Amosando publicacións coa etiqueta Asociación Veciñal O Rosario Inferniño. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Asociación Veciñal O Rosario Inferniño. Amosar todas as publicacións

xoves, xaneiro 30, 2014

A asociación veciñal 'O Rosario' do Inferniño denuncia a ocupación ilegal do espazo público de lecer por camións de feira e o peche da biblioteca municipal do barrio


Peche da Biblioteca Municipal do Inferniño, situada no Centro Cultural Carvalho Calero

Continuamos denunciando o peche da biblioteca municipal do Centro Cultural Carvalho Calero, que ante a pasividade do goberno local segue privando a estudantes e a veciñanza de utilizar esta servizo cultural, que lembramos estamos en vésperas de exames da universidade.

A situación agravase  aínda máis pola falta de mantemento e as consecuentes pingueiras que caen enriba desta biblioteca e mesmo as computadoras públicas, ademais doutras salas do Centro Cultural.

Esta A. Veciñal O Rosario - Inferniño, reivindica a APERTURA PERMANETE  da BIBLIOTECA con horarios de fin de semana e poder facilitar este servizo aos estudantes e lectores/as.

Por todo isto, pedimos a redacción dun proxecto de ARRANXO dos tellados co fin de abrir ao público esta BIBLIOTECA MUNICIPAL e cubrir as prazas vacantes deste importante servizo cultural.

Ferrol, a 30 de Xaneiro de 2014


Ocupación ilegal do espazo público de lecer por camións de feira

Enviamos fotos amosando a ocupación da Praza do Inferniño por concesión do concello e a teima do goberno local en privatizar espazos públicos con fins privados.

As persoas maiores están fartas de que lles coloquen camións e  atraccións de carácter privado privándolles do seu dereito a permanecer nestes espazos de uso e disfrute público.

Pedimos ao goberno local que rectifique na concesión de permisos de ocupación de espazos públicos e desaloxe este camións e atraccións a lugares máis discretos.

Ferrol, a 28 de Xaneiro de 2014

- A directiva.-

ASOCIACIÓN VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO

correo-e: avvorosario@gmail.com
Blogue: http://orosario-inferninho.blogspot.com

Enviado por:
A.Veciñal Inferniño
-avvorosario@gmail.com-
28 de janeiro de 2014 22:43
30 de janeiro de 2014 17:52

__________________

Enlace relacionado:

http://www.ferrol.es/biblioteca/Default.aspx

_______________________________

sábado, outubro 26, 2013

Vídeos sobre as primeiras xornadas en defensa da Sanidade Pública celebradas en Ferrol Terra


Dese a asociación veciñal 'O Rosario' do Inferniño, envia-nos un detalle de catro minutos en vídeo sobre a interesante intervención da Dra. Mª Luísa Lores Aguín [*], dentro das primeiras xornadas en defensa da Sanidade Pública que se celebraron en Ferrol o pasado fin de semana, os días 18 e 19 de Outubro de 2013. A citada intervención, enmarcada na Mesa de Debate do sábado 19, sobre 'A Relación Público/Privada' (Incompatibilidades, Concertos, Listas de Espera, Xestión), estivo moderada por Ana Jesús López Díaz, Directora da Oficina para a Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña. na que tamén participou como relator o Dr. Carlos Piñeiro Díaz. a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol dispón dos áudios das mesas de debate das moi interesantes Xornadas. Mais a asociación veciñal no seu canle ten públicados varios vídeos de diferentes intervencións e debates, aos que se pode acceder e baixar publicamente [Canle].


http://youtu.be/DlWhwXZmnBw

[*] Maria Luísa Lores Aguín: Especialista en Radioloxía, coautora do libro A Saúde como Negocio da editorial Laiovento | Pertence a Federación de Asociación para a Defensa da Sanidade Pública | Ex Directora Asistencial do Complexo Hospitalario de Pontevedra | Exerce no Complexo Hospitalario de Pontevedra.

A Asociación Veciñal 'O Rosario - Inferniño' de Ferrol, constitúe unha entidade sen ánimo de lucro, que ten o seu ámbito de actuación territorial coñecido histórica e popularmente como o barrio do inferniño, parroquia do Rosario.

Blogue:
http://orosario-inferninho.blogspot.com.es/
Correo:
avvorosario@gmail.com
Telefono:
649 024612

Información baseada na enviada por:

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
25 de outubro de 2013 18:05
http://www.plataformadspferrol.blogspot.com/
______________

Enlaces relacionados:
________________________