xoves, febreiro 24, 2022

Artigos de André Abeledo - Ucraína e o efecto bolboreta - A guerra que non se quixo evitar - Entre o PP de Madrid e a prensa afín a Ayuso veñen de dar un golpe de Estado a dirección do seu propio partido


Ucraína e o efecto bolboreta. A guerra non é unha película de bos e malos, é sempre unha traxedia

A guerra sempre é unha derrota para os pobos, dá igual onde, Siria, Palestina, Irak, Libia, o Sáhara Occidental, a Ucraína e todas as malditas guerras de hoxe e de onte.
 
Unha guerra non é unha película de bos e malos, é sempre unha traxedia, unha derrota para a humanidade.

Rusia é responsable de comezar unha guerra a gran escala. Pero a unha escala menor esa guerra xa tiña comezado en 2014, na República Popular de Donetsk e entón era a Ucraína a que bombardeaba a República autodeterminada e a unha poboación de orixe ruso.

Pero algunha responsabilidade terán tamén os que teñen estado animando a Ucraína a botarlle un pulso a Rusia en nome de Occidente.

Algunha responsabilidade terán os que teñen estado armando a Ucraína.

Algunha responsabilidade terán os que apoiaron o Euromaidán, a chamada Revolución da Dignidade, que é o nome dado a unha serie de manifestacións e disturbios de índole nacionalista, con filoNAZIS nas rúas da Ucraína, que no seu clímax derrocaron ao presidente electo Víktor Yanukóvich do prorruso Partido das Rexións.

Algunha responsabilidade terán os que lembraron a diplomacia cando o lume xa estaba acendido e as posibilidades de apagalo eran poucas ou ningunha.

Porque economicamente vai ser unha desfeita para Europa, pero a guerra  está na Ucraína e os que lle prometeron protección usaron ao goberno Ucraíno como instrumento para desestabilizar a zona, e tamén a Rusia.

Agora as consecuencias económicas serán devastadoras, especialmente en Europa.

No efecto bolboreta, si se parte de dous mundos ou situacións globais case idénticos, pero nun deles hai unha bolboreta aleteando e no outro non, a longo prazo, o mundo coa bolboreta e o mundo sen a bolboreta acabarán sendo moi diferentes. Nun deles pode producirse a gran distancia un tornado e no outro non suceder nada en absoluto.

Pois na Ucraína agora está aleteando un pterodáctilo.
---

A guerra que non se quixo evitar

É cuestión de días que as tropas Rusas estean as portas de Kiev.

Non é algo do que alegrarse porque en toda guerra morren inocentes.

En calquera guerra existen moitos culpables e morren demasiados inocentes.

Se cadra si a comunidade internacional houbese actuado con contundencia para defender a vida dos habitantes da República Popular de Donetsk, de Járkov, de Donbás, e houbese condenado todo ataque contra a poboación civil e denunciado con contundencia o acoso a poboación de orixe ruso, ao seu idioma, a súa cultura, non tiñamos chegado a este punto sen retorno.

Na Ucraína se ten estado xogado con un xogo de equilibrios moi perigoso, se ten apoiado un golpe de Estado filoNAZI, a un goberno NAZI, a grupos armados NAZI-FASCISTAS, se ten apostado pola confrontación, por botar un pulso para ver ata conflito se podería chegar, se ten tirado da corda ata rompela.

Entremos ou non na guerra sobre o terreo, a guerra afectará as nosas vidas e a nosa economía, algo inevitable nunha economía global.

Toda guerra é un fracaso para a humanidade e cando o lume do conflito inténtase apagar con gasolina o incendio está servido.

Un conflito total entre Rusia e a OTAN sería un desastre total para toda Europa.

Pero a verdade, unha vez estoupa un conflito armado as consecuencias son sempre imprevisibles, sobre todo si o conflito remata por internacionalizarse.
---

Entre o PP de Madrid e a prensa afín a Ayuso veñen de dar un golpe de Estado a dirección do seu propio partido

Pablo Casado un ultradereitista neoliberal que ten feito unha oposición sucia e ata desleal co Estado español, pero que ten amosado ter máis dignidade que todos aqueles que o teñen traizoado.

Vai a ser que Pablo Casado e catro máis eran os únicos que tiñan algo de honor e lealdade dentro do PP... máis xa o botaron, agora  quedan persoas que teñen decidido que investigar a corrupción é algo a castigar e tapar a corrupción é o correcto.

Non son do PP, estou no polo oposto, pero dende fora ao ver como se apuñalan, como as ratas abandonan o barco, como se traizoan, como minten e como tapan a corrupción e a xustifican, non podo deixar de sentir vergoña allea.

Agora Feijóo, ese que sabía que a marca PP non lle daba votos na Galiza e que decidiu esconder as siglas nas campañas electorais, ese Feijóo que tiña malas compañías e veraneaba co capo da droga Marcial Dorado, ese Feijóo que adxudicaba ao igual que Ayuso contratos a súa irmá, ese Feijóo é quen parece destinado a presidir o PP, pois nada, viva o viño.

Pois nada Feijóo, pecha ao saír,. "A quen deus llo de, San Pedro llo bendiga"...non se admitirán devolucións.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.



Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
24 de fevereiro de 2022 13:03
23 de fevereiro de 2022 15:02

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon