mércores, marzo 01, 2023

Emotiva homenaxe a Rafael Pillado Lista, no lugar de San Felipe, Brión, Ferrol - Vídeo do acto


O sábado 25 de febreiro de 2023, tivo lugar un Acto Cívico dedicado a Rafael Pillado Lista, en San Felipe, parroquia de Brión, concello de Ferrol. O acto foi organizado pola asociación cultural Fuco Buxán, a asociación de vítimas do amianto AGAVIDA, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, a asociación Memoria Histórica Democrática, e familiares e amigos. Unha emotiva homenaxe pública coa participación de numerosas persoas, familiares, compañeiras e amigas. E coa intervención de representantes das organizacións convocadoras, familiares, música, poesía, e palabras de recoñecemento e amizade.

Este lugar de celebración, onde se depositaron parte das cinzas dos seus restos foi elixido polo propio Rafael, el deixou a súa vontade de que unha parte se depositaran en Ferrol no nicho familiar, outra parte en San Felipe onde pasou a maior parte da súa infancia e mocidade e outra en San Cibrao, concello de Cervo, onde naceu e pasou unha parte da súa infancia.



#RafaelPilladoLista

Rafael Pillado Lista, San Cibrao (Cervo), 12 de xuño, de 1942 - Ferrol, 20 de febreiro, de 2023.

✅ Foto de María Teresa Martínez Vilariño. | Ir ao Álbum.

Editado por Ártabra 21
artabra21@gmail.com
https://artabra21.blogspot.com/
_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon