xoves, xaneiro 30, 2014

Convocatoria da Asemblea Plenaria da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área sanitaria de Ferrol - Celebrara-se o mércores 5 de Febreiro, ás 6 da tarde no local social da Asociación Veciñal de Esteiro


Convocatoria
A Comisión Permanente da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrolterra, da que formades parte, SOLICITA a vosa asistencia ao Pleno da Plataforma que se celebrará o día 5 de febreiro- mércores- ás 18 h no local da Asociación Veciñal de Esteiro.

Nos catro anos de funcionamento a Pdspf ten desenvolvido moitos actos: Manifestacións, Concentracións, Denuncias na prensa, Conferencias, Xornadas Divulgativas, ILP, Campaña de Reclamación contra as listas de espera e mais actividades de denuncia dos recortes, repagamentos e privatizacións na Sanidade Pública.

No último ano o peso de todo o traballo da Pdspf ven recaendo en sete ou oito entidades, das 50 que conforman a Plataforma, polo que a actividade foi menos, aínda que fomos unha das Plataformas máis activas de Galicia.

Esta situación, se non hai máis compromiso, nos leva a non ter a fortaleza necesaria para seguir facendo fronte aos moitos recortes que vai seguir habendo neste ano 2014.

Estamos vendo como na Comunidade de Madrid a mobilización do persoal e das Plataformas Sanitarias ven de conseguir que a privatización da xestión de seis hospitais se paralice.

PRECISAMOS da túa asistencia á xuntanza da Pdspf o día 5 de febreiro ás 18 h en Esteiro.

Será preciso mudar a Comisión Permanente e establecer o Plano de Traballo para o 2014, que terá que ser un traballo colectivo das entidades, máis de 50, que conforma a Pdspf.

Grazas pola vosa asistencia.

Orde do día
  1. Dar conta da xestión e actividades da PSP de Ferrolterra.-
  2. Informe estado de contas.-
  3. Análise e avaliación actual da Sanidade pública.-
  4. Análise situación actual da Plataforma Defensa Sanidade Pública de Ferrolterra – Propostas – Plano traballo e iniciativas – Comisión Permanente.-
  5. Suxestións e preguntas.-
Ferrol, a 16 de Xaneiro de 2014.-

A Comisión Permanente da Pdspf.

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
30 de janeiro de 2014 18:10

Estimad@s compañeir@s: Enviamos esta convocatoria para pedirvos a vosa participación a vindeira Asemblea do vindeiro mércores -5,  da PDSP de Ferrolterra nestes transcedentais intres e continuar a dar a batalla aos fortes grupos dos poderes privatizadores da Sanidade pública | Recibiredes correo ordinario da Comisión P. desta Plataforma DSP de Ferrolterra | Saúde | Comisión Permanente.
http://www.plataformadspferrol.blogspot.com/

__________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon