Amosando publicacións coa etiqueta Ateneo Ferrolán. Amosar todas as publicacións

xoves, abril 21, 2022

Presentación do poema 'Maxia' un poema visual e 'Arquivos de realidade' un texto dramático sobre a memoria histórica - No Ateneo Ferrolán o venres día 22 de abril ás 8 da tarde

Venres día 22 de abril ás ás 8 da tarde no Ateneo Ferrolán
 
Presentación de "Maxia" un poema visual que edita Julio Fer e mais Paco Oti. Tamén presentarase "Arquivos de realidade" un texto dramático sobre a memoria histórica de edición bilingüe castelán-galego con prólogo de Armando Requeixo.

#Ateneo #SomosCultura #Libros #ClubDeLectura #Ferrol #Galiza

Ateneo Ferrolán
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)
@ateneoferrolan | Blogger | Facebook | Faite soci@ on line! | Colabora con nos!

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
20 de abril de 2022 12:02

_______

luns, abril 18, 2022

Novas proxecións dentro do Ciclo 'Guerras' no Martes de Cine 2022 do Ateneo Ferrolán: - Todos os martes ás 7 da tarde (19 e 26 de abril e 3 de maio) - Mañá martes 19 'La cuadrilla' de Ken Loach

Martes de Cine 2022 ás 19 h. Ciclo "GUERRAS"

Martes día 19 de abril– "La cuadrilla"

Ano 2001 - Duración 93 min. - País Reino Unido - Director Ken Loach - Xénero: Drama.

Reparto: Dean Andrews, Tom Craig, Joe Duttine, Steve Huison, Venn Tracey, Sean Glenn, Andy Swallow, Charlie Brown, Juliet Bates, John Aston, Graham Heptinstall, Angela Saville.

Sinopse: No sur de Yorkshire, cando a empresa ferroviaria British Rail é privatizada, os traballadores atópanse ante un dilema: acatar as novas normas da compañía ou aceptar o despedimento e pasar a engrosar as listas das axencias de traballo temporal.

Martes día 26 de abril– "Los falsificadores"

Ano 2007 - Duración 98 min. - País Austria - Director Stefan Ruzowitzky - Xenero: Drama.

Reparto: Karl Markovics, August Diehl, Devid Striesow, Martin Brambach, August Zirner, Veit Stübner, Sebastian Urzendowsky, Andreas Schmidt.

Sinopse: Berlín, 1936. Sorowitsch, o rei dos falsificadores de moeda, é un xudeu sen escrúpulos que cre que "a maneira máis rápida de gañar diñeiro é fabricar diñeiro" e non lle preocupa en absoluto o que está a suceder ao seu ao redor, nin sequera a situación dos xudeus. Con todo, cando estala a guerra, é arrestado e levado a un campo de concentración nazi, onde se ve obrigado a traballar con outros falsificadores. A súa misión: fabricar libras esterlinas e dólares americanos. A cambio, as súas condicións de vida son mellores que as dos demais prisioneiros. Con todo, esta situación exponlles a algúns un grave dilema moral: cooperar cos seus verdugos equivale prolongar a guerra e facilitar a vitoria da Alemaña nazi.

Martes día 3 de maio– "Buenas noches y buena suerte"

Ano 2005 - Duración 98 min. - País Estados Unidos - Director George Clooney  - Xénero: Drama

Reparto: David Strathairn, George Clooney, Robert Downey Jr., Jeff Daniels, Frank Langella, Patricia Clarkson, Tom McCarthy, Matt Ross, Tate Donovan, Ray Wise, Alex Borstein, Grant Heslov, Robert Knepper.

Sinopse: Ambientada en 1953, narra o enfrontamento real que, en defensa do xornalismo independente, mantiveron o famoso xornalista e presentador da CBS Edward R. Murrow (David Strathairn) e o seu produtor Fred Friendly (George Clooney) contra o poderoso senador anticomunista Joseph McCarthy, feito que determinou o final da "caza de bruxas".

#Ateneo #SomosCultura #Libros #ClubDeLectura #Ferrol #Galiza

Ateneo Ferrolán
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)
@ateneoferrolan | Blogger | Facebook | Faite soci@ on line! | Colabora con nos!
Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
18 de abril de 2022 13:34

_______

venres, abril 08, 2022

Presentación do libro 'La hija del conserje' de Alberto V. Serantes - Hoxe venres día 8 de abril ás 7 da tarde no Ateneo Ferrolán - Coa participacións do autor e de Julia Graña Fuentes

Presentación do libro "La hija del conserje", de Alberto V. Serantes.
Venres día 8 de abril ás 19 h.
no Ateneo Ferrolán
 
Presentación na que contaremos coa presenza de Julia Graña Fuentes que presentará o acto e do autor Alberto V. Serantes.

#Ateneo #SomosCultura #Libros #ClubDeLectura #Ferrol #Galiza

Ateneo Ferrolán
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)
@ateneoferrolan | Blogger | Facebook | Faite soci@ on line! | Colabora con nos!

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
7 de abril de 2022 12:30

_______

venres, abril 01, 2022

Club de lectura do Ateneo Ferrolán - Conversas sobre a novela: 'Cuando estalló la noche. El enemigo no sospechaba', de Guillermo Llorca - Martes 5 de abril ás 5 da tarde - Coa participación do autor e da profesora e directora do club, Angeles Seoane

Club de Lectura: martes día 5 de abril ás 17:00 hs.

Conversas sobre a novela: "Cuando estalló la noche. El enemigo no sospechaba", coa participación do autor Guillermo Llorca e de Ángeles Seoane, profesora de Literatura e directora do Clube de Lectura do Ateneo.
 
Esta ficción literaria, inspirada en acontecementos reais, pode enmarcarse no xénero de thriller policiaco. Sitúase na II Guerra Mundial cando as tropas de Hitler acaban de ocupar Francia e esténdense de forma imparable por outros lugares do continente.

#Ateneo #SomosCultura #Libros #ClubDeLectura #Ferrol #Galiza

Ateneo Ferrolán
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)
@ateneoferrolan | Blogger | Facebook | Faite soci@ on line! | Colabora con nos!

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
31 de março de 2022 13:13

_______

martes, marzo 29, 2022

Martes de Cine 2022 no Ateneo Ferrolán: Ciclo 'Guerras' - Todos os martes ás 7 da tarde

Martes de Cine 2022 no Ateneo Ferrolán

Ciclo: "Guerras"

Marzo e Abril 2022

Todos os martes ás 7 da tarde, no salón de actos.

Martes 29 de marzo – "Memorias del General Escobar"

Ano 1984. Duración 101 min. País España. Director José Luis Madrid. Xénero: Drama.

Reparto: Antonio Ferrandis, Elisa Ramirez, Luis Prendes, José Antonio Ceinos, África Prat, Francisco Piquer, Pedro Valentín, Jesús Puente.

Sinopse: Encerrado no cárcere por permanecer fiel á República, o xeneral Antonio Escobar Huerta espera pacientemente a súa execución. Mentres tanto, entre os muros fríos da súa cela, toma unha decisión: empezar a escribir as súas memorias. Antonio Escobar Huerta foi un militar e membro da garda civil que defendeu á II República a pesar das súas profundas conviccións católicas. Por todo iso, foi xulgado por rebelión militar e foi fusilado no castelo de Montjuic, en Barcelona.

Martes 5 de abril – Audiovisuais libro "Cuando estalló la guerra" de Guillermo Llorca.

Martes 12 de abril – "La cuadrilla"

Ano 2001 Duración 93 min. País Reino Unido. Director Ken Loach. Xénero: Drama.

Reparto: Dean Andrews, Tom Craig, Joe Duttine, Steve Huison, Venn Tracey, Sean Glenn, Andy Swallow, Charlie Brown, Juliet Bates, John Aston, Graham Heptinstall, Angela Saville.

Sinopse: No sur de Yorkshire, cando a empresa ferroviaria British Rail é privatizada, os traballadores atópanse ante un dilema: acatar as novas normas da compañía ou aceptar o despedimento e pasar a engrosar as listas das axencias de traballo temporal.

Martes 19 de abril – "Los falsificadores"

Ano 2007. Duración 98 min. País Austria. Director Stefan Ruzowitzky. Xénero: Drama.

Reparto: Karl Markovics, August Diehl, Devid Striesow, Martin Brambach, August Zirner, Veit Stübner, Sebastian Urzendowsky, Andreas Schmidt.

Sinopse: Berlín, 1936. Sorowitsch, o rei dos falsificadores de moeda, é un xudeu sen escrúpulos que cre que "a maneira máis rápida de gañar diñeiro é fabricar diñeiro" e non lle preocupa en absoluto o que está a suceder ao seu ao redor, nin sequera a situación dos xudeus. Con todo, cando estala a guerra, é arrestado e levado a un campo de concentración nazi, onde se ve obrigado a traballar con outros falsificadores. A súa misión: fabricar libras esterlinas e dólares americanos. A cambio, as súas condicións de vida son mellores que as dos demais prisioneiros. Con todo, esta situación exponlles a algúns un grave dilema moral: cooperar cos seus verdugos equivale prolongar a guerra e facilitar a vitoria da Alemaña nazi.

Martes 26 de abril – "Buenas noches y buena suerte"

Ano 2005. Duración 98 min. País Estados Unidos. Director George Clooney. Xénero: Drama.

Reparto: David Strathairn, George Clooney, Robert Downey Jr., Jeff Daniels, Frank Langella, Patricia Clarkson, Tom McCarthy, Matt Ross, Tate Donovan, Ray Wise, Alex Borstein, Grant Heslov, Robert Knepper.

Sinopse: Ambientada en 1953, narra o enfrontamento real que, en defensa do xornalismo independente, mantiveron o famoso xornalista e presentador da CBS Edward R. Murrow (David Strathairn) e o seu produtor Fred Friendly (George Clooney) contra o poderoso senador anticomunista Joseph McCarthy, feito que determinou o final da "caza de bruxas".

#Ateneo #SomosCultura #Libros #ClubDeLectura #Ferrol #Galiza

Ateneo Ferrolán
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)
@ateneoferrolan | Blogger | Facebook | Faite soci@ on line! | Colabora con nos!

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
28 de março de 2022 13:18

_______

venres, marzo 18, 2022

Acto de recepción do patrimonio do Ateneo Ferrolán e conmemoración do aniversario da súa fundación - Xoves día 24 de marzo, ás 19:30 hs

Xoves día 24 de marzo de 2022 ás 19,30 h.

Recepción do patrimonio do Ateneo Ferrolán e conmemoración do aniversario da fundación do Ateneo na cidade de Ferrol (1879-2022).

Contaremos coa presenza do Alcalde de Ferrol Angel Mato que xunto co Presidente do Ateneo Xabier M. Dongil farán un percorrido polo edificio Ateneo Ferrolán.

Enlace: Breve historia do Ateneo na cidade de Ferrol.

A Xunta Directiva

#Ateneo #SomosCultura #Libros #ClubDeLectura #Ferrol #Galiza

Ateneo Ferrolán
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)
@ateneoferrolan | Blogger | Facebook | Faite soci@ on line! | Colabora con nos!

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
18 de março de 2022 12:28

_______

mércores, marzo 16, 2022

Presentación da novela 'Matarán a Reboiras' de Luís Rei este venres 18 de marzo ás 19,30 h, no Ateneo Ferrolán, coa participación de Xosé Lastra, Bernardo Máiz, Fran Alonso e o propio autor

No Ateneo Ferrolán

Presentación da novela "Matarán a Reboiras" de Luís Rei.
Venres día 18 de marzo ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán

Interveñen: Xosé Lastra, profesor. Bernardo Máiz, historiador. Fran Alonso director de XERAIS e o propio autor Luis Rei.

No verán de 1975, no Ferrol que tres anos atrás vivira tráxicas xornadas de insurrección obreira, Moncho Reboiras cae abatido logo dunha asañada persecución da policía franquista.

Décadas despois, un comité de emerxencia impulsa a loita contra unha agresión ecolóxica produto da arbitrariedade corrupta e a cobiza.

Xa a comezos do século actual, o reporteiro gráfico Nardo Negro documenta eses acontecementos desde os días vertixinosos do Nunca Máis e do Non á Guerra, nun dos momentos de maior manipulación política da Televisión de Galicia.
 
Ao tempo, Marabillas Párraga, unha singular monxa galeguista e de esquerdas, nárrao todo para nós con precisión e claridade.

En «Matarán a Reboiras», Luís Rei Núñez déixase guiar polos seus protagonistas e proponnos unha novela na que mandan as vidas e os tempos, sempre incertos.

#Ateneo #SomosCultura #Libros #ClubDeLectura #Ferrol #Galiza

Ateneo Ferrolán
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)
@ateneoferrolan | Blogger | Facebook | Faite soci@ on line! | Colabora con nos!

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
14 de março de 2022 20:22

_______