A Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra difunde a seguinte convocatoria de Galegas8M
MOBILIZACIÓN DE GALEGAS8M EN FERROL O MARTES 8 DE MARZO
As mulleres de Galegas 8M na comarca ferrolá convocamos unha mobilizaciónn o día 8 de marzo en Ferrol, con saída ás 20 horas da Praza de España. Este ano o lema escollidos por Galegas 8M é “Nin escravas nin heroínas, mulleres con dereitos xa!”, co que queremos expresar que dunha vez por todas vexamos cumpridas as demandas do feminismo para que as mulleres deixemos de ser cidadás de segunda. As mulleres queremos que se recoñeza o noso traballo con salarios dignos e con dereitos, queremos vivir en liberdade sen violencias, queremos servizos públicos que melloren as condicións de benestar das persoas dependentes e nos liberen de asumir os coidados como unha responsabilidade exclusiva nosa. Sabemos que somos esenciais para o desenvolvemento e benestar da sociedade mais non precisamos aplausos senón dereitos.
As nosas demandas explicítanse no manifesto de Galegas 8M para este 2022 e destacamos aquí algunhas delas: políticas públicas efectivas deseñadas polos feminismos, sistema educativo en que a igualdade e a diversidade sexan centrais, erradicación das violencias pondo para este obxectivo todo tipo de medios e recursos necesarios, belixerancia dos poderes públicos coa industria da trata, políticas que revertan a destrución do medio rural, erradicación da fenda salarial e das pensións, a precariedade dos traballos de coidados, etc.
As mobilizacións convocadas en Galiza pola plataforma do movemento feminista galego Galegas8M percorrerán as rúas en vinte e nove localidades o próximo martes 8 de Marzo.
#Galegas8M
http://galegas8m.gal/
"As mulleres decidimos"
Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza
Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
5 de março de 2022 18:56
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon