Amosando publicacións coa etiqueta #plataformaculturaferrolterra. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #plataformaculturaferrolterra. Amosar todas as publicacións

sábado, novembro 21, 2020

#EuApostoPolaCulturaLocal e Ti? - Praza Alcalde Ramón Souto de Fene, o sábado 28 de novembro, ás 12 do mediodía - Cantas, bailas, interpretas, pintas...?



Cantas, bailas, interpretas, pintas...?


Aquí invitámoste a participar activamente na II Concentración da Plataforma.

28 de novembro ás 12h.

✔ Praza Alcalde Ramón Souto (Concello de Fene)

#EuApostoPolaCulturaLocal e Ti?

CHAMÁMOSTE A PARTICIPAR ARTÍSTICAMENTE:

Opción a- que fagas unha pequena INTERVENCIÓN ARTÍSTICA no espazo escénico da tarima na que tamén vaise ir lendo o manifesto.

Opción b- que veñas á concentración caracterizadx/atrazzadx da maneira que che pareza e constitúas unha ESTATUA/PERFORMER no sitio que ocupes na praza.

INTERVENCIÓN ARTÍSTICA:

Eres libre: podes tocar, cantar, bailar, teatrar, recitar... A peza pode durar como MÁXIMO 2 MINUTOS. Se ben a temática é libre, ten presente a inspiración de dar visibilidade ao noso sector e a problemática particular.

Escribe un correo electrónico a plataformaculturaferrolterra@gmail.com
poñendo no ASUNTO: INTERVENCIÓN FENE.

e CÓNTANOS:

- que vas facer: (movemento, música, palabra, etc.)

- duración da intervención (máx. 2 mins)

Necesitamos esa información para facer unha escaleta coas intervencións, entre elas irán lecturas do manifesto en fragmentos.

Podemos poñer á vosa disposición equipo de son. Por motivos de saúde se precisas micro é mellor que o traias ti, poñémoste o pé e o cable. Igualmente con outros materiais ou instrumentos que utilices, faise necesario que os traias ti e o manexes ti soamente.

plataformaculturaferrolterra@gmail.com

@plataformaculturaferrolterra

GRAZAS. ENTRETODOSMÁISFÁCIL. VISIBILÍZATE.

#plataformaculturaferrolterra
#apostapolaculturalocal
_______