martes, febreiro 01, 2022

As Tanxugueiras abren un debate necesario na Galiza, ... Por André Abeledo Fernández



André Abeledo Fernández [*]
31.01.2022


Galiza non é España, porque España non vai a permitir a Galiza ser, nen nos entenden, nin nos queren entender, xamais nos van a respectar, para eles o noso idioma e a nosa cultura son de terceira categoría, e a nosa historia non existe.

Sempre me sentín galego ao 100%, sen dúbida internacionalista, para nada me sinto mellor que ninguén por ser galego, pero agora teño máis claro que nunca que namentres a Galiza forme parte do Estado español ser galego será un acto de rebeldía, e a nosa lingua, a nosa cultura, e a nosa historia estarán en perigo de extinción.

O debate aberto na nosa sociedade pola participación do grupo galego das Tanxugueiras penso que é positivo para as galegas e galegos que aínda non son conscientes que como se trata ao noso idioma na Galiza e tamén no Estado español.

Nun tempo cheguei a pensar que era posible facer entender en España a necesidade de que as nacións tivesen unha convivencia en pé de igualdade para poder construír a casa de todos. Pero isto é unha quimera.

A Galiza como Catalunya o Euskadi precisan o seu propio Estado para non continuar eternamente en perigo de extinción.

Sobre todo agora que o españolismo máis rancio volve a rexurdir e o neofranquismo fascistoide non deixa de crecer nesa España que cada día está máis lonxe de ser unha casa de todos, e cada día é máis unha cárcere de pobos.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.



Enviado por
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
29 de janeiro de 2022 14:30

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon