mércores, abril 26, 2023

Este mércores 26 de abril, en Ferrolterra como noutras comarcas da Galiza, está convocada unha mobilización na defensa da sanidade pública - Manifestación ás 8 da tarde, desde diante do Centro de Saúde Fontenla Maristany - Pola defensa e o fortalecemento da Atención Primaria apoiemos a ILP - Texto da ILP presentada


En Ferrolterra sumamo-nos este mércores día 26 de abril ás manifestacións e concentracións convocadas por SOS Sanidade Pública en diferentes cidades e vilas da Galiza, para reclamar medidas para o fortalecemento e defensa da Atención Primaria

Todo o noso apoio á Iniciativa Lexislativa Popular proposta e promovida pola Plataforma SOS Sanidade Pública para salvar e reforzar a Atención Primaria de Galicia, a cal está en deterioro constante pola mala xestión do goberno da Xunta.

A ILP quere chamar a atención e poñer en marcha unha serie de medidas para revitalizar e fortalecer a atención primaria.

Un resumo esquemático das medidas propostas é o seguinte:

🚩 Atención presencial ou telemática decidido polo paciente.

🚩 Resposta telefónica por unha persoa, non dun robot, non de máquinas.

🚩 Adecuar os cadros de persoal ás necesidades da poboación para garantir unha atención de calidade.

🚩 Limitar o número de consultas diarias para permitir un tempo de atención axeitado ás necesidades dos pacientes.

🚩 Garantir estabilidade laboral e condicións laborais adecuadas e atractivas, para fidelizar aos profesionais.

🚩 Garantir a participación cidadá.

🚩 Reducir as listas de espera para probas diagnósticas e para consultas hospitalarias.

🚩 As persoas que non desexen ser atendidos en centros privados non perderán o seu posto no rexistro na lista de espera.

🚩 Autonomía de xestión na atención primaria, sen dependencia do hospital.

🚩 Garantir a accesibilidade sanitaria en condicións de equidade, independientemente do lugar onde se viva, xa que no medio rural hai zonas con moitas máis dificultades de acceso que o resto.

Chamamos á participación da veciñanza das comarcas nesta Manifestación que convocamos para este mércores día 26 de abril, ás 8 da tarde que partirá das inmediacións do Centro de Saúde Fontenla Maristany (Praza de España) até a Praza de Armas.

Os dereitos que non se defenden, pérdense !!
Participa !


✅ TEXTO DA PROPOSICIÓN DE LEI, POR INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR, SOBRE MEDIDAS URXENTES PARA RECUPERAR E FORTALECER A ATENCIÓN PRIMARIA. | Acceder/Baixar.
_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon