Amosando publicacións coa etiqueta #Galegas8M. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #Galegas8M. Amosar todas as publicacións

domingo, marzo 06, 2022

A Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra difunde a convocatoria de Galegas8M: Nin escravas nin heroínas, mulleres con dereitos xa! -


A Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra difunde a seguinte convocatoria de Galegas8M

MOBILIZACIÓN DE GALEGAS8M EN FERROL O MARTES 8 DE MARZO

As mulleres de Galegas 8M na comarca ferrolá convocamos unha mobilizaciónn o día 8 de marzo en Ferrol, con saída ás 20 horas da Praza de España. Este ano o lema escollidos por Galegas 8M é “Nin escravas nin heroínas, mulleres con dereitos xa!”, co que queremos expresar que dunha vez por todas vexamos cumpridas as demandas do feminismo para que as mulleres deixemos de ser cidadás de segunda. As mulleres queremos que se recoñeza o noso traballo con salarios dignos e con dereitos, queremos vivir en liberdade sen violencias, queremos servizos públicos que melloren as condicións de benestar das persoas dependentes e nos liberen de asumir os coidados como unha responsabilidade exclusiva nosa. Sabemos que somos esenciais para o desenvolvemento e benestar da sociedade mais non precisamos aplausos senón dereitos.

As nosas demandas explicítanse no manifesto de Galegas 8M para este 2022 e destacamos aquí algunhas delas: políticas públicas efectivas deseñadas polos feminismos, sistema educativo en que a igualdade e a diversidade sexan centrais, erradicación das violencias pondo para este obxectivo todo tipo de medios e recursos necesarios, belixerancia dos poderes públicos coa industria da trata, políticas que revertan a destrución do medio rural, erradicación da fenda salarial e das pensións, a precariedade dos traballos de coidados, etc.

As mobilizacións convocadas en Galiza pola plataforma do movemento feminista galego Galegas8M percorrerán as rúas en vinte e nove localidades o próximo martes 8 de Marzo.

#Galegas8M

http://galegas8m.gal/

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
5 de março de 2022 18:56

_______

martes, marzo 09, 2021

Concentración en Ferrol de Galegas8M, este día Internacional das Mulleres e da Loita Feminista - 8 de Marzo de 2021 - Vídeo e fotos


Na praza na confluencia entre As Pías e a Estrada de Castela, onde está a réplica da antiga Porta Nova de Ferrol, pasadas as 7 da tarde, tivo lugar o acto central de Galegas8M na Comarca. En cada lugar, barrio, vila ou cidade do Mundo, houbo mobilizacións reivindicativas pola igualdade, polos dereitos das mulleres, contra a violencia e a pobreza... Na Galiza ademais estaba convocado paro laboral, dos coidados e estudantil. Na nosa Comarca foi a CIG e diversas organizacións de estudantes as que convocaron o paro de mulleres. "Consideramos que a pandemia non pode impedir a manifestación das reivindicacións do feminismo, este ano especialmente, pois precisamente somos as mulleres as grandes perxudicadas por esta crise, ao seren os traballos esenciais os mais feminizados e ao encargarnos case en exclusiva dos coidados das persoas dependentes, crianzas e maiores". Esta situación que denunciamos, resúmese no lema da campaña de Galegas 8M para este ano:

SEN COIDADOS NON HAI VIDA!

MULLERES EN FOLGA: ESENCIAIS, PRECARIZADAS E FARTAS!!












Manifesto de Galegas8m para o Día das Mulleres 2021.

http://galegas8m.gal/

8m2018gal@gmail.com


#Galegas8M
_______

xoves, marzo 04, 2021

O 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, hai mobilizacións en todo o mundo, na Galiza a Plataforma Galegas-8M, convocou-nas en diferentes vilas e cidades - En Ferrol está convocada unha concentración comarcal ás 7 da tarde na praza Porta Nova, na confluencia d'As Pías coa Estrada de Castela - E n'As Pontes unha Concentración Local ás 12 do mediodía díante da Casa do Concello - Sen coidados non hai vida!


Sen coidados non hai vida!

O 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, hai mobilizacións en todo o mundo, na Galiza a Plataforma Galegas-8M, convoca en diferentes vilas e cidades. En Ferrol está convocada unha concentración comarcal ás 7 da tarde, na praza onde está a réplica da antiga Porta Nova, na confluencia entre As Pías e a Estrada de Castela. En representación de Galegas 8M Ferrol, Nicolasa Castro Monteiro, achega a convocatoria en Ferrol. E n'As Pontes está convocada unha Concentración Local, ás 12 do mediodía, na praza diante da Casa do Concello.

Lugar da Concentración en Ferrol, nas inmediacións e na praza na cabeceira d'As Pías,
na confluencia coa Estrada de Castela, entre Recimil, Ultramar e o Inferniño

CONVOCATORIA COMARCAL 8 DE MARZO EN FERROL

A plataforma Galegas-8M da comarca de Ferrol, convoca unha concentración comarcal en Ferrol o 8 de marzo as 19 horas, na Porta Nova, lugar de acceso á cidade. O lugar escollido é o suficientemente amplo como para que, aínda sendo moitas as que acudamos a convocatoria, se poida gardar a distancia de seguridade. Contaremos cun grupo de compañeiras que se encargaran de ordenar en filas, lembrar a obrigatoriedade de manter posta a mascara, distancias, etc.


CONVOCATORIA LOCAL 8 DE MARZO N'AS PONTES

A plataforma Galegas-8M, convoca unha concentración o 8 de marzo, ás 12 do mediodía, na praza diante da Casa do Concello d'As Pontes, onde se desenvolverá o acto con todas as medidas de seguridade, manter posta a mascara e gardar as distancias.


SEN COIDADOS NON HAI VIDA !


Consideramos que a pandemia non pode impedir a manifestación das reivindicacións do feminismo, este ano especialmente, pois precisamente somos as mulleres as grandes perxudicadas por esta crise, ao seren os traballos esenciais os mais feminizados e ao encargarnos case en exclusiva dos coidados das persoas dependentes, crianzas e maiores. Esta situación que denunciamos, resúmese no lema da campaña de Galegas 8M para este ano, SEN COIDADOS NON HAI VIDA ! MULLERES EN FOLGA: ESENCIAIS, PRECARIZADAS E FARTAS.

Animamos ás mulleres a facer folga laboral, estudantil, de consumo e de coidados, e a ocupar o espazo público, como mostra de que queremos igualdade real e que os coidados estean nos centros das políticas públicas.

Info básica para as manifestacións locais deste 8m do 2021.

Manifesto de Galegas8m para o Día das Mulleres 2021.

http://galegas8m.gal/

8m2018gal@gmail.com


Información baseada na enviad pola:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
3 de março de 2021 16:02

_______












luns, marzo 09, 2020

O 8M en Ferrolterra - Galería de Fotos - Enlace Vídeo Comunicado Final

CLICAR NA IMAXE PARA ACCEDER Á GALERÍA

8M en Ferrolterra

Comunicado na mobilización en Ferrol, unha vez finalizada a manifestación que partía desde a Praza do Inferniño pasadas ás 12 do mediodía e chegaba unha e mediahora máis tarde até a Praza de Amboaxe.

Vídeo de FBellas Xenia - Comunicado Final. | Acceder.

https://www.facebook.com/sfbellas

Galería 2020 - 8M Ferrol | de Fer Ocampo. | Acceder.

#Galegas8M

https://www.facebook.com/Galegas8M/

http://galegas8m.gal/

8m2018gal@gmail.com
_______


domingo, marzo 01, 2020

O feminismo galego en Verín: reportaxe das protagonistas - #Galegas8M







➤ A manifestación unitaria do 1-M converte Verín en epicentro do feminismo galego. | A mobilización unitaria convocada por Galegas 8-M xuntou 5.000 persoas Nas rúas da vila en defensa dos coidados e contra a violencia "institucional".| Nós Diario - 01.03.2020 | Ir á Web.

➤ "Sen nós, o mundo para", o berro das mulleres galegas dende Verín para todo o país. | Praza Pública - 01.03.2020 | Ir á Web.

➤ O feminismo galego axita os mandís e as rúas de Verín para "visibilizar o que permanece invisible" . | Á localidade ourensá chegaron unha vintena de autobuses de todo o país para pór o foco no rol dos coidados que asumen as mulleres de maneira "continua e non remunerada". O acto unitario desta mañá precede as manifestacións que se agardan para o vindeiro 8M, Día da Muller. | Galicia Confidencial - 01.03.2020 | Ir á Web.

http://galegas8m.gal/

Enlace relacionado:

'Sen coidados non hai vida', hoxe manifestación nacional en Verín: 'Mudando o sistema, derrubando o patriarcado' - Información Básica sobre a manifestación unitaria de 2020 - Manifesto Feminista.
________

'Sen coidados non hai vida', hoxe manifestación nacional en Verín: 'Mudando o sistema, derrubando o patriarcado' - Información Básica sobre a manifestación unitaria de 2020 - Manifesto Feminista


Información Básica sobre a manifestación unitaria de 2020

#1mVouAVerín

A plataforma Galegas 8M fixou este ano a convocatoria da manifestación feminista unitaria para o domingo 1 de marzo de 2020 en Verín…AGARDÁMOSVOS!!!

⏩ Descarga o cartaz en calidade para impresión.

⏩ Descarga o dossier de prensa para ter toda a info xunta e a man nun só arquivo.

A saída esta prevista para ás 12h dende o IES Xesús Taboada Chivite. A chegada e final de manifestación así como a lectura do manifesto serán na Praza Maior de Verín.

Nos arredores haberá establecementos de hostalaría abertos para o xantar.

Pola tarde, para quen desexe ficar, haberá foliada feminista na Praza Maior.

O lugar de recollida e saída dos autobuses será na zona da Perguiza.

Cada localidade organiza o transporte colectivo, tedes toda a información aquí.

O #1mVouAVerín…e ti?!

Facebook | Twitter | Instagram


Manifesto de Galegas 8M para a mobilización nacional de 2020

BENVIDAS!!!!!

Benvidas e benvides a Verín!

Un ano máis, o conxunto do feminismo galego unimos a nosa forza para deixar moi claro que somos unha voz importante. Todas xuntas somos un berro que non poden, aínda que queiran, desouvir. Unidas desde a nosa diversidade, baixo o paraugas de GALEGAS8M, amosamos a nosa capacidade para espallar a loita feminista e de xuntar forzas para dar visibilidade á ampla rede de mulleres galegas que traballan arreo e de forma continuada na defensa dos nosos dereitos nos distintos eidos da sociedade.

Estar hoxe aquí énchenos de ledicia.

Antes de nada, queremos felicitar a unhas mulleres que se empeñaron na defensa da vida na súa terra. Unha loita que mobilizou a toda unha comarca, a todo un país, fronte a privatización e a precarización dos servizos públicos de saúde levada a cabo polo goberno do Partido Popular, esa organización depredadora que leva exercendo violencia institucional contra as mulleres durante décadas, e que só cedeu ante a presión social. Un grande aplauso para as mulleres de Verín que lideraron unha loita exemplar en defensa dos seus dereitos:
  • O dereito a un parto sen violencia obstétrica.
  • O dereito a un coidado pediátrico de urxencias.
  • O dereito a unha sanidade pública e de calidade.
  • O dereito a vivir no rural con dignidade.
Tras dous anos de greve laboral, estudantil, de consumo e de coidados na que a nosa forza estourou e atravesou a sociedade galega e do planeta enteiro, chegamos ao 2020 coa necesidade de pór o foco de atención no invisíbel. O que na maioría das casas revolucionou, criou conflito e incluso, en moitos casos, impediu facer folga.

Falamos dos coidados porque… SEN COIDADOS NON HAI VIDA!

Esta afirmación non é unha opinión, non é unha escolla, é unha realidade incuestionábel. Os coidados son moito máis que a casa, as crianzas e as persoas dependentes. Coidados son todos eses traballos invisíbeis que permiten a reprodución da vida, todas esas tarefas ás que non lles damos importancia e sen as cales a nosa existencia, tal e como a coñecemos, non sería posíbel.
Cando falamos de coidados falamos de colocar a vida no centro de todo. Falamos da relevancia que a vida ten, e de darlle valor a quen colabora para que sexa posíbel. Falamos do valor social mais tamén do valor económico que ten sostela. Falamos da certeza de que as persoas non somos independentes, precisamos dos coidados alleos durante toda a nosa vida, para satisfacer as nosas necesidades afectivas, para alimentarnos, para mantermos a saúde, para vestirnos, para vivirmos en contornos limpos, na procura do noso benestar e da nosa felicidade… E dependemos do medio da mesma maneira que dependemos das persoas: temos necesidade de auga potábel, de alimento, de osíxeno, de enerxía…

O patriarcado é un instrumento fundamental para o sistema capitalista. Asignándonos ás mulleres as tarefas de coidado e xerando un mundo público masculino desvinculado dos tempos biolóxicos e ecolóxicos, onde os horarios laborais non importan porque estamos nós na casa para ocupármonos dos coidados da terra e da familia.

Queremos xornadas laborais con horarios racionalizados! É unha quimera a conciliación familiar con xornadas de 40 ou máis horas semanais.

É ridículo termos un dos permisos por maternidade mais curtos da Europa. As mulleres levamos décadas reclamando máis tempo para nos recuperar do parto e poder criar, se é que así o queremos facer. Queremos aumentar os permisos de nacemento, acollemento e coidado, porque ademais é un dereito das crianzas!

É necesario entender toda a teoría dos coidados desde unha visión de corresponsabilidade. É preciso que os homes comecen a ocupar esta esfera. Aínda resulta estraño ver homes que pasen noites para coidar familiares en hospitais, que cambien cueiros a persoas maiores, que se ocupen e preocupen por coidados cotiáns nos fogares. Non existe a neutralidade, se non coidas: descoidas!

A economía capitalista non quere retribuír o traballo que realizamos de xeito gratuíto, nen respeitar a natureza. Na súa explotación é onde reside a maior parte do seu lucro. O sistema capitalista oculta o feito de que se mantén espoliando e colonizando. Espoliándonos e colonizando as mulleres e os nosos corpos. Espoliando e colonizando pobos e territorios. Espoliando e colonizando a natureza.

Apostamos por un feminismo anticapitalista, porque o capitalismo é un sistema contra a vida, a das persoas e a do que nos rodea. Precisamos abandonar un modelo de desenvolvemento que pon por riba o enriquecemento económico ao mantemento da vida. Precisamos pór as necesidades das persoas como centro. Precisamos mudalo todo!

Temos que organizar a sociedade doutro xeito. Temos que colectivizar os coidados! Queremos que todos e todas nos ocupemos. Tamén que as institucións dean resposta a estas necesidades. Queremos que sexa unha cuestión política e económica de primeira orde, garantindo o dereito real de todas as persoas a ser coidadas integralmente, é dicer, con acceso a recursos, con criterios de xustiza social e desde unha perspectiva feminista. Esiximos o dereito a unha vida digna e feliz para todas as persoas! Imos loitar polo que é invisíbel.

Hoxe os coidados son, alén dun labor estigmatizado e oculto, para moitas mulleres unha carga que nos vemos obrigadas a realizar baixo a presión dunha economía destrutiva; para outras son unha escolla irrealizábel por esa mesma economía que non reserva tempos para os coidados…e para outras un emprego precarizado, inestábel e desprestixiado. Neste último caso é indispensábel que os coidados pasen a un primeiro plano, profesionalizando e optimizando este tipo de traballos, dotando a todas as traballadoras do fogar e de coidados dos dereitos laborais e de protección social que nos corresponden, garantindo o acceso a prestacións por desemprego e xubilación, obtendo salarios acordes ao valor do traballo.

Rexeitamos a postura neoliberal de “quen teña os cartos que os pague”. Temos que abolir o actual réxime de empregadas do fogar! Denunciamos a situación de moitas traballadoras internas, moitas delas migrantes, que deixaron a súa xente e a súa terra para vir coidar as nosas persoas maiores e crianzas nunha situación de escravitude detestábel! Mulleres que se atopan en situacións aberrantes que, ao non teren contratos máis que verbais, non teñen posibilidade de obter os papeis de residencia… polo que en moitas ocasións son chantaxeadas con seren entregadas se non asumen condicións deplorábeis.
Esiximos políticas públicas de coidados con cobertura universal, e que por tanto se incremente o número de prazas en centros públicos, garantindo que non existan persoas que fiquen excluídas por falta de recursos.

A realidade galega amosa un país envellecido, cun rural abandonado e sen servizos, que, como intentaron máis unha vez aquí, en Verín, obriga a emigrar a vilas máis grandes onde centralizan os servizos. Un país empobrecido polas políticas neoliberais do Partido Popular mais tamén por un Estado Español que nos quita capacidade para xestionar os nosos bens, para decidir cales son as prioridades nas que queremos investir ou colocar eses recursos que xeramos. Un país cunha lexislación en materia de igualdade avanzada a respeito das políticas de Madrid, mais que non son aplicadas por falta de compromiso do goberno.

A resistencia de Verín é un exemplo. E o seu éxito, unha advertencia. Non nos cabe dúbida que nos últimos anos as reivindicacións feministas afectan as decisións políticas. O que sucedeu nesta vila xa estaba a acontecer en distintos puntos do país: o Hospital da Costa en Burela, o de Monforte… Pouco a pouco todos están a sofrer recortes que obrigan a desprazármonos. Non nos enganemos, se reabriron Verín foi grazas á loita e o compromiso de colectivos feministas, do persoal sanitario, das asociacións de mulleres, das organizacións sindicais e da morea de veciñas e veciños que participaron durante meses en mobilizacións e peches.

Tomemos consciencia de todo o que podemos mudar coa nosa voz conxunta. A nosa loita é imparábel!

Sen coidados non hai vida… diríamos máis, sen coidados hai violencia! Non imos consentir máis violencia contra os nosos corpos. Corpos diversos cos que queremos gozar da vida, da nosa sexualidade. Non imos permitir as discriminacións ás que as mulleres lésbicas, bisexuais e transxénero seguimos sometidas pola nosa orientación sexual e identidade. A falta de información na atención xinecolóxica cara as nosas realidades. A carencia e mesmo censura no ámbito da educación afectiva e sexual. Non apoiaremos nunca feminismos que exclúan a ningunha muller por como está formado o noso corpo. Non aceitaremos discursos transfóbicos. AQUÍ COIDAMÓNOS TODAS E TODES!!!!
Defender o rural tamén é unha reivindicación feminista. As mulleres do rural galego sofremos unha tripla discriminación: traballos desvalorizados que non atopan saída nun mercado cheo de produtos lonxanos e baratos que explotaron mulleres de lonxe e empobreceron as de aquí. Un país envellecido, e que nos leva ás mulleres do rural a asumir cada vez máis responsabilidades en todos os coidados, pola falta de servizos públicos axeitados á realidade galega, ademais de todo o peso de traballo que xa temos por ser as que levamos o peso do rural.
É necesario recuperarmos as comunidades, poñendo en valor as redes que creamos para axudarnos entre a veciñanza, nos distintos traballos da terra nos que nos unimos de xeito solidario e non permitindo que a burocratizacion e centralización dos recursos continúe a atacar este tipo de vida.

A colectivización do coidado ten que ser un modelo e non algo a destruír! Poñendo en valor redes tan solidarias como a das ciganas, que se organizan acompañando e apoiando as súas familias e que non sofren a lacra da soidade nas persoas maiores, algo que na sociedade paia fai estragos, froito en moitas ocasións, dun individualismo feroz.

Queremos reivindicar o vínculo coa Terra! Esiximos soberanía alimentaria! Temos que tomar conciencia do que consumimos, ter en conta os criterios de proximidade nas nosas compras. Defender o medio onde vivimos é imprescindíbel para defender a vida.

O noso territorio, como o noso corpo, son campos de batalla.

Por todo isto e por tantas outras cousas, que trema Verín!!!!!!!!!!!!!!!!!
Que se escoiten ben as nosas voces!

Porque hoxe é un día de reivindicación, de recoñecemento á loita que durante séculos impulsaron as mulleres no rural galego, combatendo o espolio do noso territorio, dos nosos bens naturais. Por iso hoxe moitas de nós levamos posto o mandil, a bata cruzada de cadros, escolléndoa como símbolo e como homenaxe a toda esa rede de produción, de distribución e de consumo ecolóxico, solidario e responsábel. A todo ese traballo invisíbel e infravalorado de coidado das crianzas, das persoas enfermas, acompañándoas desde o inicio ao final das súas vidas, de xeito desinteresado, de balde, levado a cabo por tantas mulleres galegas.

Polas que coidaron do noso territorio e dos froitos do seu traballo!

Polas que nos legaron a loita pola xustiza social e a igualdade!

Polas que plantaron a semente que hoxe agroma como movemento de masas do feminismo galego!

Porque se asumimos o poder da nosa elección como consumidoras, poderemos atacar a engrenaxe do capitalismo, ese sistema que concentra beneficios a costa da apropiación de recursos, o emprego precario e o traballo gratuíto das mulleres.

Hoxe estamos na rúa visibilizando o que fica oculto nas nosas casas, esixindo responsabilidade social e colectiva no coidado do territorio e do medio ambiente, esixindo que se recoñezan os coidados como un ben social.

As galegas sairemos á rúa hoxe, o 8 de marzo e todos os días que faga falta!
Porque temos a forza para conquistar un mundo, porque
SEN COIDADOS NON HAI VIDA. PORQUE MUDANDO O SISTEMA, DERRUBAREMOS O PATRIARCADO!

#Galegas8M

8m2018gal@gmail.com

Para contactar: Apunta-te.

http://galegas8m.gal/

_______

venres, febreiro 21, 2020

#Galegas8M: 'Tendereiros Subversivos', este sábado 22 de febreiro en Narón, ás 11:30hs na Praza da Gándara - Axuda-nos A vestir a cidade de protesta - Reserva a túa praza para Verín o vindeiro 1 de marzo


#Galegas8M: 'Tendereiros Subversivos', este sábado 22 de febreiro en Narón, ás 11:30hs na Praza da Gándara - Axuda-nos A vestir a cidade de protesta, camiño do 8M2020.

#1MVouAVerín: Reserva a túa praza para Verín o vindeiro 1 de marzo, autobús desde As Pontes, Narón, Fene, San Sadurniño e Ferrol. Contacta no 630219861 - ferrol8m@gmail.com

AUTOBÚS A VERÍN O 1 DE MARZO

⏩ Saída d'As Pontes, ás 07:30hs.

⏩ Pasa por San Sadurniño (Diante da casa do Concello).

⏩ En Narón (Diante de Cocheiras).

⏩ En Ferrol, ás 08:00hs (Monumento 10 de Marzo).

⏩ Por Caranza (Parada Liña Regular - As Pías).

⏩ Por Fene (Parada Liña Regular - Avenida Naturais).

⏩ En Vilar do Colo (Estación Servizo do polígono).



#Galegas8M

Facebook - @Galegas8M | Instagram | Twitter - @Galegas8M |

#1MVouAVerín #Camiñodo8m #Galegas8m

http://galegas8m.gal/
____________

venres, febreiro 07, 2020

Xornada Feminista Camiño do 8M - Sábado 8 de febreiro, pola mañá desde ás 10:30hs e pola tarde desdse ás 17:00hs, no Centro Cívico de Canido - #Galegas8M


Xornada Feminista Camiño do 8M - Sábado 8 de febreiro, pola mañá desde ás 10:30hs até ás 14:00hs e pola tarde desdse ás 17:00hs até as 21:00hs, no Centro Cívico de Canido


Organizada por "Galegas 8M"

A Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra convida a todas a participar na
XORNADA FEMINISTA CAMIÑO DO 8M

Centro Cívico de Canido
Rúa Poeta Pérez Parallé - Ferrol

#Galegas8M

#1MVouAVerín #FeminismoGalego

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
http://www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
https://twitter.com/MMMGaliza

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
7 de fevereiro de 2020 20:09

_______________________

mércores, decembro 25, 2019

Convocada Xuntanza da Asemblea de 'Galegas 8M' de Ferrolterra, este xoves 26 de decembro, ás 7 da tarde no Ateneo Ferrolán - Preparando as mobilizacións de marzo de 2020

Galegas 8M xa traballa na convocatoria de 2020, polo de agora só está convocada unha manifestación nacional en Verín, para o 1 de marzo de 2020 e as Asembleas Abertas que terán lugar por toda Galiza.

Convocada Xuntanza da Asemblea de "Galegas 8M" de Ferrolterra.


Día: Xoves 26 de decembro.
Hora: 7 da Tarde.
Lugar: Ateneo Ferrolán (Rúa Madalena, 202-204).

PARTICIPA !!

POR TODAS AS MULLERES, POR TODOS OS DEREITOS:
REVOLTA FEMINISTA !!

#Galegas8M
#LoitaFeminista
---

Asemblea Galegas 8M


Quen somos?

A Asemblea Galegas 8M xorde da necesidade de repensar o 8 de marzo en clave galega, diversa, inclusiva e horizontal. Con estes obxectivos, e a través de convocatorias e xuntanzas abertas nas distintas cidades e vilas de todo o país, diversos colectivos feministas e mulleres individuais de toda Galiza tecemos a rede e comezamos a traballar na organización da Manifestación Nacional do Día das Mulleres, xa se fixo en Vigo en 2018 e en Lugo no 2019, agora estamos a desenvolver a de 2020 que terá lugar en Verín o 1 de marzo.

Somos Todas

Galegas 8M non somos só as mulleres que nacemos nesta terra: somos todas as que estamos vinculadas a ela dun xeito ou doutro, todas as que a sentimos como propia, todas as que vivimos, traballamos e transitamos nela, e por iso todas temos o mesmo nivel de participación e decisión.

Manifestación

Por acordo unánime da asemblea de Galegas 8M, a manifestación nacional previa ao 8M de 2020 será en Verín, o domingo 1 de marzo. A loita en Verín polo peche do paridoiro representa a loita pola dignificación dos coidados, dos dereitos sexuais e reprodutivos, dos servizos públicos; a loita contra a dispersión da poboación e o despoboamento do rural, e contra a violencia obstétrica. É unha loita pola vida.

Este ano a manifestación unitaria galega trasládase a Verín, coa intención de amosar a nosa forza e a nosa capacidade de espallar a loita feminista e de xuntar forzas para dar visibilidade á ampla rede de mulleres galegas.

Esta manifestación de loita feminista fai parte do traballo mobilizador cara ás convocatorias locais que terán lugar o propio día 8 nas diferentes localidades do país.


Hoxe e sempre: abaixo o patriarcado capitalista e colonial!

Que colectivos e entidades participan en Galegas 8M?

Todas estas asociacións, colectivos, plataformas e entidades feministas do país formaban parte e colaboraban nesta Asemblea Nacional Galegas 8M nas mobilizacións de 2019. Tamén hai un bo número de mulleres que participan a nivel individual e outros colectivos de carácter local que non se relacionan.

Web nacional de referencia:http://galegas8m.gal/

Correo-e nacional de referencia:

8m2018gal@gmail.com

Facebook | @Galegas8M

Twitter | @Galegas8M

Instagram | @galegas8m

---

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
http://www.feminismo.info
@marchamundialmulleres.galiza
@MMMGaliza

Info baseada na enviada por por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
23 de dezembro de 2019 17:10
____________________

luns, abril 01, 2019

O Martes 2 de abril no Ateneo Ferrolán, Ciclo de Cine Feminista+Debate e Clube da Lectura


Club de Lectura e Ciclo de Cine Feminista+Debate


Club de Lectura
Estamos a leer "La uruguaya" de Pedro Mairal
Martes 2 de abril, ás 17:30hs
no Ateneo Ferrolán.

Animamos a tod@s a participar desta emblemática actividade. Dende o ano 2002 que formamos no Ateneo Ferrolán o noso Clube de Lectura, segue levándose a cabo todos os primeiros martes de cada mes. Estamos a leer "La uruguaya" de Pedro Mairal.

Encontros coa lectura onde xúntanse 20 socios e socias todos os primeiros martes de cada mes para reflexionar e comentar un libro guiados pola profesora Anxeles Seoane.

---

Martes de Cine.
Ciclo de Cine Feminista+Debate.
Proxectaremos "Techo y comida"
Martes 2 de abril, ás 18,30 h.
No Ateneo Ferrolán, organizado por Galegas8M

Ano 2015 España Duración 90'
Director: Juan Miguel del Castillo

Sinose: Jerez de la Frontera, 2012. Rocío, unha nai solteira e sen traballo, non recibe ningún tipo de axuda nin subsidio. Vive coa o seu fillo de oito anos nun piso cuxo aluguer non paga desde hai meses, de modo que o dono a ameaza continuamente con botala á rúa. Para facer fronte aos gastos de manutención e aluguer, realiza traballos ocasionais mal pagos e vende no top manta obxectos atopados.

Imaxe: Abril solidario co Ateneo Ferrolán (Abril, 2008), debuxo de Fernando Ocampo.

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
1 de abril de 2019 13:01

____________

mércores, xaneiro 23, 2019

Asembleas locais Galegas 8M cara ao #8m2019, en Ferrol este xoves 24 de xaneiro ás 7 da tarde no Ateneo Ferrolán

#8mEuParo para colgar o Mandil e transformar a vida das mulleres!!!

Este xoves 24 de xaneiro, no Ateneo Ferrolán, ás 19 h. seguirán as Mesas de Traballo da Asemblea Aberta de Galegas 8M de Ferrol.

A Asemblea aberta Galegas 8M traballa na organización conxunta das mobilizacións feministas para este ano 2019.

Manifestación Nacional, Folga de Mulleres do 8 de marzo e a apoio ás convocatorias locais dese mesmo día!

Evento da Asemblea en Ferrol do 24 de xaneiro:

https://www.facebook.com/events/1013092692225672/


"As mulleres decidimos"

#Galegas8M | #8m2019  |  #8mEuParo

Web de Galegas8M:
https://galegas8m.wordpress.com/

Facebook Galegas8M:
https://www.facebook.com/Galegas8M/

Info baseada na enviada polo:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
22 de janeiro de 2019 12:47

________________