Peche da Biblioteca Municipal do Inferniño, situada no Centro Cultural Carvalho Calero
Continuamos denunciando o peche da biblioteca municipal do Centro Cultural Carvalho Calero, que ante a pasividade do goberno local segue privando a estudantes e a veciñanza de utilizar esta servizo cultural, que lembramos estamos en vésperas de exames da universidade.
A situación agravase aínda máis pola falta de mantemento e as consecuentes pingueiras que caen enriba desta biblioteca e mesmo as computadoras públicas, ademais doutras salas do Centro Cultural.
Esta A. Veciñal O Rosario - Inferniño, reivindica a APERTURA PERMANETE da BIBLIOTECA con horarios de fin de semana e poder facilitar este servizo aos estudantes e lectores/as.
Por todo isto, pedimos a redacción dun proxecto de ARRANXO dos tellados co fin de abrir ao público esta BIBLIOTECA MUNICIPAL e cubrir as prazas vacantes deste importante servizo cultural.
Ferrol, a 30 de Xaneiro de 2014
Ocupación ilegal do espazo público de lecer por camións de feira
Enviamos fotos amosando a ocupación da Praza do Inferniño por concesión do concello e a teima do goberno local en privatizar espazos públicos con fins privados.
As persoas maiores están fartas de que lles coloquen camións e atraccións de carácter privado privándolles do seu dereito a permanecer nestes espazos de uso e disfrute público.
Pedimos ao goberno local que rectifique na concesión de permisos de ocupación de espazos públicos e desaloxe este camións e atraccións a lugares máis discretos.
Ferrol, a 28 de Xaneiro de 2014
- A directiva.-
ASOCIACIÓN VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
correo-e: avvorosario@gmail.com
Blogue: http://orosario-inferninho.blogspot.com
Enviado por:
A.Veciñal Inferniño
-avvorosario@gmail.com-
28 de janeiro de 2014 22:43
30 de janeiro de 2014 17:52
__________________
Enlace relacionado:
http://www.ferrol.es/biblioteca/Default.aspx
_______________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon