Amosando publicacións coa etiqueta Ateneo Ferrolán. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ateneo Ferrolán. Amosar todas as publicacións

martes, marzo 15, 2022

Presentación de 'Unha nova Olanda. De Ferrol a a Porto: as cidades galegas e o escenario global', de Antón Baamonde, no Ateneo Ferrolán este xoves 17 de marzo ás 7 da tarde, coa participación de Xavier Seoane e Henrique Sanfiz, xunto ao autor


No Ateneo Ferrolán
Xoves 17 de marzo, ás 7 da tarde.

Presentación de "Unha nova Olanda. De Ferrol a a Porto: as cidades galegas e o escenario global", de Antón Baamonde. Publicado pola Editorial Galaxia.

Acompañando o autor, estarán o escritor Xavier Seoane, e o director de Radio Fene, Henrique Sanfiz, en calidade de moderador.

Galicia ten que pensarse como unha única cidade con varios nós.

#Ateneo #SomosCultura #Libros #ClubDeLectura #Ferrol #Galiza

Ateneo Ferrolán
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)
@ateneoferrolan | Blogger | Facebook | Faite soci@ on line! | Colabora con nos!

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
15 de março de 2022 12:12

_______

xoves, marzo 03, 2022

Acto no Ateneo Ferrolán: 'A última trincheira do 72: vivenzas de muller e de clase', este venres 4 de marzo ás 19,30 h, organizado dende o núcleo do PCG en Ferrolterra


Acto “A ÚLTIMA TRINCHEIRA DO 72: VIVENZAS DE MULLER E DE CLASE
Terá lugar no Ateneo Ferrolán organizado dende o núcleo do PCG en Ferrolterra.

Venres 4 de marzo ás 19,30 h.

A través da voz e experiencias de Sari Alabau, Manuela López, Fina Varela e María Alarcón.

Camaradas que na súa triple condición de muller, obreiras e comunistas foron o sostén dunha xornada de loita e solidariedade de clase que fixo tremer ao país.

Presenta o acto a camarada Belén Aneiros.

#Ateneo #SomosCultura #Libros #ClubDeLectura #Ferrol #Galiza

Ateneo Ferrolán
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)
@ateneoferrolan | Blogger | Facebook | Faite soci@ on line! | Colabora con nos!

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
3 de março de 2022 12:44

_______

Presentación en Ferrol do trailer promocional do filme '10 de Marzo', de Roi Cagiao, este venres 4 de marzo ás 12 do mediodía


O VENRES 4 DE MARZO ás 12:00 horas presentase no Ateneo Ferrolán o trailer promocional do filme 10 DE MARZO, que aborda por primeira vez en formato de longametraxe documental os acontecementos do 10 de Marzo de 1972 en Ferrol, os feitos máis icónicos da loita polas liberdades e os dereitos sociais no noso país no tramo final do franquismo.
 
Unha presentación que se enmarca dentro dos actos do 50 aniversario do 10 de marzo en Ferrol que contará coa presenza do director Roi Cagiao e o produtor executivo Emilio J. Fernández para a presentación do trailer oficial.
 
O filme narra, cronoloxicamente, dende a elección do xurado de empresa en 1972, a negociación do convenio, os acontecementos dos días 9 e 10 de marzo e a repercusión internacional dos mesmos, así como o chamado “Proceso dos 23” no que os principais protagonistas foron xulgados tres anos máis tarde.
 
A través de entrevistas aos protagonistas dos feitos, materiais de arquivo fotográficos e documental de época e secuencias dramatizadas sobre algún dos
momentos máis importantes da trama, o filme reconstrúe os acontecementos. Roi Cagiao e a produtora Arthur Gordon, despois da exitosa ‘Vigo 1972’
volven a afondar na historia social galega contemporánea con este novo filme que se estreará en salas de cine a finais de 2022.
 
10 DE MARZO conta co patrocinio do Concello de Ferrol, o Sindicato Nacional de CCOO Galicia e Navantia, e coa participación de Fuco Buxán, Fundación 10 de Marzo, Federación de Pensionistas de CCOO de Galicia e Witland Centro Negocios.

#Ateneo #SomosCultura #Libros #ClubDeLectura #Ferrol #Galiza

Ateneo Ferrolán
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)
@ateneoferrolan | Blogger | Facebook | Faite soci@ on line! | Colabora con nos!

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
3 de março de 2022 11:56

_______

luns, febreiro 21, 2022

Dentro do Ciclo de Cine Clásico, este martes 22 de febreiro: 'El capitán Kidd', de Rowland V. Lee, no Ateneo Ferrolán, ás 7 da tarde


Continua os Martes de Cine dentro do Ciclo Cine Clásico, no Ateneo Ferrolán, ás 7 da tarde.

Martes día 22 de febreiro – "El capitán Kidd"

Ano 1945 | Duración 88 min. | País EEUU | Director: Rowland V. Lee | Xénero: Aventuras

Reparto: Charles Laughton, Randolph Scott, Barbara Britton, John Carradine, Gilbert Roland, John Qualen, Sheldon Leonard, William Farnum, Henry Daniell, Reginald Owen.

Sinopse: En 1699, o capitán Kidd, un rudo pirata, consegue enganar ao rei para que lle proporcione unha escolta para un barco cheo de tesouros que partiu da India. A tripulación está formada por expresidiarios, entre os cales se atopa Orange Povey, a quen Kidd abandonara tempo atrás nun arrecife e ao que esperaba non volver ver.

#Ateneo #SomosCultura #Libros #ClubDeLectura #Ferrol #Galiza

Ateneo Ferrolán
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)
@ateneoferrolan | Blogger | Facebook | Faite soci@ on line! | Colabora con nos!

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
21 de fevereiro de 2022 12:50

_______

domingo, febreiro 20, 2022

Palestra e Proxección do Audiovisual 'A semente de 1972' - Xoves 24 de febreiro ás 7 da tarde no Ateneo Ferrolán e o 3 de marzo na casa da Cultura de Fene


50 aniversario de marzo do 72

Palestra e Proxección do Audiovisual "A semente de 1972"

Coa participación de Alfonso Tellado, Anxo Currás e Teixido.

Diante do 50 aniversario do 10 de marzo de 1972, a CIG celebraremos os seguintes actos conmemorativos, con proxección do vídeo "A SEMENTE DE 1972" e posterior palestra:

✅ ATENEO FERROLÁN: xoves 24 de febreiro, 19 horas.

✅ CASA DA CULTURA DE FENE: xoves 3 de marzo, 19 horas.

#ALoitaContinua

#Ateneo #SomosCultura #Libros #ClubDeLectura #Ferrol #Galiza

Ateneo Ferrolán
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)
@ateneoferrolan | Blogger | Facebook | Faite soci@ on line! | Colabora con nos!


Info baseda na enviada polo:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
18 de fevereiro de 2022 18:17

_______

luns, febreiro 14, 2022

Dentro do Ciclo de Cine Clásico, este martes 15 de febreiro: 'Luna nueva' de John Huston, no Ateneo Ferrolán, ás 7 da tarde - E o Martes 22 de febreiro: 'El capitán Kidd', de Rowland V. Lee


Continua os Martes de Cine dentro do Ciclo Cine Clásico, no Ateneo Ferrolán, ás 7 da tarde

Martes día 15 de febreiro– "Luna nueva"

Ano 1940 | Duración 92 min. | País EEUU | Director John Huston | Xénero: Comedia

Reparto: Cary Grant, Rosalind Russell, Ralph Bellamy, Gene Lockhart, Porter Hall, Ernest Truex, Cliff Edwards, Clarence Kolb, Roscoe Karns, Frank Jenks, Regis Toomey, Abner Biberman, Frank Orth

Sinopse: Hildy Johnson, a mellor reporteira do xornal Morning Post, anuncia que vai deixar o xornalismo para casar e fundar unha familia. Pero Walter Burns, o editor do xornal e exmarido de Hildy, non está disposto a aceptalo, polo que se serve de toda clase de tretas para retela no xornal.


Martes día 22 de febreiro– "El capitán Kidd"

Ano 1945 | Duración 88 min. | País EEUU | Director Rowland V. Lee | Xénero: Aventuras

Reparto: Charles Laughton, Randolph Scott, Barbara Britton, John Carradine, Gilbert Roland, John Qualen, Sheldon Leonard, William Farnum, Henry Daniell, Reginald Owen

Sinopse: En 1699, o capitán Kidd, un rudo pirata, consegue enganar ao rei para que lle proporcione unha escolta para un barco cheo de tesouros que partiu da India. A tripulación está formada por expresidiarios, entre os cales se atopa Orange Povey, a quen Kidd abandonara tempo atrás nun arrecife e ao que esperaba non volver ver.

#Ateneo #SomosCultura #Libros #ClubDeLectura #Ferrol #Galiza

Ateneo Ferrolán
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)
@ateneoferrolan | Blogger | Facebook | Faite soci@ on line! | Colabora con nos!

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
14 de fevereiro de 2022 12:17

_______

Presentación do libro 'Actuar aquí y ahora. Repensando la ecología social de Murray Bookchin', de Floreal M. Romero e prologado por Manuel Rivas - Este mércores 16 de febreiro ás 7 da tarde, no Ateneo Ferrolán


Presentación do libro "Actuar aquí y ahora. Repensando la ecología social de Murray Bookchin", de Floreal M. Romero e prologado por Manuel Rivas.

Este mércores 16 de febreiro, ás 7 da tarde, no Ateneo Ferrolán

O colapso que se aveciña non é só o dos seres humanos e a súa contorna, senón tamén do capitalismo, que pola súa propia natureza é depredador e de crecemento ilimitado.

Historicamente desarraigado do social e alimentado pola explotación e a mercantilización das persoas, agora estende o seu dominio sobre todo o planeta e todos os dominios da vida. Só desentendéndonos dunha actitude fatalista e culpable, recuperaremos o poder de actuar aquí e agora.
 
Para iso nada mellor que volver ler a Murray Bookchin e entender o alcance de todos aqueles experimentos e prácticas que se están desenvolvendo despois del, hoxe en día e ao noso ao redor.
 
Floreal M. Romero pinta un retrato do fundador da ecoloxía social e o comunalismo. Fai un repaso na súa historia, da súa traxectoria crítica e política. Desde o Estado español a Rojava, pasando por Chiapas, o autor propón, a partir de exemplos concretos, formas de elaborar a converxencia das loitas e das alternativas para que xurda un novo imaxinario como poder anónimo e colectivo.

Este libro, ensaio e manifesto á vez, é unha análise persoal e singular do pensamento de Bookchin que resoa moito máis alá da experiencia do autor. Proporciona consellos prácticos sobre como saír do capitalismo e non resignarse ao colapso inminente.

#Ateneo #SomosCultura #Libros #ClubDeLectura #Ferrol #Galiza

Ateneo Ferrolán
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)
@ateneoferrolan | Blogger | Facebook | Faite soci@ on line! | Colabora con nos!

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
14 de fevereiro de 2022 12:10
_______