"Estamos muy agradecidas, muy emocionadas y... no hay ha fronteras"...dicían as nosas representantes.
Pero si as hai, na mente dese españolismo rancio que representa o xurado profesional e o seu voto anti todo o que non sexa "español y mucho español".
As galegas foron clasificadas de cara á final deste sábado con 93 puntos, en segunda posición, obtendo a mellor puntuación no televoto e a segunda no voto demoscópico.
Ata aquí un éxito incuestionable, máis a quinta posición outorgada polo xurado profesional, puntuación que desatou os apupos do público asistente, valía 50% fronte a 25% do voto que representan a maioría, o televoto sumado ao demoscópico, empeorou o seu resultado.
Non hai idiomas de primeira e de segunda categoría, todos os idiomas do mundo deberían ser declarados patrimonio da humanidade, porque son moito máis que un xeito de comunicarse, son o froito da evolución dos pobos, son séculos de construción dunha comunidade lingüística. O feito de que no Estado español convivan catro idiomas como son o castelán, o catalán, o euskera e o galego debería ser visto como un tesouro, como unha posibilidade de enriquecemento mutuo.
Por desgracia no Estado español non é así, segue a ter xente que pensa que falamos galego para molestar, que o facemos por ignorancia, ou que falar galego é un atraso, é xente que non entende nada, e vai dar igual que lle o expliques en galego, en castelán ou en chino mandarín, porque non queren entender, os move o odio e o medo ao diferente, os mantén na ignorancia a herdanza do nacional catolicismo e o franquismo da "España una, grande y libre" que nunca foi ningunha das tres cousas nesa escura etapa.
Por ese motivo debemos continuar a loita porque no Estado español se entenda que non existen idiomas de primeira e de segunda categoría, que o idioma da Galiza é o galego e iso non é unha agresión é unha realidade a longo de séculos de historia, que os idiomas non separan se non que abren fronteiras na terra e na mente.
Debemos esforzarnos en que entendan que cando usamos o galego na nosa vida diaria non o facemos por amolar, nin sequera como unha opción política, o facemos porque estamos na Galiza, porque o galego e o noso idioma, porque nos peta e danos a gana de falalo, e sobre todo porque é unha necesidade defender un patrimonio do noso pobo tan importante como o galego. A nosa obriga é recuperar e salvagardar o noso idioma para as futuras xeracións.
Animo e forza para as Tanxugueiras... debemos cantar, falar, escribir, vivir en galego para seguir sendo galegos.
[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.
Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
27 de janeiro de 2022 14:23
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon