Amosando publicacións coa etiqueta Asociación Veciñal Altea de Xuvia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Asociación Veciñal Altea de Xuvia. Amosar todas as publicacións

mércores, maio 08, 2019

Aviso de celebración das Asembleas Ordinaria e Extraordinaria da asociación veciñal Altea de Xuvia (Narón), o sábado 11 de maio, ás 11:30hs, no local social


Aviso de celebración das Asembleas Ordinaria e Extraordinaria da
Asociación Veciñal Altea de Xuvia (Narón)

Vimos de subir unha nova publicación ás nosas redes sociais. Trátase sen dúbida de un momento crítico para a continuidade da asociación o que é en si mesmo nin máis nin menos a labor que viña desenvolvendo na parroquia de Xuvia. Ao longo de case dúas décadas, deu novas coma a da competición motonáutica na ría, a Alteada anual defendendo o produto da ría e unha ría limpa, a demanda incansable de unha piscina para a parroquia (logo de que a administración eliminase a existente), a de un local para a terceira idade, reparacións, aperturas de viarios e eliminación de tapóns urbanísticos e barreiras arquitectónicas, beirarrúas... Moitas das demandas aínda sen satisfacer.

Compre que un novo equipo revalide ao existente e dea continuidade aos proxectos existentes e a novas demandas.

Precisamos dar a coñecer a convocatoria entre toda a veciñanza e animar á participación, sobre todo o día previo á convocatoria (venres 10).

Agradecemos toda axuda a prestar.

Un saúdo, AV Altea de Xuvia. 

https://www.facebook.com/AvAlteaXuvia/

https://twitter.com/AlteaAv/

#AVAlteaXuviaNarón

@AvAlteaXuvia

Enviado por:
asociacion vecinos
-av.altea2003@gmail.com-
7 de maio de 2019 21:05

____________