Fútbol profesional, fútbol apodrecido
Teñen-se cargado o fútbol convertendo un xogo, un deporte, nun simple, vulgar e sucio negocio.
O fútbol é o xogo da clase traballadora e tamén era o xogo de todos, dende o barrio máis humilde, ata as aldeas, pasando polos cerros e as fabelas, o fútbol é para moitos case unha relixión, un xeito de vivir e ata de sentir.
Pero despois de levar a Supercopa a Arabia Saudí e o Mundial a Qatar, o fútbol profesional dá un paso máis cara a vergoña, deixa de ser definitivamente un deporte, e tamén inténtase roubar o xogo ao pobo para poñelo ao servizo de sátrapas e multimillonarios sen escrúpulos.
Maradona é para min e para moitos o futbolista máis grande da historia, o mago do balón, a man de deus, Maradona dixo que "a pelota non se mancha", e tiña razón, a pelota seguirá sendo de todas e todos.
Maradona era o fillo dun barrio pobre con poucos estudos e a pesar de todo o fútbol lo converteu en lenda.
“Un velleiro co moita guita pero con conciencia de clase. Un Deus errante, sucio e pecador. O máis humano dos deuses”. Así o describe Eduardo Galeano.
Maradona ou Garrincha, deuses caídos, ídolos do pobo e fillos de barrios pobres, a pesar dos erros que puideran ter cometido na súa vida persoal eran fútbol e maxia en estado puro.
Maradona xa dixo aquelo: «Arrepinto-me do 99% das cousas que fixen na vida. Sin embargo, o outro 1% (que é o fútbol) compensa todo o demáis».
Pero o fútbol profesional estase afundindo na merda coas vergoñentas decisións dos seus impresentables dirixentes.
Xogar a Supercopa nunha ditadura brutal e xenocida como a de Arabia Saudí, ou o próximo Mundial en Qatar sobre os cadáveres dos traballadores mortos namentres construían os estadios de fútbol en condicións infrahumanas, é a demostración da degradación do fútbol profesional e da dexeneración dos seus dirixentes.
COVID-19, economía ou vida, aquí deciden que economía
O que me preocupa é que países que se teñen tomado tan en serio a Pandemia como China ou Alemaña, e que ademais a teñen combatido tan ben, sobre todo China, teñan unha una estratexia tan distinta a que temos no Estado español e en boa parte de Europa e do mundo, para loitar contra o COVID-19.
China e Alemaña teñen decidido non convivir co COVID-19 e levar unha estratexia dura para erradicar o coronavirus.
Namentres no Estado español e tamén en Inglaterra, Francia, Israel e moitos outros países, teñen decidido convivir coa Pandemia.
O que teñen decidido é priorizar a economía. E con esta decisión dan por bo o custe en vidas humanas e tamén o custe en canto a posibles efectos secundarios sobre a saúde do COVID-19, fiándoo todo a vacinación e a tan nomeada inmunidade de rabaño, esa que nunca chega.
Preocupa-me que dende China miren horrorizados o que estamos a facer e tamén dende Alemaña.
Preocupa-me a aposta pola economía dos que debían coidarnos.
Porque a economía é moi importante, pero moito máis importante debería ser a vida. Xa sé que non o é, pero debería de selo.
Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
10 de janeiro de 2022 20:13
15 de janeiro de 2022 18:57
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon