mércores, marzo 16, 2022

Exposición a historia do deporte: 'Galiza un pobo, unha Selección, no Centro Cultural Carvalho Calero de Ferrol, do 17 de marzo ao 1 de abril - Acto inagural o acto que se celebrará este xoves, 17 de marzo, ás 7 da tarde, coa participación de Bruno Lopes Teixeiro e Teresa Carballido Salgado



Selección Galega

Exposición: "Galiza un pobo, unha Selección", no Centro Cultural Carvalho Calero de Ferrol, do 17 de marzo ao 1 de abril.

Organizada por Vía Galega.

O Centro Cultural Carvalho Calero acolle a exposición sobre a historia do deporte “Galiza: un pobo, unha selección”

A mostra está promovida pola Plataforma Vía Galega, que integra máis de 60 colectivos sociais, culturais e deportivos

A Plataforma Vía Galega abre en Ferrol a exposición “Galiza: un pobo, unha selección” cun acto que se celebrará este xoves, 17 de marzo, ás 19:00 horas no Centro Cultural Carvalho Calero. Na inauguración intervirán Bruno Lopes Teixeiro, da coordenadora de Vía Galega, e Teresa Carballido Salgado, da executiva comarcal da CIG, e distribuirase unha publicación entre as persoas asistentes ao evento.

Esta mostra enmárcase na campaña a favor das seleccións deportivas galegas coa que se pretende reclamar que Galiza como pobo teña o dereito a ter seleccións propias para competir profesionalmente e a nivel oficial en todos os deportes, tanto nas seleccións femininas como masculinas, e que os/as deportistas teñan garantido ese dereito. Tamén quere fortalecer a conciencia nacional mediante o deporte, potenciar os deportes populares, incidir na galeguización do deporte e impulsar a igualdade de xénero.

Ademais desta exposición que se exhibirá en 35 cidades e vilas galegas, a campaña complétase coa publicación dunha revista e dun xornal, cunha canción e cun vídeo que conta coa participación de diversos deportistas galegos de recoñecemento internacional.

En Ferrol, poderase visitar até o 1 de abril, de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, no Centro Cultural Carvalho Calero.

Ferrol, 16 de marzo de 2022

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
16 de março de 2022 17:18

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon