Presentación do libro "Actuar aquí y ahora. Repensando la ecología social de Murray Bookchin", de Floreal M. Romero e prologado por Manuel Rivas.
Este mércores 16 de febreiro, ás 7 da tarde, no Ateneo Ferrolán
O colapso que se aveciña non é só o dos seres humanos e a súa contorna, senón tamén do capitalismo, que pola súa propia natureza é depredador e de crecemento ilimitado.
Historicamente desarraigado do social e alimentado pola explotación e a mercantilización das persoas, agora estende o seu dominio sobre todo o planeta e todos os dominios da vida. Só desentendéndonos dunha actitude fatalista e culpable, recuperaremos o poder de actuar aquí e agora.
Para iso nada mellor que volver ler a Murray Bookchin e entender o alcance de todos aqueles experimentos e prácticas que se están desenvolvendo despois del, hoxe en día e ao noso ao redor.
Floreal M. Romero pinta un retrato do fundador da ecoloxía social e o comunalismo. Fai un repaso na súa historia, da súa traxectoria crítica e política. Desde o Estado español a Rojava, pasando por Chiapas, o autor propón, a partir de exemplos concretos, formas de elaborar a converxencia das loitas e das alternativas para que xurda un novo imaxinario como poder anónimo e colectivo.
Este libro, ensaio e manifesto á vez, é unha análise persoal e singular do pensamento de Bookchin que resoa moito máis alá da experiencia do autor. Proporciona consellos prácticos sobre como saír do capitalismo e non resignarse ao colapso inminente.
#Ateneo #SomosCultura #Libros #ClubDeLectura #Ferrol #Galiza
Ateneo Ferrolán
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.
e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)
@ateneoferrolan | Blogger | Facebook | Faite soci@ on line! | Colabora con nos!
Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
14 de fevereiro de 2022 12:10
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon