A dereita tapa a corrupción, pero castiga investigar a corrupción
Queda máis que demostrado que no PP ser corrupto, ou ter un máster falso, ou degradar os servizos públicos, non se paga, se premia, o que se paga caro é denunciar a corrupción, que se llo pregunten a Casado e Ayuso.
Non son do PP, estou no polo oposto, pero vendo dende fora ao ver como se apuñalan, como as ratas abandonan o barco, como se traizoan, como menten, como tapan a corrupción e a xustifican, non podo deixar de sentir vergoña allea.
É difícil non sentir vergoña de formar parte dun Estado onde se premia a corrupción e a falta de luces afecta a millóns de fanáticos votantes que aplauden aos que nos rouban.
"España é unha deformación grotesca da civilización europea, en España o traballo e a intelixencia sempre se teñen visto menosprezados. Aquí todo o manda o diñeiro, en España o mérito non se premia. Se premia o roubar e o ser senvergoña".
(Luces de Bohemia, Valle Inclán. 1924)
"O meu avó era un home mo valente,
sólo lle tiña medo aos idiotas.
Pregunteille ¿por qué?,
e respondeume:
porque son moitos,
e ao ser maioría elixen
ata ao presidente"
(Facundo Cabral)
"En España de cada dez cabezas: nove embisten e unha pensa." nos dixo Antonio Machado.
O fascismo encarnado en VOX aliméntase de ignorancia, de odio, de sen razón, aliméntase de mentiras repetidas mil veces para convertelas en verdades, esa é a vella táctica acuñada por Goebbels o ministro de propaganda da Alemaña NAZI.
Máis agardo que Antonio Machado tivese máis razón cando dixo:
“En España o mellor é o pobo. Sempre ten sido o mesmo. Nos trances duros, os señoritos invocan a patria e a venden; o pobo non a nomea tan sequera, pero a compra coa súa sangue e a salva”.
Por outra banda, a esquerda que ten claro que o problema non son os políticos, nin a corrupción, senón un sistema que xera corrupción, desigualdade e explotación debe reorganizarse e reafirmarse na necesidade de existir para frear o fascismo, porque a socialdemocracia non puido nunca, nin vai poder agora.
---
Entre o PP de Madrid e a prensa afín a Ayuso veñen de dar un golpe de Estado a dirección do seu propio partido
Pablo Casado un ultradereitista neoliberal que ten feito unha oposición sucia e ata desleal co Estado español, pero que ten amosado ter máis dignidade que todos aqueles que o teñen traizoado.
Vai a ser que Pablo Casado e catro máis eran os únicos que tiñan algo de honor e lealdade dentro do PP...máis xa o botaron, agora quedan persoas que teñen decidido que investigar a corrupción é algo a castigar e tapar a corrupción é o correcto.
Non son do PP, estou no polo oposto, pero dende fora ao ver como se apuñalan, como as ratas abandonan o barco, como se traizoan, como menten e como tapan a corrupción e a xustifican, non podo deixar de sentir vergoña allea.
Agora Feijóo, ese que sabía que a marca PP non lle daba votos na Galiza e que decidiu esconder as siglas nas campañas electorais, ese Feijóo que tiña malas compañías e veraneaba co capo da droga Marcial Dorado, ese Feijóo que adxudicaba ao igual que Ayuso contratos a súa irmá, ese Feijóo é quen parece destinado a presidir o PP, pois nada, viva o viño.
Pois nada Feijóo, pecha ao saír,. "A quen deus llo dé, San Pedro llo bendiga"...non se admitirán devolucións.
[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.
Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
22 de fevereiro de 2022 18:59
23 de fevereiro de 2022 15:02
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon