No Ateneo Ferrolán
Presentación da novela "Matarán a Reboiras" de Luís Rei.
Venres día 18 de marzo ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán
Interveñen: Xosé Lastra, profesor. Bernardo Máiz, historiador. Fran Alonso director de XERAIS e o propio autor Luis Rei.
No verán de 1975, no Ferrol que tres anos atrás vivira tráxicas xornadas de insurrección obreira, Moncho Reboiras cae abatido logo dunha asañada persecución da policía franquista.
Décadas despois, un comité de emerxencia impulsa a loita contra unha agresión ecolóxica produto da arbitrariedade corrupta e a cobiza.
Xa a comezos do século actual, o reporteiro gráfico Nardo Negro documenta eses acontecementos desde os días vertixinosos do Nunca Máis e do Non á Guerra, nun dos momentos de maior manipulación política da Televisión de Galicia.
Ao tempo, Marabillas Párraga, unha singular monxa galeguista e de esquerdas, nárrao todo para nós con precisión e claridade.
En «Matarán a Reboiras», Luís Rei Núñez déixase guiar polos seus protagonistas e proponnos unha novela na que mandan as vidas e os tempos, sempre incertos.
#Ateneo #SomosCultura #Libros #ClubDeLectura #Ferrol #Galiza
Ateneo Ferrolán
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.
e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)
@ateneoferrolan | Blogger | Facebook | Faite soci@ on line! | Colabora con nos!
Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
14 de março de 2022 20:22
_______
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Ateneo Ferrolán
Luís Rei Núñez
Presentación da novela 'Matarán a Reboiras' de Luís Rei este venres 18 de marzo ás 19,30 h, no Ateneo Ferrolán, coa participación de Xosé Lastra, Bernardo Máiz, Fran Alonso e o propio autor
mércores, marzo 16, 2022
Presentación da novela 'Matarán a Reboiras' de Luís Rei este venres 18 de marzo ás 19,30 h, no Ateneo Ferrolán, coa participación de Xosé Lastra, Bernardo Máiz, Fran Alonso e o propio autor
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan mércores, marzo 16, 2022
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon