luns, febreiro 14, 2022

Non ao neoliberalismo, ... Por Celso Posada Fernández - ... O obxectivo e pasar dunha economía de mercado a unha sociedade de mercado onde se privatizan salvaxemente os servizos públicos, ...


Celso Posada Fernández [*]
14.02.2022


NON AO NEOLIBERALISMO

Nestes tempos de hexemonía neoliberal e de auxe da economía de mercado todo se mide dende a rasoira económica, as relacións humanas se mercantilizan e predomina o individualismo salvaxe, o beneficio económico e as ganancias das grandes trasnacionais por riba da vida humana, dos dereitos humanos, da solidariedade internacionalista, da xustiza social e do medio ambiente.

Predomina a financiarización da economía, o predominio do mundo das finanzas e o individual sobre o colectivo, nun pensamento único imposto como se non houbera alternativa.

As democracias baléiranse de contido, os dereitos quedan reducidos a ser meras mercancías e a obxectos de consumo, exemplo de sociedade de mercado na que terán dereitos quen poida pagalos, predominando o privado sobre o público.

Os estados quedan reducidos a mínima expresión, pra ter menos estado e máis mercado e pra acabar co papel regulador dos estados pra contribuír a acabar coas desigualdades sociais

O obxectivo e pasar dunha economía de mercado a unha sociedade de mercado onde se privatizan salvaxemente os servizos públicos, o poder político está subordinado o poder económico, mandan as grandes trasnacionais e quen non se presentan as eleccións democráticas (grandes empresas, oligarquías financeiras, elites económicas), a cidadanía e os dereitos son percibidos como meras mercancías intercambiables, as organizacións políticas socialdemócratas ou presuntamente de esquerdas non son tales converteron-se en produtos de consumo e de márketing e derivaron en social liberalismo, os medios de comunicación son meros altofalantes e correas de transmisión dos intereses da banca, das grandes empresas e das elites financeiras e interesa conformar unha cidadanía apática, manipulábel, insolidaria, consumista e empresaria de si mesma e competindo continuamente e constantemente entre ela nun salvaxe darwinismo social.

Unha sociedade neoliberal baseada nunha economía de mercado precisa conformar persoas neoliberais, profundamente individualistas, capitalistas consumistas, mercantilistas, utilitaristas, narcisistas, egocéntricas caldo de cultivo dun perigoso fascismo social.

O neoliberalismo non é só un proxecto económico senón cultural, político, social o servizo dos intereses de clase dunha minoría privilexiada (Loita de Clases) senón que é tamén un proxecto profundamente imperialista, pra facer impoñer os intereses económicos, xeoestratéxicos, políticos, mediáticos, militares, empresariais e de clase dunhas nacións sobre outras e pra someter non só a unha clase social sobre outra senón unhas nacións sobre outras (imperialismo puro e duro).

O neoliberalismo colonizou todo dende as mentes ata todos os lugares de socialización, se ha convertido nun sentido común, nun mundo onde cada día increméntanse máis e máis as desigualdades sociais por decisións políticas e o poder e a riqueza concéntranse cada vez en menos mans

O neoliberalismo que é a ideoloxía do Capital estende os seus tentáculos non so a intelectuais orgánicos o seu servizo (xornalistas, tertulianos, dirixentes políticos) senón tamén os medios de comunicación de masas, a universidade, as escolas, as institucións públicas, as administracións, as organizacións políticas presuntamente de esquerdas (exemplo os partidos socialdemócratas), as organizacións sindicais presuntamente de clase traballadora, a prensa escrita, programas de TV, da radio, xornais, revistas, redes sociais.

Fronte ao neoliberalismo formémonos cultural, sindical e politicamente, organizémonos dende a sociedade civil, nos movementos sociais, no movemento feminista, ecoloxista, nas asociacións veciñais, culturais, estudantís, nas plataformas cidadáns na defensa do ensino e a sanidade pública, nas PAHs , en Stop Desafiuzamentos, nas plataformas de pensionistas, nas organizacións políticas de esquerdas (UPG, BNG, etc) nos sindicatos de clase (CIG, etc), nas radios libres e comunitarias, nos centros sociais, etc.

Van-nos os nosos dereitos e as nosas vidas nelo xa que morremos cando gardamos silencio fronte as inxustizas.

Forza, adiante e a loita é o único camiño.

Merecer o desprezo e o odio  dos que rouban e envelenan o pobo será a maior das nosas honras.

[*] Celso Posada Fernández, nado en Ferrol o 16 de Xullo de 1980. É un activista en diferentes movementos sociais de Ferrolterra. Militante do BNG, Diplomado en Maxisterio de Educación Primaria pola Universidade da Coruña e Monitor de Tempo Libre.| No Facebook.


Enviado por:
celso posada
-celsoposada2006@hotmail.com-
12 de fevereiro de 2022 12:48

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon