domingo, febreiro 13, 2022

Memorábel concerto conmemorativo do 50 aniversario do 10 de Marzo de 1972 - Interpretado polo quinteto de vento metal 'Hércules Brass' - Estrea da peza sinfónica 'Ferrol 1972' - Intevencións Juán Durán, Rafael Pillado e Angel Mato - Dez de Marzo Sempre !! - Memoria e Dignidade - Vídeo e fotos



Concerto conmemorativo do 50 aniversario Ferrol 10 de Marzo de 1972

Auditorio Municipal de Ferrol | 12.02.2022

As Asociacións Culturais Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática iniciamos onte a Conmemoración do 50º Aniversario do Dez de Marzo do 72, cun magnífico Concerto organizado polo Concello de Ferrol coa colaboración de ambas Asociacións, marco extraordinario para a estrea mundial da peza sinfónica “FERROL 1972” composta polo profesor Juan Durán, regalo impagable e xeneroso á nosa Cidade e a toda a Clase Obreira Galega.

Con enorme satisfacción amosamos a nosa gratitude ao público asistente que encheu o Auditorio, viaxando tamén desde moitos lugares de dentro e fora de Galicia, ao persoal do mesmo que nos colmou de atencións, aos intérpretes –Hércules Brass Quinteto de Metais, ao pianista e percusionistas- que sumaron á causa con entusiasmo o seu alto nivel artístico e profesional, ao Departamento de Protocolo, a Concellería de Cultura, ás e os representantes públicos e ao Alcalde de Ferrol, que abriu con este Acto un ano dedicado en plenitude a lembrar aqueles feitos do 72 e traelos pedagoxicamente ao centro da vida actual e futura como símbolo de solidariedade de clase e de organización pola consecución dos dereitos sociais, sindicais e democráticos.

O emotivo discurso do noso compañeiro Rafael Pillado foi unha emocionante síntese e lección de todo elo e co exemplo dos e das protagonistas de entón –os de todas e todos coñecidos e o de tantas persoas anónimas que neles participaron– continuaremos traballando en facer realidade, sempre, eses valores.
Reiterou, na súa intervención, a necesidade –que está sendo apoiada con numerosas firmas- de trasladar o Monumento, de Xoán Braxe, á localización exacta onde sucederon os feitos que simboliza, á Praza contigua, que deberá levar o nome de “Praza do Dez de Marzo”.

Moitas grazas a todas e todos e continuamos no labor.

Ferrol, 13 de Febreiro de 2022.

DEZ DE MARZO SEMPRE! MEMORIA E DIGNIDADE.



Fotos de Chelo Carballal e Fer Ocampo.
Vídeo do Concello de Ferrol.

10 de Marzo de 1972
50 Aniversario
Memoria e Dignidade


Achegamos: Manifesto. Relación de Adhesións. Logotipo.

Contacto:
10m72.50aniversario@gmail.com

Facebook:
Dez de Marzo Cincuenta Aniversario.

Documentos:

✔ Selo Logotipo 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

✔ Manifesto do 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

✔ Apoios ao Manifesto do 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

[*] Contactos:

✔ Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-

✔ Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática -memoriahistoricademocratica@gmail.com-



Relacionados:

✅ Iniciando as actividades do 50º Aniversario do Dez de Marzo: Concerto do quinteto de vento metal 'Hércules Brass' e estrea da composición 'Marzo 1972' de Juan Durán, no Auditorio Municipal de Ferrol - Sábado 12 de febreiro, ás 20:30hs - Reserva de entradas. | Ir Ártabra 21.

✅ Concerto no Auditorio Municipal: 'Ferrol 1972', peza sinfónica de Juan Durán, composta especialmente para conmemorar o 50 aniversario do Dez de Marzo - Estrea absoluta no Auditorio de Ferrol, o sábado 12 de Febreiro, ás 20:30 horas. | Ir Ártabra 21.
_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon