CARVALHO CALERO VOLTA A REIVINDICARSE
Domingo 27 de marzo
Ás 12 do mediodía
Na Praza Vella
Concentración
A Asociación Cultural Ferrolterra Antiga, a Asociación Veciñal de Ferrol Vello, o Ateneo Ferrolán, o Bloque Nacionalista Galego, a Fundaçom Artábria e a Sociedade Cultural Medulio, asociacións que promovemos a consideración de espazo dotacional a Casa de Carvalho Calero e dúas parcelas anexas a esta, logo da sentencia do Tribunal Supremo que anula a Plan Especial do barrio de Ferrol Vello, convocamos un concentración, ppara o vindeiro domingo día 27 de marzo ás 12 do mediodía na praza Vella, para esixir ao goberno local que non paralice o proxecto de rehabilitación da casa natal de Carvalho Calero, acto onde formularemos alternativas para superar a situación creada pola sentencia do Supremo e para acollernos aos fondos europeos previstos para este tipo de actuacións.
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon