luns, febreiro 07, 2022

Dentro do Ciclo de Cine Clásico, este martes día 8 de febreiro 'La burla del diablo' de John Huston, no Ateneo Ferrolán, ás 7 da tarde


Continua os Martes de Cine dentro do Ciclo Cine Clásico, no Ateneo Ferrolán, ás 7 da tarde

Martes día 8 de febreiro– "La burla del diablo"

Ano 1953 | Duración 89 min. | País EEUU | Director John Huston | Xénero: Aventuras

Reparto: Humphrey Bogart, Gina Lollobrigida, Jennifer Jones, Robert Morley, Peter Lorre, Edward Underdown, Ivor Barnard, Marco Tulli

Sinopse: A un pequeno porto italiano chegan catro estafadores que viaxan en compañía dun matrimonio norteamericano (Billy e María) que lles serve de tapadeira. Mentres esperan a reparación do barco que os levará a África, explícanlle a Billy o verdadeiro motivo da viaxe: adquirir unhas terras ricas en uranio. Durante a súa estancia no pobo, Billy e María coñecen a outro matrimonio norteamericano, cuxas alusións a uns xacementos de uranio, fan sospeitar aos aventureiros que o seu proxecto corre perigo.


Martes día 15 de febreiro– "Luna nueva"

Ano 1940 | Duración 92 min. | País EEUU | Director John Huston | Xénero: Comedia

Reparto: Cary Grant, Rosalind Russell, Ralph Bellamy, Gene Lockhart, Porter Hall, Ernest Truex, Cliff Edwards, Clarence Kolb, Roscoe Karns, Frank Jenks, Regis Toomey, Abner Biberman, Frank Orth

Sinopse: Hildy Johnson, a mellor reporteira do xornal Morning Post, anuncia que vai deixar o xornalismo para casar e fundar unha familia. Pero Walter Burns, o editor do xornal e exmarido de Hildy, non está disposto a aceptalo, polo que se serve de toda clase de tretas para retela no xornal.


Martes día 22 de febreiro– "El capitán Kidd"

Ano 1945 | Duración 88 min. | País EEUU | Director Rowland V. Lee | Xénero: Aventuras

Reparto: Charles Laughton, Randolph Scott, Barbara Britton, John Carradine, Gilbert Roland, John Qualen, Sheldon Leonard, William Farnum, Henry Daniell, Reginald Owen

Sinopse: En 1699, o capitán Kidd, un rudo pirata, consegue enganar ao rei para que lle proporcione unha escolta para un barco cheo de tesouros que partiu da India. A tripulación está formada por expresidiarios, entre os cales se atopa Orange Povey, a quen Kidd abandonara tempo atrás nun arrecife e ao que esperaba non volver ver.

#Ateneo #SomosCultura #Libros #ClubDeLectura #Ferrol #Galiza

Ateneo Ferrolán
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)
@ateneoferrolan | Blogger | Facebook | Faite soci@ on line! | Colabora con nos!

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
7 de fevereiro de 2022 13:06

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon