Non ás falsas solucións para o sistema enerxético
Escapar do gas para construír un mundo pacífico e resiliente
· A rede GAS NON é SOLUCIÓN, [*] queremos expresar a nosa solidariedade con toda a poboación afectada pola guerra de Ucraína e por todos os conflitos en activo.
· Desexamos que o conflito bélico acabe canto antes e instamos a todas as partes a respectar o dereito internacional humanitario que protexe á cidadanía civil dos ataques. Por iso, demandamos un alto ao lume inmediato.
Somos conscientes de que en todo o mundo as persoas sofren enormemente polos impactos do cambio climático, a pandemia da COVID' 19 e polas guerras en curso. O recente informe do IPCC arroxa unha imaxe aterradora dos impactos que xa se están sentindo en todo o planeta, e que resultan moito máis duros no Sur global. Non queremos que outro conflito armado traia máis inestabilidade e perda de vidas. Necesitamos unidade e capacidade para afrontar os retos que nos esperan.
A situación actual pon de manifesto que os combustíbeis fósiles e os impactos do cambio climático exacerban os conflitos, facendo sufrir aínda máis ás persoas máis vulnerábeis. Por esta razón, un maior investimento en combustibles fósiles e infraestruturas relacionadas aumentará as perforacións, o fracking, as emisións asociadas e só servirá para empeorar os impactos no planeta e a saúde das persoas.
Esta guerra deixou aínda máis claro a gran dependencia europea e do Estado español dos combustíbeis fósiles, en especial do gas fósil. Tamén arroxou luz sobre a importancia das nosas finanzas públicas e o relevante que é ser conscientes de en que mans acaban e que apoian. As compañías gasistas beneficiáronse enormemente da crise dos prezos da enerxía e pretenden sacar máis provecho da guerra.
Necesitamos unha eliminación progresiva dos combustíbeis fósiles, no Estado español, en Europa e en todo o mundo. Para iso, debemos impulsar unha transición enerxética rápida e xusta que nos afaste do carbón, o petróleo, o gas e a nuclear, para conducirnos á democratización da enerxía, ao aforro enerxético e ás enerxías renovables. Este é o único camiño viable para reducir rapidamente a dependencia dos combustibles fósiles, contribuíndo ao mesmo tempo de forma xusta a alcanzar o obxectivo do Acordo de Parides de limitar o aumento da temperatura a 1,5 °C.
Con todo, non se están tomando as medidas necesarias nin no Estado español nin na Unión Europea (UE). Esta guerra debe de ser un punto de inflexión para a transición enerxética, para iso débese:
✅ Aumentar a ambición climática e garantir a seguridade enerxética. A UE e os Estados Membros deben asegurar a integridade e ambición do paquete lexislativo sobre clima e enerxía "Fit for 55" e outras ferramentas, como os Plans Integrados de Enerxía e Clima (PNIEC).
✅ Sacar ao gas e á nuclear da taxonomía verde. O conflito actual pon de manifesto que estas enerxías non cumpren co obxectivo de Non Causar Dano Significativo (DNSH polas súas siglas en inglés) nin producen unha contribución substancial aos obxectivos climáticos, senón que son a orixe de conflitos xeopolíticos e obxectivos militares altamente perigosos.
✅ Lograr un sistema enerxético 100 % renovábel antes de 2040. A UE e os seus membros deben acelerar urxentemente as medidas para reducir significativamente a demanda de enerxía e promoción de enerxías renovábeis. Para iso, o gas fósil debe quedar fóra dos fogares como tarde en 2035.
✅ Evitar a expansión de infraestruturas de combustíbeis fósiles e outras falsas solucións. As medidas a curto prazo adoptadas polo Estado español e a UE para facer fronte á crise enerxética non deben poñer en perigo o camiño xa percorrido en materia de acción climática, evitando por todos os medios a expansión das infraestruturas de combustíbeis fósiles e outras falsas solucións que se están suscitando estes días. Unha delas é a posta en marcha da regasificadora do Musel. Ademais de ilegal, é totalmente innecesaria pola capacidade de almacenamento e regasificación xa existentes. Ou o resurximento do proxecto do gasoduto MidCat, que non resulta unha solución en ningún dos horizontes enerxéticos si queremos cumprir co Acordo Verde Europeo. Doutra banda, o hidróxeno non pode converterse nunha falsa coartada que fortaleza o papel do gas fósil no mix enerxético.
✅ Impulsar a transición xusta para protexer á poboación vulnerábel dos prezos volátiles da enerxía. O acceso á enerxía limpa debería garantirse mediante unha tarifa social efectiva, fomentando ao mesmo tempo o cambio masivo de caldeiras de gas por sistemas térmicos renovábeis e o investimento en eficiencia enerxética nos edificios.
✅ Desvincular o prezo da luz do gas. As medidas de redución da demanda xunto coa electrificación son a mellor alternativa ao gas fósil. Con todo, actualmente é o gas fósil quen acaba marcando os prezos, aínda cando só unha pequena parte da electricidade prodúcese a partir de gas (17 % en 2021). Este sistema perverso fomenta o empobrecemento da poboación en favor das ganancias das grandes compañías enerxéticas, ademais, distorsiona os sinais de prezo, dificultando a aposta pola electrificación.
✅ Prohibir a publicidade que promova o uso de calquera combustíbel fósil como combustíbel de transición ás enerxías renovábeis. A promoción dos combustíbeis/enerxía fósil como transitorios supoñería unha resistencia ao cambio ás enerxías renovábeis e, xa que logo, un freo na aposta por un futuro sostíbel.
Necesitamos construír un futuro máis resistente, pacífico e seguro, no que a acción climática e o compromiso da poboación nos leve a consumir menos enerxía e que a consumida sexa sostíbel, renovábel, alcanzábel e libre de conflitos. Unha sociedade con enerxía renovábel accesíbel para todas as persoas non só axudará a afrontar a crise climática, senón que tamén garantirá a seguridade enerxética, sendo o mellor seguro contra futuras subidas de prezos da enerxía e unha forma de protexer ás persoas máis vulnerábeis.
Mentres facemos un chamamento á paz, tratamos de manter o noso traballo sobre a acción climática nestes tempos difíciles. Non hai tempo que perder.
[*] Os colectivos que integran esta rede son: 350 Bcn, Aliança contra la Pobresa Energètica, Amigos de la Tierra,
Asamblea Ciudadana contra el Gas en Gran Canaria, Asociación de Cultura
Popular Alborada (Gallur), Berriztu!, Comité Cidadán de Emerxencia para a
Ría de Ferrol (Galiza), Ecologistas en Acción, Enginyeria Sense Fronteres (ESF),
Equo, Equo Huelva, Ferrol-Cape, Fracking Ez, Fundación Renovables,
Fundación Ecología y Desarrollo, Greenpeace España, Instituto
Internacional de Derecho y Medio Ambiente, No Més Gas,Observatorio
Crítico de la Energía, Observatori del Deute en la Globalització,
Plataforma Ciudadana Zaragoza sin Fractura, Plataforma por un Nuevo
Modelo Energético, Plataforma Resposta al Midcat, Plataforma Salvemos
Doñana, Podemos, SEO/BirdLife, Transport & Environment, WWF España,
Xarxa per la Sobirania Energètica.350 Bcn, Aliança contra la Pobresa Energètica, Amigos de la Tierra,
Asamblea Ciudadana contra el Gas en Gran Canaria, Asociación de Cultura
Popular Alborada (Gallur), Berriztu!, Comité Cidadán de Emerxencia da
Ría de Ferrol, Ecologistas en Acción, Enginyeria Sense Fronteres (ESF),
Equo, Equo Huelva, Ferrol-Cape, Fracking Ez, Fundación Renovables,
Fundación Ecología y Desarrollo, Greenpeace España, Instituto
Internacional de Derecho y Medio Ambiente, No Més Gas, Observatorio
Crítico de la Energía, Observatori del Deute en la Globalització,
Plataforma Ciudadana Zaragoza sin Fractura, Plataforma por un Nuevo
Modelo Energético, Plataforma Resposta al Midcat, Plataforma Salvemos
Doñana, Podemos, SEO/BirdLife, Transport & Environment, WWF España,
Xarxa per la Sobirania Energètica.
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Gas Non é Solución
Medio Ambiente
Non ás falsas solucións para o sistema enerxético - Escapar do gas para construír un mundo pacífico e resiliente - O gas non é solución
venres, abril 01, 2022
Non ás falsas solucións para o sistema enerxético - Escapar do gas para construír un mundo pacífico e resiliente - O gas non é solución
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan venres, abril 01, 2022
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon