domingo, xaneiro 16, 2022

Sobre a existencia do sexo: Reflexións sobre a nova perspectiva de xénero, de Kajsa Ekis Ekman - Prólopo de Paula Fraga


Sobre a existencia do sexo

Reflexións sobre a nova perspectiva de xénero


Autora : Kajsa Ekis Ekman

Nos últimos anos, unha nova teoría de xénero vaise impoñendo internacionalmente como marca de progresía en medios de comunicación, artigos académicos, acesas discusións nas redes sociais e ata en leis ou en proxectos de lei.

Sinopsis

Nos últimos anos, unha nova teoría de xénero vaise impoñendo internacionalmente como marca de progresía en medios de comunicación, artigos académicos, acesas discusións nas redes sociais e ate en leis ou en proxectos de lei. Esta teoría abandona a distinción entre sexo (biolóxico) e xénero (cultural) que serviu ao feminismo para loitar contra os prexuizos e a discriminación das mulleres. O obxectivo proclamado é loábel: conseguir a inclusión plena de persoas transexuais. Cada vez máis xente idealista apóiaa. Pero é realmente esa a finalidade que lle dá o seu impulso irresistible? De lectura imprescindíbel para o debate en torno ao noso presente e futuro, este libro de estilo directo e claro é o froito dunha exhaustiva investigación de Kajsa E. Ekman. A coñecida autora sueca sostén que asistimos a unha reacción patriarcal que, utilizando de xeito fraudulento unha linguaxe feminista, favorece intereses económicos, fomenta o retorno da heterosexualidade obrigatoria e dos vellos roles de xénero e prepara o recorte das conquistas de igualdade duramente conseguidas polas mulleres.

✔ Editorial Cátedra. Comprar o libro | Ir á web.

✔ Prólogo de Paula Fraga. | 28 páxinas. | Acceder/Baixar.

Enviado:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
12 de janeiro de 2022 10:12

https://lupeces.blogspot.com/

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon