Amosando publicacións coa etiqueta Vía Galega. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Vía Galega. Amosar todas as publicacións

sábado, abril 23, 2022

A plataforma social polos dereitos nacionais da Galiza #ViaGalega convoca para este domingo ás 11:30hs unha manifestación en Compostela co lema #SomosUnhaNación.



Con este acto pretende “para crear máis conciencia nacional e reforzar a autoestima colectiva como País” ademais de lembrar a Revolución Galega de 1846

A Plataforma Vía Galega convoca a manifestación co lema “Somos unha nación” con saída o domingo 24 de abril ás 11:30 da alameda de Compostela cos obxectivos de crear máis conciencia nacional e de reforzar a autoestima colectiva como País.

Na rolda de prensa da presentación estiveron Anxo Louzao, portavoz de Vía Galega; e leron o manifesto Neves Rodríguez, comunicadora e actriz; Marta Dacosta, escritora e profesora; e Pablo Carracedo “Jasper”, músico, vocalista de Nao e profesor. Tamén asistiron en representación das máis de 60 entidades que conforman esta plataforma Paulo Carril, secretario xeral da CIG; Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística; Belén Rodríguez, da directiva de ADEGA; Manuel da Cal, coordenador xeral de FRUGA; Manuel Agra, de Erguer; Lucia Veciño, da Fundación Galiza Sempre; María Antonia Pérez, presidenta da A.C. O Galo; e os membros membros da Coordenadora de Vía Galega Rafael Iglesias, Adrián Bravo, Olaia Chaves e Antón Laxe.

Manifesto “Somos unha nación” (pdf, 1,92 MB)

Este mes de abril conmemóranse os 176 anos daquel abril de 1846, que Manuel María denominou “abril de lume e ferro” en que se sucederon numerosos levantamentos, pronunciamentos, proclamas e a creación da “Xunta Superior do Goberno de Galiza” que xa denunciaba que Galiza estaba “convertida nunha verdadeira colonia da corte”. Esta revolución de abril de 1846 rematou, desgraciadamente, o 26 de abril, co fusilamento en Carral, dos “Mártires da Liberdade”. “Estamos ante un fito histórico que estaba colocando os alicerces do nacionalismo soberano e emancipador de hoxe”, explicou Anxo Louzao.

"Por iso, desde Vía Galega, consciente da necesidade de lembrar e recoñecérmonos na nosa historia que durante cinco séculos se nos negou, ocultou ou manipulou, optamos por, como xa o fixemos o ano pasado, por convocar manifestación nacional baixo o lema: Somos unha nación”.

Ademais de lembrar e recoñecer esta efeméride da nosa historia, é motivación fundamental desta mobilización “esixir os nosos dereitos nacionais, como nación que somos”. “Non só temos todos os trazos que definen a unha nación, senón que temos a vontade de existir politicamente; somos unha nación disposta a responsabilizarnos do noso futuro como Pobo, sen subordinación nin dependencias, e pretendemos desterrar a falacia de que somos un País subsidiado”, explicou. “Mais, o que si somos é un País oprimido, explotado e negado; e por iso, esiximos exercer o dereito inalienábel que lle asiste as todas as nacións do mundo: o dereito á autodeterminación, o dereito a decidir por nós mesmos e mesmas”, engadiu o portavoz de Vía Galega, “porque é única maneira de garantir un futuro sen emigración, maior benestar social e traballo digno para todos e todas”.

A crise que Galiza vén arrastrando desde o 2008 neste momento faise insoportábel pola escandalosa escalada dos prezos, superando en moitos produtos básicos o 50%. “A inflación non só é maior en Galiza, senón que se manifesta con maior virulencia debido a que temos uns dos salarios máis baixos do Estado español e as segundas pensións máis reducidas, cuxa media non supera os 866 euros, ao tempo que padecemos un desmantelamento industrial crónico”, expuxo.

Como sabemos, Galiza exporta o 30% da electricidade que produce, porén, non temos nin tarifa eléctrica galega, nin ningunha empresa pública do sector, tendo que pagar a electricidade a prezos desorbitados, condenando ás clases populares á pobreza enerxética”, advertiu. O máis escandaloso é que mentres isto sucede, as eléctricas ingresaron o ano pasado 2.700 millóns de euros da enerxía producida en Galiza deixándonos exclusivamente os prexuízos ambientais e sociais.

Así, considera que “cómpre sublevarse contra esta inxustiza e denunciar como os gobernos do Estado e o galego actúan como meros xestores dos intereses da oligarquía e das grandes multinacionais, sen, nin sequera, atreverse a intervir os mercados para limitar os prezos dos produtos básicos e da enerxía”.

Precisamos romper a nosa dependencia colonial para rematar co espolio das nosas materias primas e recursos naturais, da enerxía que producimos e do aforro que xeramos”, indicou. “Necesitamos total soberanía para dotármonos dun sector enerxético e financeiro público e galego, que garanta unha electricidade con prezos populares e para que o noso aforro se converta en benestar social dos galegos e galegas e non continúe expatriándose e incrementando as contas de dividendos da oligarquía financeira”, sinalou. Urxe un modelo económico autocentrado e un sistema fiscal e de financiamento propio e soberano para desenvolver o noso tecido industrial e as nosas potencialidades. “Esiximos soberanía alimentar para relanzar o sector agropecuario, recuperar superficie agraria útil e impedir a eucalitización, mais tamén, porque queremos vivir no noso idioma e na nosa cultura”, subliñou Anxo Louzao.

Precisamos combater as agresións que recibimos e a galopante españolización que diariamente padecemos e, por iso, estamos empeñados en crear máis conciencia nacional e reforzar a autoestima colectiva”, indicou. “Temos a certeza que só con soberanía, exercendo como nación libre, Galiza terá futuro e construirá unha sociedade máis democrática, máis xusta e de maior igualdade social”, explicou.

Deste xeito, realizou un chamamento a participar o 24 de abril na manifestación que baixo o lema de “Somos unha nación” percorrerá as rúas de Compostela.

Santiago de Compostela, 6 abril de 2022.

Vía Galega

https://viagalega.gal/

#ViaGalega #SomosUnhaNacion

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
18 de abril de 2022 22:07

_______

mércores, marzo 16, 2022

Exposición a historia do deporte: 'Galiza un pobo, unha Selección, no Centro Cultural Carvalho Calero de Ferrol, do 17 de marzo ao 1 de abril - Acto inagural o acto que se celebrará este xoves, 17 de marzo, ás 7 da tarde, coa participación de Bruno Lopes Teixeiro e Teresa Carballido Salgado



Selección Galega

Exposición: "Galiza un pobo, unha Selección", no Centro Cultural Carvalho Calero de Ferrol, do 17 de marzo ao 1 de abril.

Organizada por Vía Galega.

O Centro Cultural Carvalho Calero acolle a exposición sobre a historia do deporte “Galiza: un pobo, unha selección”

A mostra está promovida pola Plataforma Vía Galega, que integra máis de 60 colectivos sociais, culturais e deportivos

A Plataforma Vía Galega abre en Ferrol a exposición “Galiza: un pobo, unha selección” cun acto que se celebrará este xoves, 17 de marzo, ás 19:00 horas no Centro Cultural Carvalho Calero. Na inauguración intervirán Bruno Lopes Teixeiro, da coordenadora de Vía Galega, e Teresa Carballido Salgado, da executiva comarcal da CIG, e distribuirase unha publicación entre as persoas asistentes ao evento.

Esta mostra enmárcase na campaña a favor das seleccións deportivas galegas coa que se pretende reclamar que Galiza como pobo teña o dereito a ter seleccións propias para competir profesionalmente e a nivel oficial en todos os deportes, tanto nas seleccións femininas como masculinas, e que os/as deportistas teñan garantido ese dereito. Tamén quere fortalecer a conciencia nacional mediante o deporte, potenciar os deportes populares, incidir na galeguización do deporte e impulsar a igualdade de xénero.

Ademais desta exposición que se exhibirá en 35 cidades e vilas galegas, a campaña complétase coa publicación dunha revista e dun xornal, cunha canción e cun vídeo que conta coa participación de diversos deportistas galegos de recoñecemento internacional.

En Ferrol, poderase visitar até o 1 de abril, de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, no Centro Cultural Carvalho Calero.

Ferrol, 16 de marzo de 2022

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
16 de março de 2022 17:18

_______

martes, decembro 28, 2021

Documentario: Galiza, un pobo, unha selección - Referentes do deporte galego reclaman o dereito de Galiza a competir coas súas seleccións - Vídeo


Referentes do deporte galego reclaman o dereito de Galiza a competir coas súas seleccións

Vía Galega, dentro da campaña que baixo o lema “Galiza, un Pobo, unha selección” está levando a cabo por toda Galiza, ven de realizar un documental de duración de 11’ 31’’coa participación de 13 persoas relevantes e representativas do deporte galego. Verten a súa opinión sobre o dereito, o interese e a necesidade de poder competir representando a Galiza oficialmente e internacionalmente en todas as disciplinas deportivas. Declaran que sería a unha oportunidade moito maior para as nosas e os nosos deportistas poderen participar en competicións internacionais. Manifestan o dereito a poder escoitar o himno galego no podio, amais de ser emotivo e emocionante. Sinalan como Galiza no deporte é unha verdadeira potencia e referente en distintos deportes a nivel mundial. E subliñan a importancia que ten o deporte na loita pola igualdade de xénero.


Participaron neste documental:
  • Fernando Vázquez. Adestrador da selección galega de fútbol.
  • Caetano Horta. Diploma olímpico en remo nos Xogos Olímpicos de Tokio.
  • Xulia Vaquero. Plusmarquista dos 5000 mts. Subcampioa europea de cros.
  • Gustavo César Veloso. Ciclista. Gañador de da volta Portugal.
  • Eva Castro. Podio europeo e campioa estatal de ciclismo de montaña.
  • Luís Penín Alpinista. Premio estatal de escalada en xeoque coronou cumios por todo o mundo.
  • Alba Cuba. Subcampioa Estatal de tríatlon.
  • Alexandre ‘Jano’ Sanmartín. Seleccionador nacional de fútbol gaélico.
  • Mercé Barrientos. Taekwondo: Expresidenta da Federación Galega.
  • Xan Rodiño. Presidente da A.C.D de Billarda das Rias Baixas.
  • Xurxo Souto. Impulsor das seleccións e de Sareirxs Galegxs.
  • Manuel Polo. Adestrador de atletismo.
  • Cristina López Villar. Profesora da facultade de Ciencias do Deporte da UDC.

Youtube | Twitter |

Canle de Vía Galega.

Web Vía Galega-

https://viagalega.gal/

Contacto:
coordenadora@viagalega.gal
_______

xoves, abril 08, 2021

- A Plataforma Vía Galega, que integra máis de 65 asociacións culturais e sociais, convoca unha manifestación nacional para o domingo 18 de abril en Santiago de Compostela co lema: 'Galiza nación, un pobo con dereitos' - Persoas referentes da sociedade galega como Manolo Rivas, Isabel Risco, Suso de Toro, Olaia Maneiro, Xurxo Souto, Pilar García Negro, Francisco Rodríguez, Neves Rodríguez, Antón Ruanova e Pilar Pallarés, que explicaron a súa percepción da condición nacional de Galiza - Vídeo


Vía Galega chama a participar na manifestación do 18 de abril en Compostela co lema: "Galiza nación, un pobo con dereitos"

Esta plataforma agrupa 65 asociacións culturais e sociais que defenden esixir o dereito á autodeterminación para construír unha sociedade galega con plena democracia, liberdade e igualdade


A Plataforma Vía Galega, que integra máis de 65 asociacións culturais e sociais, convoca unha manifestación nacional para o domingo 18 de abril en Santiago de Compostela co lema  “Galiza nación, un pobo con dereitos”.

O portavoz desta plataforma, Anxo Louzao, realizou un chamamento a participar nesta manifestación “para esixir o dereito á autodeterminación, a exercer o dereito a decidir, para construír unha sociedade galega con plena democracia, liberdade e igualdade e  benestar social”. A mobilización partirá o domingo 18 de abril ás 11.30 da Alameda de Compostela e rematará na Praza da Quintana, cun acto final conducido pola actriz Isabel Risco, coa intervención de María Xosé Bravo, da portavocía de Vía Galega, e a lectura dun manifesto por parte do escritor Suso de Toro e da actriz Neves Rodríguez.

Anxo Louzao insistiu, en rolda de prensa, na necesidade de facer fronte “á cada vez maior centralización política, como se comprobou coas actuacións relacionadas coa pandemia, e a combater o neoliberalismo e a españolización galopante á que esta entregado o Goberno de Feixoo, procurando destruír a nosa identidade, lingua e cultura e anularnos como pobo”.

Malia as limitacións e inconvenientes derivadas da pandemia, Vía Galega organizou ao abeiro desta campaña coloquios en 25 vilas e cidades sobre a condición nacional de Galiza e os seus dereitos como pobo, ademais de editar e distribuír milleiros de folletos explicativos e de cartaces.

A campaña tamén contou coa elaboración dun vídeo que define as características que conforman a nación galega e que fai un percorrido histórico e reivindicativo. Neste punto, agradeceu e destacou a participación de persoas referentes da sociedade galega como Manolo Rivas, Isabel Risco, Suso de Toro, Olaia Maneiro, Xurxo Souto, Pilar García Negro, Francisco Rodríguez, Neves Rodríguez, Antón Ruanova e Pilar Pallarés, que explicaron a súa percepción da condición nacional de Galiza.

Esta manifestación é a culminación da campaña que durante os últimos meses desenvolveu Vía Galega por todo o país para divulgar as características que conforman a nación galega e os dereitos que lle asisten como tal. Outro dos obxectivos foi “procurar  que  sexa máis pobo o que asuma conscientemente a realidade obxectiva de que Galiza é unha nación, con vontade colectiva de existir”, xunto con “apuntalar e estender a conciencia nacional, desterrando a mentira e o engano de que Galiza é un pais subsidiado”.

Acrecentar a autoestima como pobo e mostrar a necesidade de termos soberanía política, poder político pleno,  para rematar coas agresión se inxustizas  que  sufrimos como país  e construírmos por nós mesmos unha Galiza libre e con futuro”, foron outros dos fins marcados nesta campaña que conclúe o 18 de abril con este acto.

Como é obvio, neste acto cumpriranse todas as medidas e normas de seguridade impostas como consecuencia da COVID-19, “de aí que solicitamos dos e das manifestantes que eviten portar faixas, aínda que poden levar bandeiras e cartaces individuais”, explicou Anxo Louzao.

Santiago de Compostela, a 7 de abril, de 2021


Canle de Vía Galega.

Fonte: Vía Galega.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com
8 de abril de 2021 10:45

_______

martes, novembro 03, 2020

Comeza a campaña 'Galiza nación: Un pobo con dereitos' para crear conciencia colectiva como país - Persoas destacadas dos sectores literario, artístico, musical e deportivo súmanse a explicar a condición nacional de Galiza


Persoas destacadas dos sectores literario, artístico, musical e deportivo súmanse a explicar a condición nacional de Galiza

A Plataforma Vía Galega, que integra máis de 60 asociacións, pon en marcha a campaña “Galiza nación. Un pobo con dereitos” co obxectivo de que se asuma “con naturalidade e consciencia a realidade obxectiva de que  Galiza é unha nación”, segundo explicou o portavoz Anxo Louzao.

Galiza é unha nación con vontade de existir e de exercer como tal, como se recoñeceu oficialmente en 1933 no IX Congreso de Nacionalidades Europeas, adscrito á Sociedade de Nacións”, sinalou Louzao, “e como nación que somos asístenos o dereito a decidir e a exercer o dereito de autodeterminación”.

Na rolda de prensa de presentación, ademais de Anxo Louzao, participaron Lucía Veciño e Artai Gavilanes que destacaron que xa están previstos actos, conferencias, debates e palestras na maioría das comarcas do País. “Xa temos proxectados actos en Compostela, Arzúa, na Barbanza, na Coruña, Bergantiños, Ferrol, Lugo, na Mariña, Ourense, Pontevedra, no Salnés, na Estrada, Lalín, Vigo, no Morrazo e no Baixo Miño”, indicaron. Esta campaña estenderase até o 18 de abril, cando se convocará unha manifestación nacional en Compostela.

Ademais, editáronse 15.000 folletos explicativos da condición nacional de Galiza e da súa vontade de existir e ser libre e 2.000 cartaces. A iso súmase a realización dun vídeo que define os trazos que conforman a nación galega e un percorrido histórico-reivindicativo de Galiza e a gravación de 10 vídeos onde persoas referentes da sociedade galega dan a súas razóns  de  por que  Galiza é unha nación. Entre elas, figuran Manolo Rivas, Isabel Risco, Suso de Toro, Olaia Maneiro, Xurxo Souto, Pilar García Negro, Francisco Rodríguez, Neves Rodríguez, Antón Ruanova e Pilar Pallarés.

Fomentar a estima colectiva

Con esta campaña, desde Vía Galega, pretendemos combater as mentiras da Galiza subsidiada, abeirar os complexos, desfacer prexuízos e fomentar a estima colectiva para que cada vez sexa máis pobo o que acredite e tome conciencia de que a nación galega existe e ten futuro”, destacou Anxo Louzao.

Deste xeito, insistiu en que cómpre crear máis sensibilización e conciencia nacional “para contrarrestar a galopante españolización, os permanentes ataques perpetrados contra o noso ser colectivo, a  nosa cultura e a lingua nacional”. “A negación dos nosos dereitos colectivos como pobo leva aparellada a limitación dos dereitos individuais e unha baixa calidade democrática, xa que non hai cidadáns e cidadás libres en nacións oprimidas; de aí a necesidade dun status político soberano para Galiza para exercitármonos todos os dereitos como pobo”, concluíu.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2020

https://viagalega.gal/

Para contactares, cubre este formulario ou escribe directamente a coordenadora@viagalega.gal

Enviado por:
Inacio
-inaciogz@gmail.com-
3 de novembro de 2020 18:10

_______

sábado, decembro 07, 2019

Dentro da campaña 'Non Emigramos. Expúlsannos', Vía Galega convoca 46 concentracións simultáneas en diversos concellos galegos para denunciar a situación de emigración forzada á que se ven sometidas millares de persoas cada ano no noso país - Nas nosas comarcas as concentración desenvolveran-se diante das casas dos concellos de As Pontes, Cedeira, Fene, Narón, Pontedeume e San Sadurniño, e en Ferrol diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na Praza Amada Garcia


Dentro da campaña «Non Emigramos. Expúlsannos», o sábado 14, ás 12 do mediodía, Vía Galega convoca 46 concentracións simultáneas diante das casas dos concellos de diversos municipios galegos para denunciar a situación de emigración forzada á que se ven sometidas millares de persoas cada ano no noso país. Nas nosas comarcas as concentración desenvolveran-se dinate das casas dos concellos de As Pontes, Cedeira, Fene, Narón, Pontedeume e San Sadurniño, e en Ferrol diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia (na Praza Amada Garcia).

Desde Vía Galega, entendemos a emigración como o síntoma principal dunha economía subalterna, que non aproveita as verdadeiras potencialidades de Galiza, e que se limita, na práctica, a fornecer materias primas en lugar de terminar os ciclos produtivos no país. E somos conscientes de que esta orientación non é casual, senón produto da falta de soberanía política, da dependencia das relacións económicas a respecto de Madrid e da falta de interese dos diferentes gobernos autonómicos en promover unha economía autocentrada.

Fronte a isto e seguindo coa campaña «Non Emigramos. Expúlsannos», que nestes días está a tramitar mocións ao respecto na maioría de concellos galegos, estas concentracións son un chamado á acción dos poderes públicos para que recoñezan a emigración galega actual como unha emerxencia nacional e activen, dunha vez, os mecanismos para remediar esta lacra.

@ViaGalega

https://viagalega.gal/

__________________
  

venres, novembro 16, 2018

Conmemoración Centenario Asemblea Nacionalista de Lugo - Domingo, 18 de novembro de 2018, no IES Lucus Augusti (Av. Rodríguez Mourelo, s/n, Lugo), onde aprobaremos a ‘Carta de Dereitos do Pobo Galego’


Conmemoración Centenario Asemblea Nacionalista de Lugo


Entre o 17 e o 18 de novembro de 1918 as Irmandades da Fala desenvolvían, no Teatro Lugo-Salón, a I Asemblea Nacionalista Galega. Neste encontro explicitaron os asistentes, e todas as agrupacións locais das Irmandades representadas, que o seu compromiso político facía que se denominaran “nacionalistas” galegos, apuntando:

Tendo a Galicia todal-as caracteristicas esenciaes de nazonalidade, nós, nomeámonos, d-oxe pra sempre, nazonalistas galegos, xa que a verba rexionalismo non recolle todal-as aspiraciós nin encerra toda a intensidade dos nosos problemas”.

Para conmemorar o centenario daquel feito, central na reivindicación da Galiza como suxeito político e a reclamación da súa soberanía, Vía Galega, plataforma social en defensa dos direitos nacionais da Galiza, desenvolverá un completo programa de actos na cidade de Lugo.

Diante desta conmemoración, gostaríamos contar coa túa presenza de cara a participar dunha Asemblea/Encontro Nacional, o domingo 18 de novembro no IES Lucus Augusti (Av. Rodríguez Mourelo, s/n, Lugo), onde aprobaremos a ‘Carta de Dereitos do Pobo Galego’, así como no acto que desenvolveremos a seguir no paseo superior da Muralla de Lugo, con lectura de textos de activistas das Irmandades da Fala, acompañada de música e finalizando co canto do noso hino nacional.

Domingo, 18 de novembro

Programa Asemblea/Encontro Nacional

10.45h Benvida ás/aos asistentes (IES Lucus Augusti – Av. Rodríguez Mourelo, s/n, Lugo).

11-12.45h Intervencións e Lectura da ‘Carta de Dereitos do Pobo Galego’ (acto amenizado con intervencións musicais).

13h Oferenda floral no Hotel Méndez Núñez (Rúa da Raíña, 1).

13.15h Lectura de textos e acto reivindicativo na Muralla de Lugo.

14h Peche do acto coa interpretación e canto do hino nacional.

Máis info sobre Vía galega na súa web:

http://viagalega.gal/

---
Detalle do Manifesto da ‘Asambleia Nazonalista de Lugo’


__________________