mércores, febreiro 16, 2022

Presentación en Ferrol da obra colectiva: 'Cómplices. A violencia machista institucional', o venres 18 de febreiro, no Ateneo Ferrolán - Ademais da coordenadora e coautora da obra, Iria Vázquez Silva, participará no acto a tamén coautora Lola Ferreiro Díaz, presentando o acto, pola Marcha Mundial das Mulleres, Esperanza Vidal Martínez


Presentación en Ferrol da obra colectiva: "Cómplices. A violencia machista institucional", o venres 18 de febreiro, ás 7 da tarde no Ateneo Ferrolán (Rúa Madalena, 202-204).

Ademais da coordinadora e coautora da obra, Iria Vázquez Silva, participará no acto a tamén coautora Lola Ferreiro Díaz, presentando o acto, pola Coordenadora local da Marcha Mundial das Mulleres, Esperanza Vidal Martínez.

Cómplices. A violencia machista institucional
Iria Vázquez Silva
Editorial Galaxia

Unha publicación máis que imprescindíbel.

Este traballo vén botar luz sobre un dos aspectos da(s) violencia(s) machista(s) menos estudado e tamén menos visíbel: a violencia que exerce o Estado a través das súas institucións sobre as mulleres que están en situación de violencia machista. Poucas publicacións coñecemos que aborden este tema de xeito directo. A autora explora varios eidos institucionais, cos que tivo ontacto directo, e convida a outras autoras. Sheila Fernández Míguez (desde o eido xurídico), Olalla Villaronga Seoane (que achega unha perspectiva desde o eido rural), Lola Ferreiro Díaz (desde o ámbito sanitario) e Ana Martínez González e Fedra Alcaraz Ladrero (ambas as dúas traballadoras dunha asociación de parálise cerebral) a completar o panorama dunhas institucións que deberían acoller e defender as mulleres violentadas polo machismo. A través deste libro podemos aproximarnos ao labirinto polo que pasan as mulleres en situación de violencia, analizando as forzas de seguridade, o eido xudicial, os servizos sociais ou o eido sanitario.

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza
_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon