:36
16 de dezembro de 2021 09:56

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon