mércores, abril 06, 2022

Presentación do libro 'Linguística escreve-se com A', de Teresa Moure - Xoves 7 de abril, ás 7 da tarde, no centro Cívico de Canido - Coa participación da autora - A perspectiva de xénero nas ideas sobre a linguaxe



ACTO | Presentación “Linguística escreve-se com A" de Teresa Moure. Falaremos da historia da lingüística con perspectiva feminista, da exclusión das mulleres e das causas. Coa autora do libro, faremos un recoñecemento fronte á invisibilización.

Día: Xoves 7 de abril
Hora: ás 7 da tarde.
Lugar: Centro Cívico de Canido (Ferrol)

Fuco Buxán, A. C. organiza un acto de presentación do libro “Linguística escreve-se com A" de Teresa Moure, onde contaremos coa profesora titular de Lingüística Xeral na Universidade de Santiago de Compostela, Teresa Moure, para falar da historia da lingüística con perspectiva de xénero xa que, como noutras disciplinas, os manuais da lingüística reproducen unha invisibilidade das mulleres neste eido. Neste libro atoparemos un exercicio de recoñecemento fronte ao esquecemento das lingüistas, reflexionando sobre as causas da súa exclusión. Este recoñecemento supón narrar a historia da otredade ilustrando a participación das mulleres neste saber ou en relacionados como a tradución, a criptografía, a criptografía, a antropoloxía, a primatoloxía, a sociolingüística ou a filosofía da linguaxe que, ademais, traían formulacións e procedementos diverxentes aos tradicionais.

Teresa Moure é investigadora e docente en universais da linguaxe, ecoloxía lingüística e estudos de xénero. Paralelamente, desenvolveu unha faceta literaria como novelista, dramaturga, ensaísta e poeta en lingua galega. Varias das súas obras de creación foron traducidas ao español (Herba moura, A intervención ou Unha nai tan punk) así como a outras linguas. Con elas gañou diversos premios (Premio da Crítica de narrativa galega 2005, Rafael Dieste de Teatro e Premio María Casares de teatro en 2009 ou Premio Ramón Piñeiro de ensaio en 2005 e en 2012). En 2012 en Queer- emos un mundo novo xa abordaba os compromisos éticos dunha linguaxe inclusiva, un punto de arranque para agora revisar a historia das ideas lingüísticas en busca de voces.

Agardamos a vosa presenza!

ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN
Calle Armada Española,nº 32 Baixo.
Ferrol,15406
Chamar 981 32 54 92
fucobuxan@gmail.com


Enviado por:
Inacio GZ
-inaciogz@gmail.com-
4 de abril de 2022 22:20
_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon