luns, xaneiro 10, 2022

Artigos de André Abeledo - Rusia no punto de mira de Occidente - A caza do ministro de consumo.


Rusia no punto de mira de Occidente

A propaganda anti-rusa non cesa, Rusia como a culpable de que suba a enerxía en Europa, venden-nos a Rusia como o inimigo, como o agresor.

Como en tantas outras ocasións Occidente utiliza a máxima de Goebbels, o ministro de propaganda da Alemaña NAZI, de que unha mentira repetida mil veces convértese en verdade.

Pero a verdade é ben distinta, é Rusia a que ten sido agredida, acosada e fustrigada.

Dende sancións que tentan de danar a súa economía, ata ameazas na súa fronteira con Ucraína, dende Donbás ata Crimea.

En Ucraína Occidente decidiu apoiar un golpe de Estado NAZI, contra un goberno democrático ao que consideraban pro-ruso, non lles importou poñer no poder a un goberno fascista para conseguir o obxectivo de acurralar a Rusia.

Na fronteira entre Ucraína e Rusia, e agora tamén entre Polonia e Bielorrusia, tropas da OTAN buscan provocar a Rusia e a seu aliado Bielorrusia para seguir desestabilizando a zoa.

Sin esquecer que cando o Goberno lexítimo de Siria pediu axuda a Rusia para loitar contra o Estado Islámico, tamén Occidente tentou de vender a imaxe dunha Rusia intervencionista en vez de apoiar e ata aplaudir o esforzo ruso na loita contra o Estado Islámico.

Rusia ten sufrido tamén sancións a outros niveis, como por exemplo no terreo deportivo, onde baixo a escusa de castigar ó dopaxe, tense excluído a bandeira e o himno ruso de eventos deportivos como os Xogos Olímpicos, nun intento de humillación ao que os deportistas rusos teñen sabido responder con vitorias e con xestos como o do equipo de hóckey sobre xeo ruso que saíu a competir co uniforme da URSS.

Rusia ten sufrido todo tipo de acusacións absurdas, como cando o Gobierno español acusou a Rusia de estar detrás da crise en Catalunya, e que ata tiña ofrecido tropas para apoiar la independencia en Catalunya.

A resposta de Rusia ante a avalancha de mentiras, as sancións e as graves provocacións militares nas súas fronteiras, ten sido estoica, calmada e firme.

Non poderíamos acusar a Rusia de esaxerar a súa reacción de ter tomado medidas moito máis duras, pois restan-lle motivos. Pero Rusia ten amosado sentido de Estado e sentido común, que  nestes tempos é o menos común dos sentidos.

Parece como si Occidente tras a desintegración da URSS necesitase un novo inimigo a quen satanizar ante a súa opinión pública, e Rusia sería a elección natural.

Pero a verdade é obstinada, e a historia tamén ten memoria, por moito que Hollywood reinvente a historia, a verdade é que non fai tanto tempo a URSS salvou a Europa do fascismo.

---

A caza do ministro de consumo

A caza do ministro de consumo, se ten dito a dereita, a verdade é o de menos, o único importante é embarrar o terreo e repetir mentiras ata convertelas en verdade para unha parte da sociedade.

Alberto Garzón non dixo o que a dereita e os seus medios din que dixo, pero é que ademais o que dixo é unha verdade irrefutable.

É verdade que a calidade da carné dos animais depende de como viven e do que comen. Algo que tamén se reflexa no prezo do produto final.

Tamén é verdade que para a saúde dos cidadáns é importante mellorar a alimentación e que unha sociedade produto é mellor.

Unha sociedade sa supón ademais unha menor carga para o noso sistema sanitario.

Dende sempre sabemos que é mellor previr que curar.

Dicir verdades non é un acto irresponsable, nin unha traizón, outra cousa é que non esteamos acostumados a que alguén as diga.


[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.


Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
6 de janeiro de 2022 16:41
7 de janeiro de 2022 10:09

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon