COMUNICADO DE S.O. S SANIDADE PÚBLICA DE FERROLTERRA DE APOIO A MANIFESTACIÓN DE ESTE XOVES 12 DE MAIO AS 20:00 EN VIGO CONVOCADAS POLAS PLATAFORMAS NA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DA ÁREA SANITARIA DE VIGO
A Plataforma S.O.S Sanidade Pública de Ferrolterra manifesta o seu apoio e fai un chamamento a toda a cidadanía a participar na manifestación que vai ter lugar este xoves 12 de maio ás 20 horas en Vigo convocada por todas as Plataformas para a Defensa da Sanidade Pública – SOS Sanidade da Área Sanitaria de Vigo para Salvar a Atención Primaria e Recuperar a Sanidade Pública desmantelada polo goberno da Xunta do PP.
Reivindicamos unha:
1.- Atención Primaria digna, con profesionais suficientes para atender con tempo ás persoas enfermas.
2.- Atención Hospitalaria con capacidade para atender ao 10% da cidadanía e acabar coas listas de espera que están a danar gravemente a saúde da poboación.
3.- Contratación digna do persoal que permita unha atención de calidade.
Todas estas reivindicacións son compartidas por tódalas Plataformas que integran SOS Sanidade Pública de Galicia.
En decenas de pobos, vilas e cidades de toda Galicia levamos tempo mobilizándonos para acabar con esta situación que ten responsábeis políticos,
A política sanitaria da Xunta e do PP están desmantelando salvaxemente a Atención Primaria e recortando a Sanidade Pública pra favorecer a Sanidade Privada demostrando a súa profunda ideoloxía neoliberal de ataque constante o público e os dereitos das maioría sociais
Se non loitamos todxs, perderemos o dereito a ter unha sanidade publica, de calidade, universal, accesible e equitativa.
Manifestación en Vigo, este xoves 12 de maio as 20 horas.
VÉMONOS NA GRAN MANIFESTACIÓN ... SALVEMOS A ATENCIÓN PRIMARIA ... A SANIDADE PÚBLICA NON SE VENDE ... DEFÉNDESE.
PLATAFORMA S.O.S. SANIDADE PÚBLICA DE FERROLTERRA
plataformasosanidadepublica@gmail.com
Enviado por:
PLATAFORMA FERROLTERRA
-plataformasosanidadepublica@gmail.com-
10 de maio de 2022 20:11
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon