martes, febreiro 01, 2022

Concerto no Auditorio Municipal: 'Ferrol 1972', peza sinfónica de Juan Durán, composta especialmente para conmemorar o 50 aniversario do Dez de Marzo - Estrea absoluta no Auditorio de Ferrol, o sábado 12 de Febreiro, ás 20:30 horas


Concerto Conmemorativo no marco das actividades do 50 aniversario do 10 de marzo do 72, Día da Clase Obreira Galega

Dentro dos actos que están programando para conmemorar o 50 aniversario do 10 de Marzo 1972, comezarán cun Concerto no Auditorio de Ferrol (Caranza) o sábado 12 de Febreiro, ás 20:30 horas. Nel vaise estrear unha peza sinfónica "Ferrol 1972" composta por Juan Durán, profesor e compositor moi destacado agora mesmo no panorama musical de Galicia, exclusivamente para esta ocasión.

Os e as protagonistas de entón e toda a Clase Obreira Galega así o merece. Neste evento, organizado polo Concello de Ferrol coa colaboración das Asociacións Culturais Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática, a entrada é gratuíta mais hai que reservar entrada, ou por medio das asociacións [*] -indicando nome e apelidos, telefono e número de localidades, antes do próximo día 9, ou na taquilla ate completar aforo.

Alejandro Vázquez e Víctor Vilariño (trompetas), Javier González (trompa), Esteban Méndez (trombón)
e Rodrigo Rodríguez (tuba) decidiron crear en 2012 o quinteto de vento metal Hércules Brass

O quinteto de vento metal Hércules Brass acompañado de piano e percusión interpretará, entre outras, a peza "Ferrol 1972", banda sonora épica e triunfal que evoca os feitos que significaron un avance para o establecemento das liberdades e a democracia en España e na que presente e pasado volven mirarse aos ollos para celebrar con música o camiño andado e o fermoso desafío de deixar trala nosa marcha un mundo mellor do que atopamos. A peza está composta para a ocasión por Juan Durán (Vigo, 1960) que é considerado por crítica e público o máis importante compositor galego da súa xeración. A súa obra percorre o mundo dende Europa ate EE.UU. baixo a dirección de grandes batutas do noso tempo. Foi Profesor e Director do Conservatorio Superior de Música de A Coruña, cofundador da Asociación Galega de Compositores e membro do Consello da Cultura Galega. Entre outros premios, conta có da Crítica 2009, o da Cultura Galega 2013 e có Reina Sofía de Composición 2018. Tamén é membro de número da Real Academia Galega de Belas Artes e da Academia de Música Valenciana.

Entrada gratuíta, con localidade adquirida pola mediación das asociación antes do día 9, ou en taquilla ate completar aforo.

10 de Marzo de 1972
50 Aniversario
Memoria e Dignidade


Achegamos: Manifesto. Relación de Adhesións. Logotipo.

Contacto:
10m72.50aniversario@gmail.com

Facebook:
Dez de Marzo Cincuenta Aniversario.

Documentos:

✔ Selo Logotipo 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

✔ Manifesto do 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

✔ Apoios ao Manifesto do 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

[*] Contactos:
✔ Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
✔ Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática -memoriahistoricademocratica@gmail.com-

Enviado por
10M72 50Aniversario
-10m72.50aniversario@gmail.com-
29 de janeiro de 2022 21:30

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon