Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra, convoca unha rolda de prensa onde vai participar a avogada e avogado guipuscoanos, colaboradores da Coordinadora Galega dos colectivos antidesafiuzamentos, Maite Ortiz Pérez y José María Erauskin Vázquez, que teñen unha vista por execución hipotecaria ese mesmo día nos Xulgados de Ferrol, ao mesmo tempo convoca unha concentración para arroupar a rolda de prensa e denunciar as malas prácticas bancarias que impiden aos usuarios en estado de pobreza ou no limiar da exclusión social, beneficiarse dos dereitos que lles dá o Código de Boas Prácticas.
Rolda de Prensa e Concentración
Día: mércores 15 de decembro.
Hora: 11:30hs.
Lugar: diante dos Xulgados de Ferrol.
CONTRA OS ABUSOS BANCARIOS
"Unha cousa é mostrar a CARA AMÁBEL, e para iso, a maior parte das entidades bancarias aceptaron voluntariamente o formar parte do código. E outra cousa é,... a CARA DURA para eludilo", di José María Erauskin.
Mantivemos unha charla co Josema Erauskin e a continuación transcribimos un resumo da conversa co avogado guipuscoano
Atopamos-nos nunha situación na que as prácticas bancarias que impiden aos usuarios hipotecados en estado de pobreza ou no limiar da exclusión social, beneficiarse dos dereitos que lles dá a Lei. Porque ao final temos un Código de Boas Prácticas que dá dereitos ás persoas que están en situación de pobreza e resulta que é o Código de Boas Prácticas ao que se sumaron voluntariamente a maioría das entidades financeiras.
O que ocorre é que cando chega o momento da verdade, cando chega o momento de cumprilo, cando se produce o incumprimento do cliente porque non pode pagar, en lugar das entidades bancarias entregar a información sobre o Código, sobre os requisitos e sobre os beneficios que pode obter o usuario, o que fai a entidade bancaria é entregarlle o contrato a un terceiro que non se adheriu. Dese xeito a entidade que se adheriu, di que xa non ten o préstamo e a entidade que o colle é unha entidade que di que ela non se adheriu.
Di José María Erauskin que: "... isto é unha fraude de lei, porque ao final estáselle privando ao consumidor, ao cliente, ao cidadán dun dereito que lle deu a lei. É que o tes aí, pero que se lle esconde, evitan-lle con esta práctica de ceder o préstamo a un terceiro, un terceiro que non sempre é un fondo voitre dunha illa paradisíaca, non... Ás veces é un fondo de investimento do propio entramado do banco, é dicir, o banco, para non darche o Código de Boas Prácticas, para non darche esa carencia de 5 anos que che podería salvar a vida, o que fai é ceder este préstamo a un fondo de investimento que tamén é del, pero que ten personalidade xurídica independente e que como non se adheriu non ten por que cumprilo e dese xeito van directamente á execución hipotecaria, ...", continua manifestando o avogado guipuscoano "... a van quedarse coa túa casa cando ti terías que estar na túa casa tranquilamente co teu Código. Pero é que ás veces ate a substitución fana no propio procedemento de execución hipotecaria, onde levantamos a man e dicimos: Escoite, señoría, que esta familia non tiña que estar aquí, que tería que estar gozando do Código". Sigue explicando Josema "... e nese momento, durante o procedemento e ante a pasividade do xuíz, prodúcese a cesión do crédito a ese terceiro que pasa a ocupar o asento do banco. E a lei permítenos que cando a cesión se realiza nun préstamo xudicializado, teñamos dereito a saber en que importes se transmitiu. Porque podemos igualalo nun prazo de 9 días. Pero aí vai facer unha segunda fraude de lei. E é que entón che din que non che poden dar o prezo, porque como sempre estamos falando dun paquete de 5.000 prestamos a unha cantidade alzada por todos eles. Non se sabe o prezo de cada un. O problema é que a banca está cometendo continuas fraudes de lei para evitar aos cidadáns dereitos que lles asisten". Continua explicando o compañeiro: "E todo isto ante a pasividade dos xuíces que o están permitindo, porque os xuíces están vendo como nas execucións hipotecarias aparece un terceiro que non é o que asinou. Ou durante o procedemento substitúese por un terceiro que non asinou e cando lle pide saber o prezo que o poden dar. Home, xa está ben".
Está pasando nos xulgados
Dixo Josema Erauskin que estamos falando de cidadáns que teñen dereitos e que se lles priva diso por prácticas fraudulentas, é isto o que se está denunciando. Que hai poucos días estiveron coa Valedora do Pobo, para explicar a situación y pedirlle unha intervención, esta comprendía a situación, mais que non podía actuar como tal, porque a institución non ten capacidade de meterse con entidades privadas só coas que sexan administracións públicas. Só pode facer consultas ou recomendacións. Remataba o avogado guipuscoano dicindo que as entidades financeiras cometen fraudes continuas, evitan que os seus defendidos poidan invocar normas protectoras. E isto é o que se denuncia en vía xudicial e publicamente.
Documentación.-
Real Decreto-lei 6/2012, de 9 de marzo, de medidas urxentes de protección de debedores hipotecarios sen recursos.| Publicado en: BOE núm. 60, de 10/03/2012. | Entrada en vigor: 11/03/2012 | Última actualización publicada o 16/03/2019. | Acceder/Baixar.
Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra - Stop Desafiuzamentos
→ Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
→ Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
→ No facebook
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra
Todos os luns (Menos festivos), vemo-nos en Caranza, pola tarde entre as 5 e as 7 da tarde, no local da Asociación Fuco Buxán (Local Social Tino Deibe, Rúa Armada Española, 32 Baixo). Estamos xente de Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra. se queres participar achega-te! - No caso de Urxencia chama ao 645158113
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon